Para deixar de batuxar como peixes agonizantes na crise que nos abafa, o Estado ten que adoptar as seguintes actuacións:
A estructura das Administración teñen que recortar gastos, e suprimir, ou cando menos reducir o déficit público. Ao igual que as familias, debemos gastar menos, e aforrar no supérfluo. As familias ben rexidas non deixan de comer carne, deixan o Canal Plus, e córtanse á hora de botar máis roupa da estrictamente necesaria. Nos non debemos retisiar na educación nin na sanidade, pero si nas grandes infraestructuras mal pensadas, no peso da Administración, que ten que abaixar, concentrando administracións, e pensando a necesariedade das distintas administracións.
As actividades que se podan proporcionar pola empresa privada non deben ser obxecto de intervención pública, coa excepción da sanidade e da ensinanza.
O actual sistema de pensións consiste en que a xeración que traballa pagas as pensións da xeración pasiva. Tal sistema é insostible. Débese tender a un sistema de capitalización, de xeito tal que as pensións que percibamos no futuro sexan producto das aportacións realizadas ao longo da nosa vida laboral.
A mal chamada acción social das caixas de aforro non deixa de ser unha chantaxe a esas entidades financieras por parte dos partidos políticos para que os sigan financiando. Débese suprimir a influencia dos políticos nas Caixas e nos Bancos, que deben estar presididos pola busca de beneficios.
A negociación colectiva débese descentralizar priorizando ás empresas pero compre máis incentivar a movilidade empresarial, e poñer en relación o pago aos traballadores co retorno que éstes causas ás empresas. Tamén a empresa debe incluir a indemnización por causas económicas como un pago obrigatorio aos traballadores, capitalizado nunha entidade externa á propia empresa, a cambio dun despedimento libre, no que non estaría incluido o despedimento por causas discriminatorias.
Reducir as restriccións aos horarios comerciais. Cada empresa, grande ou pequena, debe deseñar a súa estratexia a fin de loitar nas circunstancias actuais contra da crise. Establecer un horario determinado do comercio, fai que moitas enerxías se perdan e non se aproveiten para medrar.
Os empresarios non teñen empacho algún en pagarlle a un traballador o salario que sexa, sempre e cando, o retorno que lle produza ese traballador sexa maior. Si considera que o retorno baixa, tenderá a despedir aos traballadores e aumentar o desemprego, se considera que o retorno sube, tenderá a contratar a traballadores a fin de aumentar os seus beneficios.
Tamén teñen medo á existencia de custes ocultos, formados por custes que teñen que soportar no caso de contratación de un traballador e que non están previstos na contratación inicial , senon que son productos de continxencias posteriores como despidos, ou baixas médicas. Unha estratexia intelixente para combater ese medo é a supresión de eses custes ocultos, anque sexa co prezo de incrementar os custes aparentes. Si un empresario chega a conclusión de que co custe de 3.000 euros ao mes pode contratar a un traballador que lle vai a proporcionar un retorno superior, sempre o contratará. Si chega á conclusión de que co custe de 600 euros ao mes (que con custes ocultos pode ser ou non superior) non se lle garante un retorno superior, non o contratará, e despedirá a quén non lle proporcione ese retorno.
En fin, hai que seguir dándolle voltas, a ver que pensamos...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario