miércoles, 27 de julio de 2011

CURSO DE ESPERANTO PARA GALEGOS - INTRODUCCIÓN

O Esperanto é o latín da democracia.


Esperanto é un instrumento de comunicación útil para persoas de linguas diferentes.
O mundo está se tornando mais e mais internacional. Persoas, diñeiro e bens se tornan mais e mais libres. Entretanto, como as persoas falan linguas diferentes e que non son doadas de aprender, os pensamentos non poden ser totalmente libres. O esperanto é unha solución que crea unha ponte sobre as barreiras lingüísticas. Quen aprende esperanto, ao mesmo tempo dí: "Eu estou aberto ao mundo."

Non se sabe con certeza canta xente coñece e é quén de falar en Esperanto. Somos dabondo para poderse sentir a "gusto" dentro dunha comunidade internacional real. Infelizmente non hai un xeito de saber cantos son quén de falar esperanto, do mesmo xeito que non dá para saber cantos entenden o latín ou, fora da China, o chinés. O número aparentemente situase entre os 250 mil e 10 millóns. Sexa como queira, os esperantófonos son suficientes e suficientemente espallados sobre noso planeta para dar consistencia a unha crecente cultura internacional.

 

Unha cuestión que se plantexa é si é posíbel ter unha lingua viva sen un pobo e sen un territorio nacional.

O que non é posíbel é unha lingua viva sen unha comunidade de persoas que a usan, aman e a coidan, mais esa comunidade pode ser algo diferente do que un pobo e encontrarse espallada polo globo terrestre. O latín da Idade Media era unha lingua viva sen un pobo: profesores de Cambridge, Köln e Praga instruían en latín en París, e todos atopaban iso normal. A comunidade de usuarios do esperanto de algún xeito é similar a un pobo, no que participan persoas de todos os pobos que conservan súa propia identidade pero lle adicionan a ela unha nova identidade, a "de humanidade". Poderíase dicir que o esperanto ten un "pobo" que é potencialmente o pobo de todo o planeta.

Pero asomade o esperanto é unha especie de instrumento de defensa do dereito de existir de todas as linguas.

Unha das grandes vantaxes do esperanto é que  non é unha lingua nacional, senón unha lingua que persoas de linguas diferentes usan para trocar opinións ou pensamentos, ou para expresar os seus sentimentos. O Esperanto non concorre no mesmo plano coas linguas naturais ou locais dos distintos grupos humanos, senón que, pola contra contribúe para evitar a opresión lingüística que ocorre de varias maneiras no mundo.

Alén diso, a posibilidade de ter contactos persoais directos con persoas de outras culturas probabelmente é o modo mais eficiente de enriquecerse a través da diversidade humana e cultural que nos rodea. Tais experiencias frecuentemente engrandecen a vontade de saber e o interese sobre outras linguas e culturas.

Acúsasenos aos esperantistas de ser utópicos e ilusos, e teñen razón, pero eu quero lembrar que utópicos e ilusos, e audaces foron Rosalía, Curros e Castelao, que se atreveron a escribir nunha lingua de labregos; utópicos e ilusos foron as sufraxistas inglesas de comezos do século vinte; utópicos e ilusos foron nos anos 40 e 50 os diversos movementos de liberación nacional. Tamén foron utópicos e ilusos os que propuxeron a adopción do sistema métrico decimal, ou a harmonización dos calendarios para contar o tempo en Europa.

Hoxe o esperanto é moito mais que unha utopía. É unha proposta efectiva, resultado de 120 anos de uso en todos os continentes e en todas as circunstancias da vida. Os problemas de comunicación lingüística que hoxe experimentamos en circunstancias internacionais precisan dunha solución. Podemos pensar que o que sempre foi un problema, sempre o será, pero eso é unha trampa que nos pon os que están de acordo co status quo, ante sexa inxusto. A pesar do pesimismo, o ser humano ten resolto moitísimos problemas, e algún día resolverá tamén problema da comunicación humana directa.

Pero tamén hoxe o Esperanto é un instrumento poderoso. Comunidades esperantistas hai en todos os países, e son xente moi diversa pero todos unidos por un sentimento de cultura e benevolencia internacionalista. Os esperantistas usan un instrumento extremadamente doado de aprender para comunicarse coa comunidade mundial, intercambiando correspondencia, e viaxando

Tamén se lle bota en cara ao Esperanto que é unha lingua artificial, e por iso non natural. Pois claro que si, como todas, dado que todas son producto da creatividade humana. Pero a estructura básica do Esperanto se formou pola selección e o refinamento de trazos que a evolución fixo aparecer nas varias linguas "naturais". Consecuentemente, o esperanto aparenta ser totalmente natural para o falante da lingua. Esa impresión de naturalidade debese tamén ao feito de que o esperanto respeita, mais do que a maioría das linguas, a tedencia natural do cerebro humano de xeralizar os conceptos para toda a lingua. En moitas linguas hai unha verba especial para o concepto de "mais bo" que en galego é ‘mellor’ Pero os nenos, usan en principio a expresión "mais bo", pois eles notan a palabra "mais" en "mais novo", "mais bonita", "mais forte" etc. e a xeralizan tamén para a idea de "bo". É necesario a corrección feita polos pais e mestres, para que deixen de usar ‘máis bo’ por ‘mellor’. Do mesmo xeito ocorre con todas as irregularidades. Dificultades dese tipo non existen en Esperanto dado que é unha lingua absolutamente regular.

O Esperanto é unha lingua extremadamente dúctil. O simple feito de que existen boas traduccións para o Esperanto de Monadoloxía de Leibniz, dos Sonetos de Shakespeare, dos libros de Tintín de Hergé, de O Señor dos Aneis de Tolkien, de Pedra Faminta de Tagore, de O Diario dun Tolo de Lu Xun, da Biblia, do Corán, das obras de Confucio dan proba da validez do Esperanto para a construcción literaria.

 

Do galego temos en Esperanto, Retrincos de Castelao. A verba RETRINCOS, sabemos os galegos o qué siñifica pero cústanos explicarllo a un amigo que non coñeza o galego. Da a idea de frangullas, anacos ou migallas, en realidade Castelao fai pequenos retratos da vida. En Esperanto traduciuse como VIVEROJ (pronunciase viveroi).

 

VIV- é a raíz de vida, con esta raíz, formase o substantivo engadíndolle –o, VIVO siñifica vida; formase o verbo engadíndolle –i, VIVI, siñifica vivir; engadíndolle o –e formase o advervio, VIVE siñifica vivamente, ou con viveza, engadíndolle o –u formase o imperativo, VIVU, siñifica vive!, e por ultimo, engadíndolle o –a, formase o adxectivo, VIVA siñifica vital, ou calidade dos vivos

 

A partícula –er- da idea de anaco. E a terminación –j (que se pronuncia como unha ‘i’) e a terminación plural. Por tanto, VIVEROJ, está formado por VIV-ER-O-J, e siñifica anaquiños de vida, que penso que é a traducción máis fiel aos RETRINCOS de Castelao.

 

O latín serviu no seu tempo de vehículo ao pensamento universal en todo o Occidente. Os homes de ciencia e os filósofos de entón se intercomunicaban por medio de el con relativa facilidade. Para os demais membros de aqueles pobos –na súa meirande parte analfabeta- separados por distancias que se medían en meses, a necesidade dunha lingua común non existía e vivían perfectamente sen esta preocupación, separados por máis de 3.000 linguas e dialectos.

Eu cheguei ao Esperanto dende o Galego. Castelao dicía en “Sempre en Galiza” de que os que buscan a Lingua Universal non se decatan de que as bestas están nese estadio. Pero o Esperanto nunca pretendeu ser unha Lingua Universal, senón unha Lingua Internacional (de feito, o seu nome é INTERLINGVO). Mesmo Castelao en “Sempre en Galiza”, anque desbota a posibilidade dunha Lingua Universal, si considera un ben ao que debe aspirar toda a humanidade o da Lingua Internacional, que serva de vehículo de comunicación entre distintos pobos e culturas e que sexa compatible con todas as linguas nacionais. Na páxina 246 podemos ler “... podemos aspirar a que exista unha lingua internacional, coa que poidamos andar polo mundo e entendernos coa xente de todos os pobos... lingua auxiliar, deprendida como asignatura. Os homes aspiramos a este ben por lei natural, da mesma maneira que non renunciamos á variedade de idiomas... o obstáculo para chegarmos ao establecemento dunha lingua internacional está producido pola ambición das catro ou cinco linguas que puxan para chegaren á hexemonía cultural do mundo...”

Defender o galego, e defendelo da deturpación que supoñía a súa contaminación co español, parecíame e paréceme prioritario. En galego penso, en galego oía os contos do meu avó, e en galego río. Tamén o podo facer en castelán, e de feito, escribo e argumento tamén en castelán, pero non deixa de ser, como os traxes do Corte Inglés, algo alleo, levemente alleo. O meu xeito persoal de ser no mundo é ser galego, pensar e vivir como galego.

Cando estudaba en Ourense, nos salesianos, falando en castelán, bastantes veces tiven que aturar a curas mesetarios, que se burlaban do meu acento, ou da miña imposibilidade de distinguir o son da ‘gué’, do son da ‘jota castellana’, ou das dificultades que tiña a miña nai, cando ía a recibir as queixas que a miña mala cabeza lle daba, e tiña que aturar a suficiencia e desprezo que algúns de aqueles curas manifestaban polo seu acento, e polas súas dificultades co castelán. O descubrimento da literatura galega, da cultura galega, (e despois da literatura e cultura en portugués) foi unha liberación: Nin eu nin a miña nai éramos os incultos, xa que falábamos na nosa lingua perfectamente, e aínda nos defendíamos en outra allea, (de feito, xa éramos Bilingües), os incultos eran eles, que so falaban no seu, e desprezaban e aldraxaban canto ignoraban.

Hoxe vivimos nun mundo en que a técnica reduciu enormemente as distancias. O mundo de tres anos de Magalhaes reduciuse a un mundo dunhos poucos días para os avións comerciais, e a radio anulou, practicamente, todas as distancias no noso planeta. O absurdo é que neste mundo así reducido e no que os seus habitantes están en constante comunicación, os pobos seguen divididos nos seus 3.000 linguas e dialectos. O latín ten sido reemprazado polo traductor. Radio, cine, libros, xornais, conferencias internacionais, todo o que traspase as fronteiras lingüísticas, é dominio do traductor.

Pero a traducción non é o remedio senón un paliativo deficiente, antieconómico e lento. E esto non resolve a comunicación persoal, de persoa a persoa. Aínda nos congresos intencionais, os seus participantes teñen relacións persoais de xordomudos.

O inglés pretende ser o novo latín, a nova lingua franca, pero non pode ser, ao meu modo de ver, por varias razóns:

a) as linguas nacionais, debido as súas caprichosas irregularidades, son difíciles de aprender e de empregar con mediana corrección; todos temos a propia experiencia e a dos estudantes que coñecemos no inglés, anos e anos de estudio e formación da lingua inglesa para un dominio realmente cativo da mesma, ou para un uso moitas veces limitado ao noso persoal eido profesional (internet, ou comunicación moi limitada en viaxes).
b) crearía un privilexio inadmisible para a nación cuxa lingua se adoptara; o que vemos que de feito se produce respecto aos Estados Unidos ou o Reino Unido, e a un nivel inferior, respecto a España, e o español, e as linguas indíxenas en América Latina ou mesmo o portugués, e en Europa, respecto ao galego, o catalán ou o basco.
c) todo imperialismo lingüístico comporta inevitablemente un imperialismo cultural; o dominio dun tipo de cultura sobre os demais, como ben sabemos na Galiza.

Aínda así, paga a pena estudar inglés dado que é o único camiño de acceder a unha cultura enorme, dado que a traducción é un remedio paliativo e cativo de acceder a esa cultura, pero o que non se pode admitir é pensar que a xente polo común, accederá a un nivel de inglés que lle poida servir de lingua de cultura e comunicación. O inglés, (como o francés, como o alemán, como o ruso) a o nivel que se esixe nos Plans de Estudio de Ensino Medio non é accesible con menos de 1.135 horas de estudo, e outros idiomas como o chinés, non é accesible si non se ten os ouvidos educados nas variacións tonais que son o cerne de esa lingua.

Tamén cando se di que o inglés é unha lingua verdadeiramente internacional, estase, ao meu modo de ver, afirmando un MITO e non unha realidade. Propoño tres puntos para reflexionar:

A) Ningunha das moitas organizacións multinacionais ou multigobernamentais (como son a ONU, a Unión Europea e a Interpol) usa apenas o inglés, e o mesmo é válido para a maioría das ONGs internacionais. O feito é que tanto a ONU como a Unión Europea foran obrigadas a aumentar o número de linguas oficiais varias veces, e auxiliarse a través de traductores.
B) A opinión de que se pode utilizar o inglés en todo lugar do mundo é unha ilusión irreal. Unha visita à América do Sul, rexións na África onde se fala, entre outras linguas, o francés, Rusia, China, Xapón, etc., mostra claramente que tratase de unha ilusión no caso de que se tente comunicar con persoas fora dos grandes hoteis, compañías aéreas e afíns. Mesmo na Europa frecuentemente non é posíbel usar o inglés e, cando é posíbel, a gama de temas que poden ser tratados é xeralmente limitada.
C) Moitos xaponeses e chineses estudan o inglés durante 10 anos na escola, entretanto a maioría dos ex-alumnos non son quén de falalo. E moi poucos europeos, despois de estudar por moitos anos o inglés, poden atinxir a mesma capacidade dun que fala inglés desde o berce. O esperanto pode, despois dun período de estudos e práctica relativamente curto, tornarse unha lingua que se pode sentir case como propia.

A miña propia experiencia persoal: Estudei máis de 10 anos o francés, e só me vale para leer con dificultades un periódico, pero non para comunicarme en francés. Pola contra, fixen un curso de 40 horas de esperanto, e, con esa bagaxe, e o interés que mantiven ao longo dos anos, son quén de comunicarme por Internet con xaponeses, e chineses, a través de esperantistas de eses países. Tal tipo de comunicación  non é doado que se poida dar a través do inglés ou o francés.

Nun paragrafo anterior indiquei o número de horas que esixe o inglés para acadar o nivel esixido nos Plans de Ensino medio en 1.135 horas.

Tal número derívase dun experimento rematado en 1974 feito polo profesor Helmar Frank director do Instituto de Pedagoxía Cibernética da Universidade de Paderborn/Berlín. Nel cifraba en 1.135 horas as necesarias para acadar o nivel esixido en inglés nos Planes de Ensino Medio, para o Francés establecía 1.256, para o alemán, o de 1.293, para o holandés 1.472, para o Danés 1.521 e para o Irlandés 1.996.

Os Planes de Ensino Medio en España establecían 900 horas totais contando o que era a EXB, BUP e COU.

Para acadar o mesmo nivel en Esperanto abondaban 167 horas, o que se traducía que si o Esperanto se estudiaba durante un curso, se acababa o mesmo nivel que se acadaba en inglés estudiando 7 ou 8 cursos.

Tal profesor realizou un segundo experimento, que finalizou en 1982. Consistiu en facer dous grupos aleatorios de 602 rapaces e rapazas alemáns e un número menor de franceses, italianos, húngaros e iugoslavos. Un dos grupo estudiou só inglés durante 6 anos, e aproximadamente, e o outro grupo, repartíu o mesmo tempo, estudiando primeiro Esperanto e logo Inglés. Ao fin dos 6 cursos fíxose unha única proba de evaluación de coñecementos do inglés, e como promedio, por cada 100 erros do primeiro grupo, o segundo cometía só 60 erros.

O esperanto é unha es una lingua ideada para facilitar a comunicación igualitaria entre persoas de diferentes culturas, iniciada por L. L. Zamenhof en 1887.

É un idioma vivo, dinámico e eficaz, que foi oficialmente recoñecido e apoiado pola UNESCO. Non pertence a ningún país, sino a todas as persoas que o falan no mundo enteiro, sendo por tanto realmente internacional e neutral. Pola súa estructura regular, lóxica e flexible es máis doado de aprender que calquera outra lingua. No Esperanto non hai excepcións, polo que unha vez que se aprende unha regra, esta pódese xeralizar a calquera outra situación.

O sistema de afixos é unha das mellores bazas do Esperanto. Nove prefixos e unha trintena de sufixos estructuran a lingua e simplifican a súa  aprendizaxe ao regularizar a formación das verbas.
Por elo é unha lingua axeitada para os contactos internacionais.

Diversos estudios teñen determinado que 170 horas de estudio do esperanto, fai que se acade unha destreza nesa lingua dabondo como para comunicarse con outras xentes dun xeito fluído.

Para tirarlle partido ao Esperanto, e información sobre viaxes, encontros xuvenís, música, revistas, literatura pódese atopar nas seguintes páxinas:
Diccionario de Esperanto-Esperanto

Existen sociedades de Esperanto en todos os países, e a Asociación Universal de Esperanto, coa súa rede de delegados cubre todo o mundo. O Esperanto é ensinado en escolas elementais, secundarias e superiores en varios países.

É usado actualmente en todas as actividades da vida humana, en empresas privadas, organizacións de cultura e por varios gobernos. Numerosas estacións de radio transmiten en Esperanto. En 1970, 35.000 libros, entre orixinais e traduccións formaban a literatura do Esperanto e esta cantidade continúa medrando. As publicacións na lingua internacional relacionan á comunidade esperantista, que asomade mantén unha activa correspondencia.

Os esperantistas reúnense todos os anos, en Congresos Universais que constitúen algo así como o seu parlamento e onde se practica o Esperanto como lingua oratoria. Os practicantes do Esperanto constitúen pois, un verdadeiro pobo que foi quen de liberarse da maldición babélica. Para formar parte desta comunidade, que abriu un camiño que a humanidade terá que recorrer, non fai falta outro requisito que seguir lendo con atención as páxinas que seguen.

Pasporta Servo (Servicio de Pasaporte) é un dos servizos mais populares entre a xente nova que aprende esperanto. Trátase dun libro editado anualmente por TEJO . Contén unha lista de falantes de esperanto que de xeito voluntario ofrécense a dar hospedaxe de balde. O único que se necesita para usalo é adquirir un exemplar e, por suposto, falar Esperanto.

A hospedaxe sempre é de balde. O resto das condicións dependen do anfitrión, por exemplo o número de hóspedes que pode recibir e o tempo máximo de estancia que pode ofrecer. En algúns casos o anfitrión esixe no seu anuncio porse en contacto por carta con antelación, ou ben por teléfono, para anunciar a chegada; outros indican que pode un presentarse sen previo aviso, outros ofrecese para facer de guías na súa cidade ou vila.

Dende un apartamento en Estocolmo onde pasar a noite, hasta poder pasar unhas semanas nunha zona remota de África. Todas as opcións que poidades imaxinar, sen gastos de aloxamento e sen problemas de idioma.
Sendo esperantista, calquera pode aparecer no Pasporta Servo e recibir na túa casa a viaxeiros de todo o mundo.

 

A través do esperanto vostede sustentará unha boa idea, baseada no fundamento de unha lingua neutra e que obxectiva derrubar os muros entre os pobos e crear amizades entre todos os humanos. É bo apoiar un proxecto de paz verdadeiramente concreto, aínda que sexa difícil lembrarse de ser sempre pacífico.
Poderá ter aceso à cultura en torno da lingua esperanto, e a unha amplísima biblioteca, moitas veces non accesible dende o español ou o inglés.

Pero ademais terá aceso á cultura natural de cada un dos esperantistas co que se poña en contacto.

Aprendendo o esperanto vostede terá aceso a fontes internacionais alternativas de información. Está ben informarse a través da CNN, pero moitas veces é mellor falar cunha persoa que vive no lugar onde se dan os feitos e oír desa persoa a súa versión antes de formarse a súa propia opinión.

Con o esperanto vostede poderá gañar aceso a outras culturas mais doadamente. Comer con unha familia en Pequín, esquiar cun bo amigo na Polonia, vivir con amigos esperantistas en  Belgrado.

A través do esperanto vostede pódese comunicar nun mesmo nivel con persoas de nacións diferentes. Ninguén é dono do Esperanto, e todos somos convidados.

Cando vostede fale esperanto, vostede pode ir a eventos interesantes por todo o mundo. Encontros xuvenís en Rusia e seminarios en China, non son experiencias que sexa doado ter fora dos círculos esperantistas.

Entre esperantistas vostede pode xeralmente hospedarse de balde. Por que pagar por hoteis se vostede se pode hospedar na casa dun esperantista? Grazas ao coñecemento do esperanto, vostede poderá viaxar sen moitos gastos a diversos seminarios de entrenamento.

Cando vostede fale esperanto, vostede poderá tornarse activo en organizacións internacionais, aprender sobre como organizacións deste tipo funcionan e ate mesmo organizar os seus propios negocios.

Por medio do esperanto vostede pode adquirir experiencia en relacións internacionais e interculturais. Cando alguén se comunica frecuentemente con persoas de outros países e culturas, é completamente natural que se aprenda algunha cousa, incluso despois de varios malentendidos e sorpresa.

O Esperanto, obra mestre de lóxica e sencillez.
(Academia de ciencias de París)

A gramática do Esperanto é moi sinxela.
A compoñen 16 breves regras. Estas regras non teñen excepción. O Esperanto é fonético. Escribe como se pronuncia. Cada letra representa sempre o mesmo son. O vocabulario do Esperanto foi adoptado das principais linguas europeas ou das súas fontes e a selección obedeceu ao criterio de máxima internacionalidade. Arredor dun 70 % dos seus elementos son de orixe latino ou neolatino, polo tanto doadamente recoñecibles para todo galego.

En toda verba hai un elemento chamado raíz, do que se derivan outras verbas e que en galego poden variar considerablemente: chuvia - pluvial, fígado - hepático, as veces, a derivación pode partir doutra raíz: irmán - fraternal, casa - doméstico, etc.

En Esperanto a raíz é invariable, dicimos: pluvo-pluva, hepato-hepata, frato - frata, domo - doma. As terminacións o, a, e, engadidas á raíz dan o substantivo, o adxectivo, o adverbio respectivamente; a i marca o infinitivo dos verbos. Esto rexe para todos os verbos, substantivos, etcétera:

tefefono
Telefona
Telefone
telefoni
teléfono
telefónico
telefonicamente
telefonar

parolo
Parola
Parole
paroli
(a) verba
Oral
Oralmente
Falar

VERBOS
En Esperanto o pronome determina a persoa, e a terminación, o tempo. Existe unha sola conxugación absolutamente regular. Tan so doce desinencias ou terminacións reemplazan con vantaxe os miles de elas que acumulan as linguas nacionais. En Esperanto non hai verbos irregulares nin defectivos.

VERBO ESTI
VERBO SER
VERBO IRI
VERBO IR
mi estas
Eu son
mi iras
Eu vou
vi estas
ti es
vi iras
ti vas
li estas
él é
li iras
él vai
ni estas
nos somos
ni iras
nos vamos
vi estas
vos sodes
vi iras
vos ides
ili estas
eles son
ili iras
eles van

o que non quita que con axuda deste mesmo verbo "ser" único auxiliar, se podan compoñer os tempos máis sutís cando sexa necesario usar.

COMPOSICION
O Esperanto toma os seus elementos (raíces, prefixos, sufixos, terminacións) das grandes linguas de cultura, pero poñendo orde en eles e regularizando as súas funcións, co que obtén de elas o máximo rendemento.

Na nosa lingua todas as verbas deben buscarse en grosos diccionarios: teléfono, telefónico, telefonista, etc.; no diccionario do Esperanto, para esta idea so atoparemos telefono. As demais verbas as formarnos cos elementos regulares da lingua: telefona, telefonisto, etc., así como verbas que non existen en galego, como telefonistino - unha telefonista; telefonejo (pronunciado -eio) que é unha cabina telefónica.

Engadimos aquí á raíz telefon os sufixos -ist, -ej, -in que indican a profesión ou oficio, o local ou lugar e o femenino. Y así, dispoñemos de afixos para instrumento, soporte, envase ou continente, calidade abstracta, conglomerado, fracción, múltiplo, etc.

En galego, temos unha serie de verbas que se refiren ao feito de comunicarse con outras persoas oralmente:
Falar, é a verba que describe esa acción de xeito máis neutro
Parolar ou parlar, é falar sen sentido, ou con actitude festiva
Argumentar é falar dando razóns coa intención de convencer.
Lingoreta, é unha verba que alude a quén lle dá á lingua sen parar, ten un matiz aldraxante, anque eu coñezo a un grupo que o usa con orgullo para referirse aos seus propios fillos galego falantes.

Si o Preguntoiro é o sitio onde os pelegríns preguntaban onde estaba a Catedral; Faladoiro debería ser o sitio onde se fala. En cambio, o sitio onde os representantes do pobo debaten, discuten e tentan de convencerse mutuamente, é chamado Parlamento, non Parladoiro, nin Faladoiro, ou Argumentoiro.

No Esperanto sempre que usemos o sufixo –ej (a ‘j’ lese como a ‘i’ latina) estaremos facendo referencia relativo ao local ou lugar, sempre nos estaremos referindo a un local ou lugar.

Todo o que non ten sexo é neutro, co que se elimina a inconveniencia de asignar xénero ás cousas, xénero que é distinto segundo o idioma.

O carácter aglutinante do Esperanto (e en esto aproximase as linguas de extremo oriente) lle permite formar doadamente verbas compostas, fértil recurso do que carecen as linguas neolatinas. Fervojo (pronunciar fervoio) é unha verba composta de: fer -raíz de fero –ferro e voj- (pronunciar voi), raíz de vojo=camiño, máis a terminación substantiva. E diremos fervojisto por persoa que traballa en ferrocarrís.
Como fervojo fórmanse infinidade de verbas: paperfabriko, (fábrica de papel),  gasmotoro, (motor de gas), elektromotoro, (motor eléctrico); muzikinstrumento, (instrumento musical) dancmuziko, (música de baile), operteatro, (teatro da opera); policnovelo, (novela policíaca) etcétera.

Son tan insignificantes os sacrificios que todo home debe realizar para aprender Esperanto, e tan inmensos os beneficios que delo se tiran, que ninguén debe subtraerse de facer ese estudio.
LEON TOLSTOY

COMO SE PRONUNCIA
O Alfabeto de Esperanto consta de 28 letras. Cada letra representa so un son:

Aa, Bb, Cc, Ĉĉ, Dd, Ee, Ff, Gg, Ĝĝ, Hh, Ĥĥ, Ii, Jj, Ĵĵ Kk, Ll, Mm, Nn, Oo, Pp, Rr, Ss, Ŝŝ, Tt,Uu, Ŭŭ, Vv, Zz.
Os son de referencia están nestas verbas:


Vorto
Pronuncia
Siñificado
a
abelo
a-be-lo
abella
b
bopatro
bo-pa-tro
sogro
c
celo
Tse-lo
obxectivo, finalidade
ĉ
ĉielo
Chi-e-lo
ceo
d
Dio
Di-o
deus
e
ekonomio
e-ko-no-mi-o
economía
f
falante
Fa-lan-te
falante
g
geologio
Gue-o-lo-gui-o
Xeoloxía
ĝ
ĝardeno
Llar-de-no
xardín
h
hotelo
Gho-te-lo
hotel
i
Indiano
In-di-a-no
indíxena
j
Jako
Ia-ko
Chaqueta, americana
ĵ
ĵus
llus
Agora mesmo, acabar de
k
kajero
Ka-ie-ro
caderno
l
leono
Le-o-no
león
m
miri
mi-ri
mirar
n
noto
No-to
Apuntamento, nota
o
operacio
o-pe-ra-tsi-o
operación
p
piedo
pi-e-do
r
rozo
ro-.so
rosa
s
sistemo
sis-te-mo
sistema
ŝ
ŝafo
xa-fo
carneiro
t
tiel
ti-el
Así, dese xeito, dise modo
u
ulo
u-lo
Individuo, persoa
v
vetero
ve-te-ro
Tempo (atmosférico)
z
zono
.so-no
zona
semivocaloj
ŭ
au
ou
j
jes
ies
si

As vogais, e, i, o, u, son iguais que en vasco, ou español.
Con excepción das que seguen, as consoantes pronúncianse como en galego:

c sona como ts: danco, cedro (dantso, tsedro)
ĉ como ch: ĉu (chu), ĉambro (chambro)
g é sempre suave: gitaro (guitaro), gemo (guemo), ganto, (ganto)
ĝ como en italiano "giardino" ou como j en "Jeep", "jockey"
h sona aspirada como en inglés, ou como a ‘j’ dos mexicanos, moito máis doce que a de España.
ĥ como a j española ou a nosa gh. ĥoro (ghoro):coro, ou ĥirurgo (ghirurgo) =mecánico
ĵ como j francesa en "journal" ou como a s en inglés "treasure" o "vision"
ŝ como a nosa xis. Nome bonito: ŝose
z sona como en francés ou en inglés ou como a ‘s’ en italiano "casa" ou como pronunciamos a ‘s’ de musgo, rasgo

j ŭ son semiconsoantes.

j soa como i como nas verbas españolas voy, hoy ou como i en hiato. Forma sílaba (ditongo) coa vocal veciña: aj, ej, oj; uj, (ai, ei, oi, ui) Jes (ies), kaj (cai).

ŭ é a u breve, auto, e tamén forma ditongo coa vocal veciña: Eŭropo, aŭto.

As letras q, w, x, y non existen no alfabeto de Esperanto. Tampouco existen letras dobres nin mudas. O nome das consoantes formase engadindo a estas a letra o: bo, co, do, jo, ŭo, etc.

O ACENTO recae sempre sobre a penúltima sílaba. O número de vocais dunha verba indica o número de sílabas que a forman. En Esperanto o acento non se escribe, so se pronuncia; non hai tilde (´).
Exemplos:
Papero estas utila (papéro éstas utila). Como a j non é vocal, o plural paperoj estas utilaj (papéroi éstas utilai) non cambia de acento, pois as sílabas son pa-pe-roj, u-ti-laj. Así jes (ies) é unha sílaba, pero ies (íes) son duas. Belaj (bé-lay) son dúas, mentres que balai (ba-lá-i) son tres. Baldaŭ (bál-dau) duas sílabas; balau (ba-la-u) son tres. E así Maria (Ma-ri-a), Sonja (Só-nia); kio, kiu (quí-o, quí-u).
Este artificio da j e a ŭ permite ao Esperanto dispoñer de diptongos sen recorrer ao acento ortográfico.

b, v:
Debemos ter presente que o son da "b" é moi distinto que o da "v" e que en Esperanto deben diferenciarse perfectamente. A ‘v’ é sempre labiodental: bela, velo, baro, varo.

r, rr:
En Esperanto a "r" non ten dous sons, como en galego (render, aro) ; sempre é suave como en "parede" En rivero as dúas ‘r’ soan igual.
Cando nunha verba suceden dúas letras iguales pronúncianse separadamente. Así mallonga (mal-longa) -corta, opinii (opini-i) -opinar.
La frato estas bona -o irmán é bo. descompoñamos esta simple oración nos seus elementos:


O ARTIGO
La é o artigo determinado. Empregase en xeral como en galego, ao referirse a cousas ou seres coñecidos ou determinados. A indeterminación: "un irmán" tradúcese por ausencia de artigo, e o problema resolvese con economía.

Frato é sustantivo. O sustantivo é o nome das cousas ou seres. Frato se compón da raíz frat- e da terminación -o, que corresponde a todos os substantivos en Esperanto.

estas indica o estado. É un verbo. O verbo expresa acción o estado. Temos aquí a raíz est- e a terminación -as que levan en Esperanto todos os verbos en tempo presente.

bona sinala a calidade. É un adxectivo e por iso termina en -a como todos os adxectivos en Esperanto. Si poñemos a frase en plural:

La fratoj estas bonaj = Os irmáns son bos, (pronúnciese: la frátoi éstas bónai), notamos que o artigo la non variou, que o plural se forma engadindo unha ‘j final ao nome e ao adxectivo; que o verbo estas non cambia no plural.
E si dicimos:
La fratino estas bona = A irmá é boa, (pronúnciese: la fratino éstas bóna), observamos que o artigo ‘la’ permañece invariable, que o adxectivo bona é igual para masculino e femenino.

Ĉu la frato estas bona?= ¿É bo o irmán? (pronúnciese: chu la fráto éstas bóna). En linguas como o español existe o signo de interrogación invertido ‘¿’, que noutras linguas non usan porque interrogan invertendo a frase. En Esperanto temos o signo sonoro ĉu (chu) que se ve e se oe, e non obriga a entoación determinada.
Ĉu = ¿

Kiu estas bona?= ¿Quén é bo? nos amosa que, naturalmente, non compre poñer ĉu diante dunha verba que de sí xa é interrogativa. O mesmo ocorrerá con kio? (quío) = ¿qué cousa?, etc.

La libro estas nova. (novo).
-Ĉu la libro estas nova?
-Jes, la libro estas nova.
-Kio estas nova?
-La libro.
Jes = si. Ne= no.
-Ĉu Esperanto estas facila? -Jes! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario