Aos que xa temos
algunha idade nos resulta sorprendente a evolución que a idea de Europa está
tendo entre a xente. O consenso existente nos anos 70 e 80 sobre Europa pasou
de ser considerado Espazo de tolerancia e liberdades a considerar a Europa como
un ente odioso que impón unha serie de medidas que nos, e os nosos políticos,
teñen que aturar anque non queiran.
Hoxendía a
posibilidade de que o Reino Unido abandone a Unión Europea é una posibilidade
moi real, e, ao tempo, constatamos dende as últimas eleccións europeas o
crecemento dos partidos políticos en toda Europa chamados “euroescepticos”, que
propugnan á volta á Europa de fronteiras da primeira metade do século XX.
¿Qué está pasando?
A min lémbrame a saga
de “Star Wars”, nos episodios IV, V e VI, narra a loita da
chamada Alianza Rebelde contra o Imperio Galáctico, e así vemos que os
partidarios da Alianza Rebelde son de distintas razas e culturas, e teñen
civilizacións moi diversas ao tempo que o Imperio Galáctico son todos
idénticos, vestidos e armados do mesmo xeito, se posibilidade de discrepancia.
Nos episodios I, II e III, nárrase a
evolución da República hasta o Imperio Galáctico baixo o mando do Emperador. Intuímos
que a República non tiña futuro cando víamos as leas naquel inmenso Senado
hiperburocratizado, que estaba abocado necesariamente na Ditadura imperial. No episodio VII, decepcionante para
moitos, resultoume interesante ao comprobar que a vitoria da Alianza Rebelde conduciu
a unha situación de estabilización, burocratización e por tanto de malestar e
revoltas. Algo semellante esta a pasarnos: despois de conseguir chegar a Europa
e ser europeos de pleno dereito, resulta que existe este malestar, e que todos
os problemas que temos derívanse dos “recortes”·que impón Europa, e agora
resulta que temos unha peor sanidade e prestacións sociais "por que Europa
impón inxustos recortes".
En primeiro lugar, ¿Qué é Europa?.
Evidentemente non nos estamos referindo ao espazo xeográfico, nese sentido é
tan absurdo imputarlle culpas a Europa, como que lle imputemos as culpas nosas
persoais a unha leira na que sementamos patacas.
Cando nos referimos a
Europa, nos estamos a referir á estrutura política de Europa, chamada Unión
Europa, e tamén aos países que conforman esa estrutura política.
En segundo lugar, parte das culpas que lle
imputamos a Europa derívanse dunha decepción moi infantil que sentimos cando
constatamos que seguimos tendo problemas, e que tivemos unha expectativa
errónea sobre o que significaba pertencer á Unión Europea.
Durante uns anos a
Unión Europea (antes Mercado Común) semellaba un Clube de países modernos,
progresistas, solidarios e ricos. Todos os demais parecían máis atrasados, ou
novos ricos fachendosos. O pensamento estaba en Europa, a intelixencia estaba
en Europa, a lucidez estaba en Europa.
Os habitantes da
península saían de dúas Ditaduras grises e ridículas, e miraban para Europa con
envexa: os alemáns eran altos, guapos e confiables e a súa técnica era o cume
do mundo, os italianos eran os que mellor cantaban, os máis elegantes e os máis
románticos; os franceses eran os máis abertos, os máis comprometidos, e os máis
intelixentes, e os ingleses eran con moito os máis modernos. Foi a época en que
todos os ingleses eran John Lennon, todos os franceses Alain Delon, e todos os
españois eran Alfredo Landa.
A oportunidade de
pertencer a ese Clube induciu en toda unha sociedade a certeza de que íamos a mellorar,
case de xeito milagroso, e TODO sería mellor.
(Todo eran as nosas estradas,
os nosos peiteados, a nosa música, os nosos éxitos, os nosos traballos, a nosa
economía, e nos mesmos seríamos máis altos e máis guapos, máis europeos...)
Aínda hoxe, diante de
calquera aspecto negativo da realidade protestamos dicindo que é inadmisible
que se poida aturar tal cousa estando en Europa.
En terceiro lugar, todo proxecto debe responder ás
seguintes cuestións: Qué queremos, Cómo queremos que funcione, Qué queremos
conseguir...
Un dos problemas
centrais da Unión Europea é que os cidadáns de cada un dos países tiveron unha
motivación distinta para partillar de ese proxecto, e esa motivación distinta provoca
que existan visións distintas do que debe ser Europa, e esas visións poder ser contraditorias.
Os ibéricos (as
xentes de España e Portugal) sempre amosamos un gran fervor europeísta. Eu
sospeito de tal fervor derivábase máis dun complexo de inferioridade por ter
soportado con calma e conformidade en gran parte do século XX dúas Ditaduras
pacatas, paternalistas, e ridículas, que de unha ilusión real por un proxecto
europeísta.
A gran motivación da
Unión Europea, e antes do Mercado Común foi a necesidade de dous grandes países
europeos, Francia e Alemaña, que se enfrontaras en tres grandes guerras no
prazo de 100 anos, a non volver a resolver así os problemas. Esa motivación foi
compartida polos países europeos que se viron afectados nas guerras e no seu
territorio, e nos movementos de grandes bolsas de poboación.
Tal motivación sempre
foi máis lonxana no caso do Reino Unido que, si ven participou nas dúas grandes
guerras mundiais, estas se desenvolveron sempre fora do seu territorio, polo
que hai unha tendencia a pensar que era un problema dos outros e que eles foron
a axudar. Os británicos estaban moi felices coas súas iardas, cos seus
peniques, coas súas peculiaridades, e miran con desagrado que a Unión Europea
tente regular 'ad nauseam' unha chea de circunstancias que os británicos
poden considerar como o seu xeito de vida.
Os franceses e os
alemáns que teñen unha tradición cultura ordenancista e estatista, impuxeron as
súa visión de Europa, considerada como un proxecto de Mega Estado Central, e
que aspira a sustituir no seu día aos Estados membros, tamén intervencionistas,
e estatistas,
En Europa lévase anos
falando de harmonización dos dereitos laborais (similar marco de relacións
laborais), de harmonización fiscal (similar nivel impositivo en toda Europa),
de críticas a países como Irlanda que teñen unha fiscalidade alta pero inferior
ao común do resto de Europa, e persecución dos mal chamados paraísos fiscais
(mal chamados dado que se deriva dunha defectuosa tradución da verba inglesa
por 'refuxio'). Tamén a Unión Europea está codificando e impoñendo un standar
de calidade nos produtos realizados polas fábricas en Europa, e todo baixo a
escusa de "protexer aos cidadáns da Unión Europea".
En Europa conviviron dous
proxectos europeístas que son contraditorios entre si: Un que chamaremos Proxecto Europeísta Liberal, e que foi
recollido no Tratado de Roma de 1957,
no que se garantía as catro liberdades clásicas:
Libre circulación de persoas,
libre circulación de bens,
libre oferta de servizos e
libre movemento de capitais.
Este Proxecto
considera que a liberdade individual
é o valor cultural máis importante dos europeos, e sería un antídoto contra as
traxedias sufridas polos europeos desde Bismarck hasta a morte de Hitler.
A fórmula era
defender os dereitos da propiedade privada e unha economía de mercado libre
asociada a un espazo de fronteiras abertas.
As catro liberdades
básicas considerábanse unha recuperación dos dereitos que xa estiveran en vigor
durante gran parte do século XIX e que foran abandonados na época dos
nacionalismos e das ideoloxías totalitarias (nazismo, fascismo e socialismo) e
que se consideraban as causas primixenias dos conflitos mundiais.
Neste Proxecto
considérase que o único elemento fundamental é a Liberdade Individual, pero non
se pretendía ningunha harmonización entre os Estados, senón que se consideraba
que a competición entre Estados (competición para facer o seu territorio máis
atractivo para a xente) faría que a regulación dos distintos Estados fose cada
vez máis favorable a liberdade individual dos cidadáns, e aos seus intereses.
A creación dun Estado Central Europeo era visto como
prexudicial para a liberdade individual e por tanto, era visto con desconfianza
polos promotores orixinarios do Mercado Común Europeo, e a única institución
central europea que se aceptaba era o Tribunal de Xustiza Europeo, coas súas
actividades restrinxidas á prevención e resolución de conflitos entre os países
membros e de garantía das catro liberdades básicas.
Fronte ao Proxecto Europeísta Liberal,
existe un Proxecto Europeísta Socialdemócrata, e
temos que recoñecer que é o que está tendo prevalencia nas últimas décadas.
Este Proxecto chamado
por pensadores europeos como Visión socialista
ou Imperial de Europa; é defendida por
políticos como Jacques Delors ou François Mitterand.
Conforma unha alianza
dos intereses estatistas dos nacionalistas, socialistas e e conservadores, ou
democratacristiáns, consideran que a Unión Europea é como un imperio ou unha fortaleza:
proteccionismo en relación ao exterior e
intervencionismo en relación ao interior.´
O mito é considerar
que a regulación centralizada é mais eficiente que as forzas cegas do Mercado,
e en consecuencia queren e promoven unha lexislación común e centralizada,
e o seu obxectivo é establecer un Estado Social Europeo.
Este Estado Social
Europeo tería como un dos obxectivos procurar unha redistribución de rendas, regulación
da vida social e económica e harmonización lexislativa dentro da Europa.
Cando se fala de harmonización
dos impostos e regulación social nos estamos referindo á imposición do Imposto
do Valor Engadido ao nivel máis alto de todos os elixidos polos Estados, e a
imposición das mesmas condicións laborais en toda Europa, que producirá, sen
dúbida, o pleno emprego nos sitios onde os traballadores sexan máis produtivos,
e o desemprego estrutural permanente onde os traballadores sexan menos produtivos
dado que non poderán asumir o custe de esa
regulación que se pretende dende Europa.
(Todas os días saen
caravanas de camións de Alemaña de cara a Polonia coa roupa usada dos Hoteis e
establecementos de hostalería alemán e todas as noites regresan camións e
camións de Polonia con esa mesma roupa lavada e pranchada para Alemaña.
Grazas a que os
prezos da man de obra é menor en Polonia (e por tanto os seus traballadores
están a traballar nunhas condicións inferiores ás que terían en Alemaña) e que eses
polacos poden traballar, é grazas a isto que Polonia obtivo un crecemento moito
máis acusado que Alemaña e está converxendo con Alemaña en todos os seus
indicadores macro.
Neste caso, o
exceso de regulación que di protexer aos traballadores polacos, os prexudicaría,
e quén serían protexidos e beneficiados serían os traballadores alemáns.
O Proxecto Europeísta Socialdemócrata pretende
que o Estado Central Europeo, isto
é, Bruxelas, vaia asumindo cada vez
máis poder, e considera que este Estado Europeo é unha necesidade histórica, e
que o seu advenimento é so unha cuestión de tempo.
Este Proxecto Europeísta Socialdemócrata favorece
á Clase Política, aos Burócratas, aos Grupos de Presión, e aos sectores
subsidiados ou ineficientes que precisan ese Estado central para a súa
subsistencia ou para o seu propio enriquecemento.
De feito podemos
comprobar que o embrión dise Estado, xa está sendo tan poderoso que está
supeditando de feito a soberanía de varios países, como é o caso de Grecia, a quén se lle di como se debe
xestionar o seu déficit, anque neste caso, o pobo grego foi historicamente traizoado
por unha Clase Política demagóxica, e intervencionista que tiña como único
obxectivo a súa pervivencia como clase a través de subsidios a parte da
poboación. Tamén o podemos comprobar en como está presionando a todos os medios
de comunicación para que se posicionen en contra do ‘Brexit’ ou saída do Reino Unido da Unión Europea.
Europa ten sido o lugar do mundo no que máis se desenvolveu
a civilización, e que ten obtido un máximo desenvolvemento económico e humano,
debendose considerar outras civilizacións como a Australiana, a Norteamericana,
como extensións xeográficas da civilización europea. Outros países que teñen
obtido un desenvolvemento humano e económico notable como Xapón, Corea do Sur,
e incluso China, ten coincidido a fase álxica do seu desenvolvemento coa
asunción de Principios Europeos como a liberdade económica individual, e unha
economía de libre mercado.
¿Por qué Europa ten sido un sitio
tan privilexiado para o desenvolvemento humano?
¿Seremos máis listos ou máis
guapos que o resto da humanidade?
Evidentemente non. A explicación a teñen dado
escritores e pensadores como Jared
Diamond, Philipp Bagus, Jesús Huerta de Soto, Hans Albin
Larson,ou Roland Vaubel, que argumenta que a liberdade individual é o abono para o
desenvolvemento económico, e a liberdade individual é a consecuencia de que o Poder Político en Europa estivo
extremadamente fragmentado, e por tanto, limitado pola existencia de outros
poderes concurrentes no espazo político europeo.
Na Idade Media, e
até ao século XIX, existiron varios sistemas políticos convivindo en Europa, así
como as cidades independentes de Flandres, Alemaña e Norte de Italia. Había
reinos como a Baviera e a Saxonia; e existían repúblicas como Venecia. A
diversidade política manifestábase mais claramente nunha Alemaña fortemente
descentralizada. No medio de unha cultura de diversidade e pluralismo, a
ciencia e a industria florecen.
A competencia
política é esencia para os liberais: A posibilidade de que a xente, as empresas
e os capitais se poidan mover para onde se lles ofreza mellores condicións de
benestar e seguridade fai que os territorios con circunstancias xurídicas,
económicas e sociais máis adversas se teñan que adaptar e competir por ofertar
mellores condicións, o que favorece aos que se moven e aos que se quedan.
O capital
trasladase para onde os salarios son baixos, presionándoos para arriba; os
traballadores, por outro lado, móvense para onde os salarios sexan mais altos,
presionando os salarios para baixo. Os mercados ofrecen solucións
descentralizadas para os problemas ambientais baseados na propiedade privada. A
competición política asegura o valor europeo mais importante: Liberdade.
Os políticos e dirixentes europeos non foron de
mellor catadura moral que os dirixentes de calquer outro lugar do mundo, pero
tiveron que exercer o seu Poder nun ámbito no que existían outros moitos
poderes (outros señores feudais, outros reinos, outros señoríos, outras cidades
soberanas) e se atoparon que, debido a esa competencia, non puideron ‘exprimir’
aos seus súbditos todo o que quixeran, dado que estos, en moitos casos, tiñan a
posibilidade de fuxir ao reino veciño, e alí desenvolver a súa actividade e
promover as súas ideas, e o seu plan de vida.
En contra de esta situación de fecunda
fragmentación, houbo tamén proxectos ao longo da Historia de concentración nun so Estado Central
controlador. O primeiro e máis obvio exemplo foi o Imperio Romano, pero xa Alta Idade Media Carlomagno aspirou a crea un único Imperior europeo, e despois, co
mito do Emperador, foi intentado por Carlos
V, polo seu fillo Filipe II de
España, polo rei Luis XIV de Francia,
por Napoleón, máis tarde por Bismarck, que puxo os cimentos das
guerras mundiais que teríamos no século XX, por Stalín e por Hitler.
Sempre e en todos
os casos os partidarios do Imperio estaban e están convencidos de que a súa
función era mellorar a vida e o destino de millóns dos seus súbditos, e dos que
aspiraban a que o foran. Eu lles
recoñezo a súa pureza de intencións, pero constato o inxustos que foron, e o
equivocados que estaban e están.
Pero agora, nos
finais do século XX e principios do século XIX, estase conseguindo o soño de Hitler, Stalin, Bismarck, Napoleón e Carlos V, sen o uso de medios militares coercitivos, e estase
conseguindo ese Estado Central Europeo.
E as sucesivas
derrotas do Proxecto serán usadas polos seus partidarios para crear novas
institucións (como o Banco Central
Europeo) ou o tantas veces invocado Ministerio
de Economía e Facenda Europeo, sempre aumentando o intervencionismo,
reducindo a liberdade individual e económica e incrementando o poder de
institucións non representativas como a Comisión Europea.
Os Proxectos Europeos
Liberal e Socialdemócrata son incompatibeis. O aumento de poder dun Estado
Central implica a reducción das catro
liberdades básicas e por tanto menos liberdade individual.
Por tanto, deberíamos preguntarnos si os británicos que se queren ir non son os máis sensatos de todo este Imperio Galáctico, e deberíamos preguntarnos si estamos no bando axeitado.
Por tanto, deberíamos preguntarnos si os británicos que se queren ir non son os máis sensatos de todo este Imperio Galáctico, e deberíamos preguntarnos si estamos no bando axeitado.
No fondo, temos que
decidir si estamos a favor do Imperio Galáctico ou da Alianza Rebelde, e polo
menos, nos medios de comunicación, os partidarios da Alianza Rebelde vamos
perdendo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario