O Pleno do Congreso ven de aprobar o proxecto do novo
Código Penal, cos votos exclusivamente do Partido Popular. A partir de
agora, tal texto remitirase ao Senado, onde se puideran facer emendas, e
despois da súa tramitación será devolto ao Congreso para a súa aprobación
definitiva.
A soidade do partido Popular é máis aparente que
real: O novo proxecto non supón ningunha ruptura real co texto que estaba en
vigor, e que fora auspiciada polo PSOE no ano 2010.
Os medios de comunicación recollen a polémica sobre
determinados puntos do proxecto que resultan máis novedosos, e entre eles a ‘Prisión
permanente revisable’, o Delito de Financiación ilegal de partidos e
Delitos económicos por corrupción, a supresión no ámbito penal das Faltas,
que quedan incorporadas a Delitos menores, ou a Sancións
administrativas.
Tamén se modifica a Lei do Indulto, se modifica a
idade do Consentimento Sexual, se engaden novos delitos como o da Zoofilia,
o delito de matrimonio
forzado, o acoso, a divulgación non autorizada de imaxes ou
gravacións íntimas obtidas co
consentimento da persoa afectada ou a manipulación
dos dispositivos de control que serven para vixiar o cumprimento das penas,
e faise unha homologación con Directivas e Recomendacións europeas sobre
pornografía infantil, explotación sexual de menores, trata de seres humanos ou
inmigración ilegal.
Agrávanse
as penas previstas para furtos e roubos no caso de multireincidentes, e no caso
de butróns, roubos por ‘alunizaxe’, e roubo de cable de cobre e suministro
eléctrico.
Na liña
liberticida de outros países como Venezuela, Ecuador, China ou Corea do Norte,
o proxecto do Código Penal criminaliza Internet e os seus usuarios, perseguindo
o hacktivismo, e ilegalizando hasta o software destinado á seguridade
informática, e o uso de software que quede ao marxe do control do Estado.
O
delincuente informático descrito no novo código xa non é o hacker, nin o cracker,
senon calquera de nos que poidamos ser lectores de determinadas páxinas web.
Así calquera de nos poderá ser acusado de ciberterrorismo (ou ciberpederastia) no
caso de que consulte habitualmente webs ou foros de adestramento terrorista, ou
o simple acceso a material de pornografía infantil, anque a intención sexa
simplemente coñecelas para denuncialas.
A
reforma do Código Penal complétase cunha reforma da Lei de Axuizamento Criminal
que permitirá a interceptación de comunicacións
sen orden xudicial previa, así como el uso de programas espía e a
habilitación a axentes
encubertos para compartir arquivos
ilícitos.
A
criminalización das webs de enlaces e da modificación de consolas de videoxogos
-actividades declaradas legais reiteradamente pola xustiza española- descobre o
proxecto represor do Goberno: hasta 6
anos de prisión por algo que hasta agora non era
nin siquera delito.
Unha crítica serena do novo Código Penal esixe que
nos prantexemos cal é a función e a fundamentación da PENA
que se lle impón a quén transgreda as normas establecidas no Código Penal.
A ciencia xurídica occidental ten determinado que a
Sanción Penal ten varias funcións:
1ª. A
VINZANGA. A
primeira función da PENA é a vinganza. Unha vinganza pública e taxada, que
impida a vinganza privada por parte dos ofendidos polo delito. Non reacciones,
que xa reacciona o Estado por ti. Esta é unha limitación que se lle impón ás
vítimas do delito, amparándose en consideracións públicas de manter a Paz
Social.
2ª. O
RESARCIMENTO DAS VÍTIMAS. A persoa
que foi vítima dun delito, ten dereito a que se repoña na situación anterior
alterada polo delito, anque tal pretensión é directamente imposible en
moitas ocasións, como en caso de danos persoais, ou morte, ou o resarcimento do
dano moral, na que tal reparación tería que ser avaliado en cartos, e nun
recoñecemento por parte dos agresores do inxusto do seu proceder. Este é un
dereito de todas as vítimas, en tanto que cidadáns, e que non se deben ver
perturbados nos seus dereitos (persoais e patrimoniais) de xeito inxusto.
3ª. A
SEGURIDADE PÚBLICA. Outra
das funcións da PENA é apartar da sociedade a aquelas persoas que poden supoñer
un perigo para os cidadáns, polo menos durante un tempo prolongado. Esta
función protexe á sociedade no seu conxunto.
4ª. A
REINSERCIÓN SOCIAL DOS PENADOS. A PENA tamén debería servir para reeducar e
reinsertar na sociedade aos penados. Tal é a única motivación que se recolle na
Constitución Española no seu artigo 25.2 cando establece que “As penas privativas de liberdade e as
medidas de seguridade estarán orientadas cara a reeducación e reinserción
social ...”
Esta función da pena configúrase como un dereito dos
agresores, e consecuentemente, unha obriga social de ‘reeducar’ e ‘reinsertar’.
Para a Sociedade, esa obriga de ‘reeducar’ e
‘reinsertar’ é unha obriga de medios, isto é, a sociedade ten que
posibilitar que os penados teñan acceso á educación, á información e a un
tratamento individualizado da súa situación tendente a superar os
condicionamentos que o levaron a delinquir. Non é unha obriga de resultado,
isto é, a sociedade non ten responsabilidade si a reeducación ou a efectiva
reinserción non se produce. O penado ten dereito, pero ese dereito é il quen
ten que exercitalo, e si non quere ou non pode reinsertarse, a sociedade non
pode suplir esa vontade personalísima.
Dende unha posición de respeto ao individuo e a súa
liberdade individual:
·
Entendo
que non existe ningunha escusa para agochar a nosa responsabilidade
individual polas nosas accións, que poidan prexudicar a outros, agás casos
de eivas mentais.
·
Entendo
que unha das funcións principal da PENA debe ser a restitución dos dereitos
das vítimas e o resarcimento das vítimas. Ninguén ten dereito a prexudicar
e violar os dereitos fundamentais dunha persoa, e calquer tipo de Xustiza que
mereza tal nome, debe pasar por poñer no centro os dereitos das vítimas, e o
seu coidado.
·
Entendo
que a reinserción social dos penados é un dereito dos penados,
supeditada á restitución e resarcimento da vítimas, que debe posibilitar a
Sociedade, pero, como todo dereito, esixe un comportamento activo por parte do
penado que quere ser reinsertado, sen que se poida suplir por parte de ninguén,
a voluntariedade de reinsertarse.
·
Entendo
que a Xustiza debería despenalizar as condutas sen vítimas que non afecten a un
dereito individual de outra persoa. Penalizar a zoofilia
(independentemente do noxo e xuízo moral
que nos mereza) é unha mostra de intervencionismo absurdo, e de malgasto de
caudales públicos. O concepto de ‘vicio’ pertence máis ao ámbito relixioso que o
xurídico.
·
Entendo
que o Delito de financiamento ilegal de Partidos é unha operación de
maquillaxe político, dado que estamos a falar de normas aprobadas precisamente
polos partidos maioritarios.
·
Entendo
que é extremadamente perigoso o incremento do Poder á Administración para
sancionar o que antes eran Faltas, e que agora serán sancionadas directamente
pola Administración, incluso cando non se vexan afectados intereses xerais.
·
Entendo
tamén extremadamente liberticida a persecución aos falsos delitos de
Internet. Baixo a escusa de loita contra o terrorismo internacional ou
nacional, ou contra determinados comportamentos sexuais rexeitábeis se lle da
un poder de intervención á Administración, absolutamente opaco, que nos
converte a todos os cidadáns en sospeitosos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario