martes, 11 de noviembre de 2014

PENSAMENTO MÁXICO E PENSAMENTO LÓXICO


Neste fin de semana tiven a ocasión de ver no cine a última película da saga de Harry Potter, e tamén a segunda entrega do 'O Hobbit'.

A versión cinematográfica de 'O Señor dos Aneis' parecérame insuperable: Cando lera a novela por primeira vez pensara que nunca se podería volcar nunha película toda a riqueza de persoaxes, tramas, e ideas da obra de Tolkien, pero equivocárame.

Eu son moi partidario de ese tipo de obras por que sei que son ficción. Si eu pensara que corresponde á realidade, eu tería un grave problema.

Un tema recorrente das obras (das boas obras) de ficción é o Mito do Paradiso Perdido. Existíu un tempo e un lugar onde todo era bo, todo era claro, e todos podían ser felices, pero debido a unha eiva, a un pecado, a unha sombra de envexa, todo se derramou, e dende entón non deixamos de empeorar e de podrecer.

Antes, existían xigantes, e agora so humanos que cada vez somos peores.

Os patriarcas da Biblia, anque mortais, vivían séculos, e nos morremos ao cabo de poucas décadas.

No Silmarilion de Tolkien, os primeiros nacidos foron os Elfos, inmunes á enfermidade, ou ao envellecemento, e despois naceron os Homes, chamados polo Elfos, os 'enfermizos', os Ananos, os Hobbits, que vivían centos de anos, e pouco a pouco, chegamos aos homes actuais, que vivimos poucas décadas, e vamos aos Ambulatorios da Seguridade Social para curar as nosas enfermidades.

Pois ese é o Pensamento Máxico: Os relatorios dun tempo mítico que foi moito mellor que éste, e como perdemos ise Paradiso, e como agora vivimos neste 'val de bágoas', submetidos á enfermidade e a Axencia Tributaria.

O Pensamento Máxico ten tamén outros mitos: Houbo un tempo no que nos (póñase o podo ou cultura que se queira) vivíamos en harmonía coa Natureza, éramos felices e sustentabeis, e a nosa vida tiña sentido hasta que chegaron (aquí pode ser os romanos, os españois, as máquinas, a civilización) e se escarallou todo, e dende entón estamos pelexados coa Natureza, xa non somos felices nin sustentabeis, e vivimos nun Universo absurdo.

Algúns botan de menos a vida dos castrexos, outros a vida baixo o Reino Suevo de Galiza, outros, no tempo da Idade Media, antes da mecanización. Outros están aqueixados do Pensamento Máxico do Desastre Climático, e cren que durante toda a vida da humanidade o clima foi idéntico hasta que chegou o Ser Humano e o escarallou todo. Os aqueixados polo Pensamento Máxico miran o presente con noxo, e desconfianza. 

O Pensamento Lóxico comproba os datos existentes, e chega á conclusión de que nunca se viviu tan ben como na actualidade. Que nunca os humanos foron tan asertivos como na actualidade, e nunca tiveron, por regla xeral, unha actitude de tanta xenerosidade como na actualidade.

Saben que nada está garantido. Pero saben que o Ser Humano tense que enfrontar cos problemas e desafíos coa poderosa arma do seu intelecto.

Os aqueixados polo Pensamento Lóxico saben que a Evolución marca unha líña e unha tendencia dende as primeiras amebas, no sentido dunha maior complexidade, e dunha visión máis omnicomprensiva da realidade e da Humanidade.

Saben, sabemos, que a Historia marca unha evolución cada vez máis positiva da Humanidade, e que se manifesta en todos os indicadores económicos (nivel de riqueza/pobreza,mínimo de calorías ao dispor de cada persoa, aceso á servicios sanitarios, e de saneamento) e incluso nos indicadores éticos da Humanidade, na que pasamos de considerar xustificable calquera barbaridade proposta por un Goberno, a un nivel de esixencia correspondente a unha Ética universal, consistente en considerar inaceptable que partes da poboación sigan a estar suxeitas ao azote da Guerra, da Fame e das enfermidades.

Por iso os partidarios do Pensamento Lóxico somos tamén partidarios da Liberdade, dado que consideramos que a maior riqueza que ten a Humanidade é a mente e o cerebro de cada unha das persoas, e confiamos que na búsqueda da súa propia comenencia persoal, cheguen a atopar a solución para que todos nos podamos beneficiar.

E esa busca a facemos ollando para o Futuro, dado que sabemos que o Pasado sempre foi pior.

No hay comentarios:

Publicar un comentario