skip to main |
skip to sidebar
XOAN GULIBRE. Capítulo 1. Unha gran tormenta
Xoán
Gulibre
Trad. Senén Bande
Capítulo
1
Unha gran tormenta
Nunha soleada vila marítima,
moito antes de que se enchera de estrelas de cine en automóbiles descubertos,
vivía un mozo chamado Xoán Gulibre.
Era vulgar para todos excepto para os seus pais que o crían intelixente, sincero,
e notablemente atlético... dende a punta da súa despeiteada cabeleira marrón
arena hasta a planta dos seus enormes pes. Traballaban duro nun pequeno negocio
de cera na rúa principal dunha vila que albergaba a unha atarefada flota de
pescantíns. A vila tiña un certo número de xente moi traballadora, algúns bos,
algúns malos, e na súa meirande parte simplemente persoas medianas.
Cando non estaba atarefado ou
facendo mandados para o negocio familiar, Xoán adoitaba navegar no seu robusto
veleiro fora do estreito canal do pequeno porto en busca de aventuras. Como
moitos mozos que pasan os seus primeiros anos en el mesmo lugar, Xoán cría que
la vida era un pouco aburrida e pensaba que a xente que o rodeaba carecía de imaxinación.
Nos seus curtos viaxes máis alá do canal portuario, devecía por ver un barco
extrano ou un pez xigante. Quizá cruzaría cun barco pirata e sería obrigado a
navegar os sete mares como parte da tripulación. Ou, quizais, un baleeiro en
busca da oleosa presa permitiríalle estar a bordo durante a caza. Porén, a maioría
das súas travesías finalizaban cando a fame moxetaba na súa barriga ou cando a
súa gorxa resecábase de sede e a idea da cea era o único na súa cabeza.
Nun de eses perfectos días primaverais
co aire encrespado como unha sabana secada ao sol, a mar pareceulle tan
propicio ao mozo Xoán que non pensou noutra cousa que non fora meter o seu almorzo
e equipo de pesca no seu pequeno bote para facer un cruceiro pola costa. Co
lombo ao vento, Xoán nunca se decatou das escuras nubes tormentosas que se
acumulaban no horizonte.
Había moi pouco que Xoán comezara
a navegar máis alá da bocana do porto, pero cada vez sentía mais confianza. Cando
o vento comezou a ter forza, non se preocupou hasta que foi demasiado tarde. De
súpeto, estaba loitando freneticamente coas velas mentres sobre el desatábase
unha violenta tormenta. O seu bote abaneábase aturdidamente entre as olas como
un corcho nunha tina. Cada esforzo que facía para domear a súa embarcación
resultaba inútil fronte aos tremendos ventos. Ao fin, lanzouse ao fondo del
barco, aferrándose as beiras e desexando non volcar. O día e a noite fundíronse
nun terrorífico remuíño.
Cando finalmente pasou a
tormenta, o bote era un desastre, o mastro estaba roto, as velas desfiachadas e
dirixíase dereito cara estribor. A mar calmara pero aínda continuaba unha espesa
néboa que impedía a súa destreza e diminuía a visión. Logo de flotar durante
días acabou a auga e so podía humedecer os seus beizos na condensación que pingaba
das tiras das velas. Ao erguerse a néboa Xoán divisou a delgado contorna dunha illa.
A medida que se achegou, puido distinguir picos pouco familiares que xurdían
das praias areosas e riscos empinados cubertos dunha vasta vexetación. As olas o levaron cara un
arrecife pouco profundo.
Abandonando a súa embarcación, Xoán
nadou avidamente cara a costa. Pronto atopou e devorou guayabas
rosas, plátanos maduros e outras froitas deliciosas que crecían no húmido clima
selvático mais alá da estreita praia de arena. Tan cedo como recobrou algo de
forzas, Xoán sentiuse desolado pero tranquilo por estar con vida e, de feito, entusiasmouse
pola súa inesperada mergulladura nunha aventura. Inmediatamente comezou a camiñar
bordeando a praia para descubrir mais acerca desta estraña nova terra.
Algo se moveu na bouza. So puido albiscar
o movemento pero semellaba o dun gato salvaxe. Era tan bo signo de vida como
calquera outro, así que decidiu seguir o seu rastro.
-Pregúntome - dixo Xoán- ¿qué
caste de xente vive aquí? Ben, onde sexa que estea, ¡isto non é aburrido!
No hay comentarios:
Publicar un comentario