Xoán camiñou durante varias horas
na incerta dirección a un pequeno outeiro mais alá da praia e do outro lado do
denso follaxe. De súpeto, oíu os berros dunha muller. Detívose e ergueu a súa
cabeza para intentar situar a orixe do son. Nalgures, aínda máis arriba, oíu
outro berro agudo de auxilio. Abríndose paso entre unha masa de ramas e vides, avantou
no seu camiño cara os sons. Pronto saíu da bouza e chegou a un carreiro áspero.
Xoán rodeou correndo unha curva
pronunciada do camiño e apareceu á beira dun home corpulento que o botou a un
lado como a un mosquito. “¡Fora do meu
camiño, anano!” -bramou o home. Aturdido, Xoán mirou para arriba e viu a dous
homes arrastrando carreiro abaixo a unha muller que patalexaba e berraba.
Cando Xoán
recobrou a respiración, o trío desaparecera. Coa seguridade de que non podería
liberar á muller por si so, Xoán correu carreiro abaixo en busca de axuda. O
feito de que os habitantes falaran o seu idioma era alentador.
Abriuse un claro e viu a un grupo
de persoas reunidas en torno a un gran arbore, pegándolle con paus. Xoán correu
e colleu o brazo dun home que miraba traballar ao resto.
-¡Por favor señor, axúdeme! –dixo Xoán abafado-. Dous homes capturaron a unha muller e ¡ela
necesita a nosa axuda!
-Non te alporices –dixo asperamente o supervisor-. Esa muller está sendo simplemente
arrestada. Esquécete e vaite, temos traballo que facer.
-¿Arrestada? -preguntou Xoán, recuperando a súa
respiración. Non parecía unha criminal. Pero si era unha criminal, pensou Xoán,
¿por qué berraba por axuda con tanta desesperación?-. Descúlpeme, señor, pero ¿cal foi o seu crime?
-¿Eh? -O home comezou a amosar a súa
irritación-. Ben, si queres sabelo, puxo
baixo ameaza os empregos de todos os que traballamos aquí.
-¿Ela ameazou os empregos da
xente? ¿Cómo podería facer iso? -preguntou insistentemente Xoán.
Baixando a súa mirada cara ao seu
iñorante interrogador, o supervisor fíxolle sinais a Xoán para que o acompañara
cara un árbore onde había traballadores ocupados batendo no tronco. Con
orgullo, dixo: “Como poderás ver, somos
taladores. Derribamos árbores batendo neles con estes paus para obter a súa
madeira. A veces un cento de persoas, traballando día e noite, pode tirar
abaixo un árbore de bo tamaño en menos de un mes”. O home apremou os seus
beizos, coidadosamente limpou unha mancha de terra na manga da súa xaqueta de
corte elegante e exclamou: “Esa muller veu
a traballar esta mañá cun filoso anaco de metal incrustado na punta do seu pau.
Ofendeu ao resto ao cortar o árbore en menos dunha hora. ¡Ela sola! ¡Imaxínate!
Tiñamos que deter semellante ameaza ao noso tradicional emprego”.
Os ollos de Xoán abríronse aínda
máis, espantado de oír o castigo que se lle impuxera a esa muller debido a súa
creatividade. Alá na súa casa, todos utilizaban machadas e serras para cortar
árbores. Así é como obtivo a madeira para o seu propio bote.
-¡Pero o seu invento! -exclamou Xoán- permite que as persoas de todos os tamaños e
forzas poidan derrubar árbores. ¿Iso non faría que obter madeira e facer cousas
fora mais rápido e barato?
-¿A qué te refires? -manifestou o home irritado-. ¿Cómo podería alentarse unha idea semellante?
Este nobre traballo non o pode realizar calquer ninguén que veña cunha idea
brillante.
-Pero señor -dixo Xoán intentando non
ofendelo- estes bos taladores teñen mans
talentosas e cerebros. Poderían utilizar o tempo aforrado en derribar árbores
para facer outras cosas. Poderían construír
mesas, armarios, botes, ¡ou incluso casas!
-Escóitame -indicou o home con unha mirada
ameazante-, o propósito deste traballo é ter emprego a tempo completo e
seguro, non novos produtos. -O ton da súa voz púxose feo-. Pareces algunha caste de alborotador.
-Non, non señor. Non quero causar
ningún alboroto, señor. Estou seguro de que vostede ten razón. Ben, téñome que
ir.
Con iso, Xoán deusmedia volta e
regresou na dirección na que viñera, apurándose carreiro abaixo, sentíndose
incómodo co seu primeiro encontro coa xente deste lugar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario