Escribano real e Axente de negocios dos Reales Consejos, naceu en Mondoñedo o 7 de xaneiro de 1733 e faleceu en Madrid o 8 de setembro de 1790.
Orfo dende moi novo estivo ao coidado dun parente presbítero, que o inicia no estudo das Humanidades. De mozo trasládase a Madrid e estivo ao servizo de Campomanes con quen tiña unha gran amizade.
En 1757 estaba adicado ao cargo de axente de negocios e dende ese ano xa exerce como Notario Real, profesión que exercerá o resto da súa vida.
José Febrero é autor da Librería de escribanos e instruccíón jurídica teórico-práctica de principiantes (Madrid, 1769, 1774 y 1775), en tres volumes, obra que chega a sorprender, tendo en conta que a única formación que tivo foi a dun autodidacta. Gonzalo de las Casas en 1878 dicía de José Febrero "[...] deixou no seu libro unha semente fecunda que foi a base da instrucción do notario hasta os nosos días" (discurso na Academia Matritense sobre Febrero e as súas obras). Unha adición á citada obra é o seu Tratado dos xuízos de inventario e participación de bens (Madrid, 1781) escrito a instancia do Conde de Campomanes.
O traballo de José Febrero con adicións e comentarios de prestixiosos xurisconsultos acadou numerosas edicións. Fora das de 1789 e 1790, correxidas e anotadas polo propio autor, en 1801 imprimíase en Madrid Febrero reformado. Librería de escribáns, avogados e xuíces, reformada de novo na linguaxe, estilo, método e en moitas das días doctrinas, ilustrándoas e enriquecendoas con varias notas e adicións para que se tiveran presentes as reais ordes modernas, a cargo de José Marcos Gutierrez. Este mismo autor, en 1805, daba luz un Tratado de práctica criminal en España, en tres volumes, obra que viña a ser un complemento da de Febrero. Unha nova edición corrixida e ampliada é Febrero adicionado ou librería de escribáns (Madrid 1808) en sete tomos, que apareceu anónima.
A terceira impresión do Febrero reformado (Madrid 1825) correu a cargo do avogado Miguel Aznar, e en 1828, en Valencia pubrícase Febrero novísimo ou librería de xuíces, avogados e escribáns, refundida e ordeada baixo o novo método e adicionada cun tratado do xuízo criminal e algúns outros, en dez tomos e do que foi autor Antonio Tapia. Este mesmo pubrica en 1845 Febrero novísimamente redactado. De Florencio García Goyena e Joaquín Aguirre é a impresión en once volumes titulada Febrero ou librería de xuíces, avogados e escribáns, comprensiva dos códigos civil, criminal e administrativo, tanto na parte teórica como na práctica, con arreglo nun todo á lexislación vixente (Madrid 1841-1842).
O nome de José Febrero foi esculpido no edificio da Academia Notarial de Madrid, edificio inaugurado en 1878, e a cidade de Mondoñedo, pola súa banda, deu o nome de José Febrero a unha das súas rúas (hoxe rúa Febrero).
José Febrero fundou unha obra pía para dotar ás doncellas, orfas pobres e honradas das parroquias vilalbesas de Tardade e Distriz, berce dos seus antergos paternos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario