João da Nova (orixinalmente Xoán de Nóvoa, e tamén coñecido como João Galego)
foi un descubridor galego ás ordes da monarquía portuguesa que viviu entre
os séculos XV e XVI.
O primeiro cronista oficial de Galiza, o padre Felipe de la Gándara escribía en 1665:
Xoan de Novoa ou Joao de Nova |
“...saíu de Galiza un grande
heroe, chamado Xoán de Nóvoa, da casa dos condes de Maceda, que pasou ao
Reino de Portugal e serviu aos reis D. João II e ao seu sucesor, D. Manuel
I, nas navegacións e conquistas do seu tempo en África e na India
Occidental, de quen di San Román na Historia da India, que foi nobre cabaleiro
do bispado de Ourense”.
Esta referencia foi usada por moitos dos que telegraficamente se
aproximaron a el: Fernández Alonso, Vicente Risco, Filgueira Valverde, Francisco
Lanza, Rodriguez Elías, Rivas Quintas...
Naceu no castelo de Maceda (Ourense), e sendo rapaz, foi
enviado pola súa familia a Portugal co fin de fuxir da axitación irmandiña, e
da guerra civil que se deu pola sucesión do rei Enrique de Castela e Galicia, aliñándose moitos nobres galegos a
prol da filla do rei a Raíña Xoana (a Excelentísima Señora), casada
co herdeiro da coroa portuguesa, contra o bando, que o fin foi o ganador,
organizado arredor da irmá do rei, Isabel,
casada co herdeiro da coroa de Aragón.
O fracaso da opción pola Raíña Xoana
fixo relevantes nobres fuxiran a Portugal (que dende a súa constitución como
reino na época de Afonso Henriques (1143) fora moi permeábel cos nosos
fidalgos).
A familia de Xoan de Nova viu como o seu castelo familiar era destruído en 1483
e parte da familia se refuxiou en Benavente coa familia Pimentel, e outros a
Pontevedra, mentres Xoan ou João quedaba en Portugal.
Alí as súas habilidades
valéronlle no reinado de João II (1481-1495) ser membro da súa garda persoal do rei, e o nomeamento polo rei Manuel I de Portugal como Alcaide menor
de Lisboa en 1496.
O mundo daquela estaba cambiando: Europa importaba especies, sedas e ouro pola rota tradicional de Oriente
Medio e o Mediterráneo. A caída de
Constantinopla (dende aquela Istanbul), no 1453 na órbita dos turcos,
complicou aquela actividade comercial encarecendo os produtos. Había que atopar
unha rota alternativa á India circunnavegando África e ofertar as mercadorías a
prezos máis baratos. Nesa teima andaba Henrique o Navegante que se
instalara intencionadamente no Algarve: artellara un asteleiro, un observatorio
astronómico en Sagres e centralizara o comercio e as descubertas africanas na
factoría de Lagos.
Os europeos do século XV pensaban que o Cabo Bojador (Sahara occidental)
era o límite: máis alá estaba a zona tórrida e o misterio inzado de tétricas
lendas. Na época de Henrique, os éxitos nas descubertas polo Atlántico
xa eran manifestos. Conseguiu do Vaticano, con non poucas contraprestacións
económicas, a bula Romanus Pontifex (1454), pola que se lle concedía a
Portugal o monopolio sobre a costa occidental africana. Cando morre Henrique
(1460) xa todo estaba disposto para o ronsel de descubertas portuguesas que
ían chegar:
Nese ano as carabelas portuguesas xa chegaran a Serra Leona.
No 1488 Bartolomeu Días dobraría o Cabo das Tormentas (Boa
Esperanza) cara o Índico.
No 1498 Vasco da Gama chegaría -circunnavegando o continente negro-
a Caleoute (actual Kozhikode), o grande emporio do Malabar indio.
No 1494 o soberano portugués e a raíña de Castela tiveran que pactar, logo
da chegada de Colón ás illas do Caribe no 1492, o reparto do mundo
coñecido e por coñecer, pois as bulas Aetemi Regis (1481) e Inter
Caetera Divina (1493) non satisfacían as ambicións das dúas monarquías
periféricas. En Tordesillas, o 7 de Xuño de 1494 asinaron os procuradores dous
tratados con transcendentais repercusións. Preservaba para Portugal a
exploración e conquista das terras situadas ao Leste dun meridiano distante 370
leguas das illas Cabo Verde. O que hoxe conforma Brasil fora delimitado a prol
dos lusos. O Tratado de Tordesillas amosouse beneficioso para ambas
partes. Ademais neutralizaba as incursións atlánticas das demais potencias
europeas que quedaban fora de xogo.
En 1500 Alvares Cabral descubría oficialmente Brasil que fora tocado
previamente polo andaluz Vicente Yáñez Pinzón e que por mor do Tratado
de Tordesillas non puido tomar posesión.
Neste contexto aparece a III Expedición á India comandada polo
mariño galego. Xoán de Novóa, en diante, João da Nova sabía -ao regreso de Vasco da Gama- que debería facer unha
aproximación ás costas brasileiras para encarar con garantías o Cabo das
Tormentas, xa que logo os ventos alisios do Atlántico non lle permitían facelo
linealmente. A súa expedición foi de financiación mixta: coroa e banqueiros portugueses
e trasalpinos, maiormente florentinos que procuraron novas filiais naquela
Lisboa que emerxía como un grande emporio europeo no Atlántico. D. Manuel,
Tristán da Cunha, Bartolomeu Marchionni ou Bartolomeu Manhioe (florentino)
e D. Álvaro, o irmán do duque de Bragança foron os que armaron as catro
carabelas (que non naos como indican os cronistas da época e moitos
historiadores actuais) baixo mando de Xoan
da Nova.
O 9 ou 10 de marzo de 1501, João da Nova partiu como comandante da
terceira expedición portuguesa á India, liderando una pequena flota de catro
barcos financiada polo florentino Bartolomeo Marchionni e o
portugués Álvaro de Braganza. Durante esta expedición, crese
que foi o primeiro europeo en ter visto a illa
Ascensión (1501), pero no informó de ello.
Estableceron una factoría (posto
comercial) en Cananor, na costa suroccidental da India, deixando alá un factor. Os rexistros
históricos tamén acredítano como el descubridor da illa de Santa Helena o 21
de maio de 1502, na súa viaxe de regreso desde a India a Portugal, á que lle
deu o nome en honor de Helena de Constantinopla.
Illa Juan de Nova |
O mariño galego explorou nesa incursión o litoral oriental africano e logo,
no Malabar indio (actual estado de
Kerala), asentou a primeira factoría (lugar para o comercio) no mercado
secundario de Cananor. Tivo
problemas co Samorim (señor do mar)
de Calecute, co que se enfrontou
varias veces e das que sempre saíu airoso. Os islámicos establecéranse no
Malabar no século XIV. Facían de intermediarios entre o Samorim e os venecianos. Rexeitaran aos intrusos barbados naquelas
terras, xa que logo perigaba o monopolio do comercio.
João ou Xoán da Nova aínda atopou un territorio máis
relevante, que non transcendeu ao longo dos séculos por mor do que se deu en
chamar a política do sixilo e polo menosprezo manifesto de non poucos
historiadores. A Illa Taprobana, actual Sri Lanka, até hai pouco Ceilán,
foi tocada no 1501 polo mariño galego. En Colombo (a capital do país) atópase
un padrón pouco convencional co escudo de Portugal toscamente esculpido e coa
data 1501 ao seu carón, o vestixio máis antigo da presenza lusa (e galega) en
Asia.
Nesa época Xoan de Nova descubreu e bautizou en 1501 dúas illas xemelgas no
arquipélago das Illas Mauricio
chamadas illas xemelgas de Agalega.
Ate hai pouco se lle atribuía ese nome a Pedro
de Masceranhas que visitou as Illas Mauricio en 1512 e pensábase que lles
dera eses nomes de Agalega e Santa María en honor das súas dúas naves “A
verdadeira Galega” e “Santa María”.
Pódese ler nun extracto de Les Nouvelles Annales de Voyage (tomo 38,
páxina 88):
“L’Ile Galega, co artigo A Galega (a galega), leva ese nome por
que ela foi descuberta en 1501 por João de Nova, galego ao
servizo de Portugal, que comandaba unha flota destinada á India. De regreso a
Europa o mesmo navegante descubriu as Illas da Ascensión e Santa Helena.”
A armada de João ou Xoan da Nova
chegou completa a Lisboa o 12 de Setembro de 1502. Tomamos como fonte as cartas
do negociante italiano Lunardo Nardi: “...despois de dezaoito meses e
tres días de ausencia”. A carga, que non era tan avultada como reseñan os
cronistas, compúñase de pedras preciosas, tisú, laca, benxuí e de espaciaría:
moita canela que fornecera -maiormente- nos mercados de Ceilán, pementa e
xenxibre.
Aos dous meses da súa chegada apareceu en Lisboa un planisferio -mal
chamado Cantino- no que xa aparecía
Ascensión, o litoral oriental africano perfeccionado e Ceilán ben ubicada por
primeira vez na cartografía occidental.
João da Nova viu como o rei D. Manuel
lle duplicaba o soldo que tiña cando era alcaide de Lisboa polo éxito acadado.
No 1505 emprendeu outra viaxe cara a India no buque insignia da mariña
portuguesa, a nao Frol de la Mar de 400 toneis de carga. Inicialmente ía
formar tándem con Tristán da Cunha no vicerreinado da India. As viaxes
duraban case ano e medio entre ida e volta. Tristán da Cunha fora
elixido para como vicerrei e Xoán da
Nova para controlar o tráfico marítimo da zona, como capitán xeral (capitão-mor)
en oriente. Unha avitaminose súbita cegou ao
amigo do mariño galego e o tándem desfíxose, pasando a prestar servizos co primeiro vicerrei da India
portuguesa Francisco de Almeida, téndolle sido concedida polo
rei unha carta que o facultaba para ser capitán xeral (capitão-mor) da
flota da costa india si fora preciso.
Conquistaron Mombasa (na costa oriental de África,
actual Kenia) e chegaron a Cochín (na costa india, actual estado
de Kerala) o 1 de novembro, onde João da Nova enfrontouse valentemente á
frota do zamorín de Kozhikode.
Xurdeu un conflito con Almeida, que non lle concedeu o título
de capitán xeral, sino que favoreceu no seu canto ao seu propio fillo Lourenço de Almeida, volveu de regreso a Portugal.
Reproducción actual do Frol de la Mar |
Cando volvía o seu barco Frol de
la Mar tivo una fuga no casco no cabo de Boa
Esperanza y el
enfermou, decidindo esperalos monzóns na illa, desde entón, chamada illa Juan
de Nova. Alí, en 1506, atopouse co seu bo
amigo Tristão da Cunha, que ao mando dunha flota de 14
barcos ía rumbo á illa de Socotra, e
que fixo todo o posible para salvalo a el e ao seu barco, sendo reparado en
Mozambique. Xoan da Nova uniuse á
flota e seguiu á India, para non volver a Portugal de novo.
Nesta expedición navegou baixo o
mando de Afonso de Albuquerque, comandante dunha escuadra de
seis barcos, que posteriormente separouse baixo as ordes reais secretas para
atacar á illa de Ormuz (1507) (e tendo a misión secreta
de remprazar ao vicerrei Almeida como
próximo gobernador da India). Porén, João da Nova partiu tamén descontento con Albuquerque, que non accedeu a súa
carta. Más tarde, Albuquerque fixo
arrestar a João da Nova despois dun
conflito no que incluso lle tería golpeado, porque tiña a intención de navegar á
India, en contra das ordes de Albuquerque
de ir á península arábiga para recoller subministros en
preparación para a conquista de Ormuz.
Finalmente, João da Nova foi perdoado, porque era necesario e polo coraxe que
amosou no ataque contra Mascate, Omán.
João da Nova foi ferido en Ormuz,
e morreu en 1509 en Cochin, India.
Afonso de Albuquerque, a pesar do enfrontamento que tivera con il, lle
fixo grandes honores funerarios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario