O outro día tiven a desgraza de toparme cun amigo
hiperoptimista, de eses que pensan que os problemas se solucionan cunha laboura
de introspección interior, e cunha actitude positiva a toda costa. Non estiven
pronto en buscar unha escusa e fun tomar un café con el.
Aínda estaba remexendo o café cando xa me soltou o que en
China ou en Xapón a palabra crise escribíase
cos caracteres de perigo e oportunidade.
Este amigo hiperoptimista tamén é un pouco pedante.
- ¿Sabes xaponés? -pregunteille
- Non, pero eso sábeo todo o mundo –contestou cun sorriso forzado.
- Esas verbas xaponesas escríbense como sílabas ou como ideogramas? –volvín a preguntar
-Pero que dis? –O meu
examigo usou unha pobre escusa e marchou sen pagar o seu café nin o meu.
A miña
pregunta se refire a que tiña entendido que a escritura en xaponés usa dous
sistemas: un silábico (kana) e outro
ideográfico (kanji) baseado nos
caracteres chinos. Tamén se escribe xaponés con caracteres latinos (rômaji).
Os kana son dous silabarios xaponeses
chamados o hiragana e o katakana. O hiragana está baseado na caligrafía tradicional e o katakana é unha simplificación de este
último para usar nos computadores e nas máquinas de escribir.
Iso de que a palabra CRISE
en xaponés se escribe con dous carácteres, un que siñifica perigo e outro que siñifica oportunidade,
adoita a mencionarse, sobre todo na chamada LITERATURA DE AUTOAXUDA, na que nos
exhortan a ver posibilidades de medrar nas situacións de crise, ao tempo que
nos alertan a repensar as cousas novamente para non caer nas trampas e nos
perigos que nos están a guichar.
Ese tipo de literatura parte de que somos uns infelices irredentos, e pretenden cambiarnos a tipos felices a base de 'seguir o noso camiño', de 'repensarnos integralmente', e 'adaptarnos ás circunstancias', sexan estas as que sexan.
¡Manda truco cos xaponeses!, claro, como eles teñen unha
lingua que xa lles está a lembrar que a crise siñifica tamén oportunidade, non
perden o tempo como o perdemos os outros pobos do mundo, en laiarnos diante do
evidente perigo que teñen as crises para os máis humildes.
A idea gustoume, pero como lle estou a dar voltas á
filosofía do meu traballo, non quixera repetir o dos ideogramas xaponeses sen
estar certo do que estaba a falar.
Busquei na rede algún traductor de xaponés e
puxen algunhas verbas. A primeira que busquei foi a palabra CRISE, e tiven como resultado o
seguinte ideograma:
危機
Vale, obtiven dous ideogramas ou carácteres. O
primeiro pareceume a un homiño brincando sobre un feixe de
herba, e o outro, pareceume unha cruz, apoiada en tres postes, e un barullo gordo detrás.
Supuxen que un deles debe ser perigo
e outro oportunidade. E busquei a
palabra PERIGO e tiven o seguinte
resultado:
危険
O primeiro dos ideogramas coincidía, pero
aparecía un segundo ideograma que me desconcertou un tanto. Semellaba unha ‘b’ xunto
a unha nena con trenzas levando un portafolio. Para ver si me aclaraba busquei a palabra OPORTUNIDADE co seguinte
resultado:
機会
Volvín a obter outros dous ideogramas. O primeiro xa o coñecía, era o da cruz co barullo
gordo detrás, pero o outro so me producía desconcerto: Parecía unha tenda de
camping, no cume dunha montaña. Decidín traducir do xaponés ao galego usando os
traductores en liña que me ofrece a rede. O primeiro que traducín foi ese
ideograma que era común á palabra crise e oportunidade:
機 que me deu como resultado a palabra ‘Máquina’,
‘maquinación’, ‘artefacto’. Ben mirado, o que eu cualificaba como ‘barullo’
podería aludir a engrenaxes, á complicación propia de máquinas avanzadas.
Estiven reflexionando un pouco:
‘Maquina, maquinación ou artefacto’ pódese entender como algo
artificial, como algo exterior a nos, dos que non estamos moi seguros de
coñecer as súas complicacións.
O segundo ideograma que vertín
ao galego foi o do homiño brincando sobre un feixe de herba, que era o seguinte:
危, e que me ofreceu como traducción o de ‘ter medo
de’.
Por tanto, a
palabra CRISE en xaponés, poderíase traducir como mecanofobia, ou medo ás máquinas, pero sospeito que CRISE é medo a unha maquinación, a algo
exterior a nos, que non comprendemos axeitadamente, e por tanto, non sabemos
qué estratexia usar.
Eu xa estaba embalado, e
procedín a buscar o significado do seguinte ideograma:
会a súa tradución é o de ‘reunión’, o que parece coherente co aspecto de tenda de campaña na cima dun outeiro.
会a súa tradución é o de ‘reunión’, o que parece coherente co aspecto de tenda de campaña na cima dun outeiro.
Entón para OPORTUNIDADE temos os ideogramas de ‘reunión’ e ‘máquina, maquinación ou artefacto’. ¿Cómo xuntar eses conceptos?
Unha máquina é un conxunto de pezas qué so, montados ou armados (reunidos) dun
xeito determinado, funcionan eficientemente. Pero esas dúas ideas (reunión e
máquinas) trae á idea un conxunto de máquinas traballando de xeito coordinado. Unha maquinación é tamén unha conspiración,
de varias persoas que se reúnen, encamiñados a un resultado.
Por tanto, a
palabra oportunidade en xaponés,
poderíase traducir como unha máquina complexa traballando eficientemente, ou varias
persoas distintas traballando coordinadamente e dirixidos a un fin.
Para ‘perigo’ tiña en xaponés unha palabra
formada por dous ideogramas:
危険
O primeiro ideograma xa o vertera ao galego e dera como resultado ‘ter medo de’, e o segundo (ese que parece unha ‘b’ xunto a unha nena con trenzas levando un portafolio) ten como tradución
険, empinada, dificultosa ou traballosa
Por tanto, cando nos lemos ‘PERIGO, pensamos en algo que nos ven de afora, e en cambio, cando os orientais ven a palabra ‘perigo’ o que pensan é que é unha situación na que ‘teñen medo dunha situación complicada ou traballosa’. Isto é, como o noso ‘perigo’ sempre é externo, non sabemos qué facer con el, pero eles son conscentes de que o único perigo realmente existente, reside na nosa mente, reside nos nosos medos, e o máis perigoso do mundo é ter medo dunha situación traballosa, como case que todas as da nosa vida.
E así mesmo, nos pensamos que
nos estamos en ‘CRISE’, que o país está en CRISE, que a nosa parella
está en CRISE... e a CRISE sempre é algo do que temos claro que non é a nosa culpa
nin a nosa responsabilidade, senón algo alleo, e que nos impoñen.
En cambio os
xaponeses vea a palabra CRISE e
pensan nun proceso do que aínda non teñen todos os datos, e que por tanto non
comprenden na súa plenitude para combatela.
E respecto á ‘OPORTUNIDADE’,
os occidentais tendemos a pensar que é un achádego, algo positivo co que nos
atopamos no noso camiño por casualidade, como quén atopa unha moeda, ou un
anel.
Para os xaponeses ‘OPORTUNIDADE’,
é unha situación de colaborar entre varios nun traballo en particular, cada un
cunha función distinta, e todos co mesmo obxectivo.
¡Dios, qué listos son!
No hay comentarios:
Publicar un comentario