Facémonos vellos. Europa envellece, e Galiza aínda máis, e máis depresa. Cada vez temos menos fillos e cada vez vivimos máis. Si se mantén a actual tendencia España será a segunda poboación máis envellecida do mundo no 2050. Esta realidade pódese paliar coa chegada de inmigrantes que virán si, e solo sí, a coxuntura económica sexa favorable (e non o é dende 2008), e si se lle ofrece un entorno agradable e con incentivos para traballar e desenvolver a súa vida, pero a tendencia dos gobernos do PP e do PSOE é espoliar aos cidadán, a base de impostos, para manter o status quo da clase política, sen proceder ás reformas do Sector Público tan necesarias e imprescindibles (simplificación administrativa, menos intervencionismo, adelgazamento da Admininistración...)
Dado que as
pensións van a depender a poboación activa existente en cada momento, compre
botarlle un ollo á pirámide de poboación de España no ano 1995, 2005 2030 e
2050.
Está
sinalado de cor violeta oscuro a poboación non activa, nenos e mozos
hasta 25 anos, e persoas de máis de 65 anos. En violeta claro a franxa de idade
de 60 a 64 anos, dado que temos que lembrar que a pensión media en España está
en 63 anos (dado que se inclúen xubilados anticipados, e persoas que acceden á
unha pensión de invalidez). Así mesmo, a incorporación ao mercado laboral vense
facendo nunha media de 25 anos. A poboación activa, en disposición de traballar
son as franxas de idade dende o 25 anos hasta os 60-65 anos.
Si prestamos
a nosa atención na pirámide de 2005, que coas correspondentes modificación pode
ser tamén a de 2013, vemos que o groso da poboación está na franxa da idade que
pode traballar. Neste caso non debería haber ningún tipo de déficit da
seguridade social, dado que existe unha poboación activa moi numerosa, e anque
a poboación pasiva sexa crecente, aínda son moitos menos. Esquecemos que existe
un desemprego do 20-25%, desemprego moito maior que as economías máis desenvolvidas
do noso entorno e que é debido a varios factores:
- · Moi alto nivel impositivo, entre as que destacan o imposto ao traballo que son as cotizacións sociais.
- · En España estamos a pagar a enerxía máis cara de Europa.
- · A voracidade do sector público e da débeda pública que chega nos Orzamentos do Estado para 2014 case ao 100% do PIB.
Pois ben, no
sistema non están entrando novos cotizantes debido ao desemprego que está a
sufrir a poboación comprendida nesas franxas de idade. Tamén temos que ter en
conta a porcentaxe de poboación con algún tipo de invalidez.
Nas
pirámides poboaciónais previstas para os anos 2030 e 2050 vemos que disminúe a
poboación que nas franxas de idade da poboación activa, aproximándose nos anos
2030 como unha enorme vaga xa as idades de xubilación, e que corresponden co
Baby Boom dos anos 60 e 70.
Tamén
sorprende é que a poboación de menos de 10 anos é moi reducida. Pero o que máis
sorprende é a magnitude da poboación que terá máis de 60 anos, que serán
demandantes de prestacións de xubilación, que deberán ser pagadas polas franxas
de idade da poboación activa, que serán progresivamente menos, adoptando a
pirámide a forma de Pirámide inversa.
E as tres
franxas nas que hai máis poboación son as correspondentes de 24 a 34 anos. Por
tanto, dentro de 20-30 anos, teremos a esas franxas tan poboadas como
solicitantes de prestacións de xubilación, que deberán ser pagadas polas
franxas de idade que hoxe teñen menos de 10 anos. ¡E son moi poucos!, e os
maiores de 60 anos serán –seremos- moitísimo.
O sistema de
pensións da Seguridade Social é un sistema piramidal esquema Ponzi, que
é, en esencia, errado, dado que parte de presupostos que non son certos, que
son MENTIRA e son os seguintes:
- · A economía medrará sempre,
- · O número de novos cotizantes sempre aumentará
- · Podemos desvencellar a evolución das cotizacións do importe das pensións.
¿estas premisas son cridas polos que defenden o
actual sistema de reparto?
Pois ben, si a conclusión é que nin eles
acreditan nesas premisas, pero as seguen a repetir, estamos diante unha FALACIA, isto é, diante unha
ESTAFA.
Un
sistema de Pensións como o que existe actualmente en España chámaselle Sistema
de Reparto, dado que parte da premisa de que coas cotizacións obrigatorias
que se lle impoñen aos traballadores e as empresas, páganse as pensións
existentes no momento da recaudación.
Nos
propoñemos a instauración en España dun sistema de Pensións chamado Sistema
de Capitalización, na que as cotizacións obrigatorias impostas aos
traballadores e as empresas deposítase nun Fondo individual propiedade do
traballador no que se vai xerando xuros, e que ao final da súa vida é adicado a
pagar a pensión do traballador titular, e no caso de que non o gaste, pasaría
para os seus herdeiros como unha parte máis da súa herdanza. Entendemos que un
sistema de Capitalización de Pensións podería darlle aos pensionistas unha
Pensión moito máis alta da que perciben actualmente, e supoñer unha menor carga
para o Estado.
No seguinte apartado imos comparar ambos Sistemas
de Pensións.
Criterios para evaluir un sistema de Pensións.
Calquer sistema de Pensións, ten que responder ás
seguintes cuestións:
1.- ¿É viable e sostible no tempo o Sistema de Reparto de Pensións?
Temos un sistema de Reparto de Pensións, que antes de cualificar como xusto
ou inxusto, e eficiente ou ineficiente, temos que determinar si é viable e
sostible no tempo.
Calquera persoa que estude obxectivamente os datos sen anteollos
ideolóxicos, e intentando ser honesto chega á conclusión de que o sistema de Reparto
de Pensións español está abocado a quebrar.
Usando as proxeccións máis recentes de poboación, e incorporando supostos
realistas da evolución de parámetros macroeconómicos cruciais, tales como o
crecemento do emprego, do Produto Interno Bruto e das remuneracións reais,
chegase á inequívoca conclusión de que o sistema actual non é viable no medio
prazo, mantendo as regras que hoxe ten, en particular as de cotizacións e
contía das pensións.
O réxime de reparto logrou manter un precario equilibrio financeiro nos
últimos anos, durante os anos de expansión económica explicado en gran parte
polo siñificativo incremento que rexistraron as cotizacións correspondentes aos
afiliados activos, e tamén por un maior aporte estatal ao sistema. O primeiro
responde a maiores taxas de cotización e a suba dos salarios, mentres que o
segundo debese a maiores desembolsos que afrontou o fisco español como
cotización dos desempregados e aporte para complementar aquelas pensións que
están por debaixo dos mínimos garantidos. É claro que as taxas de cotización
non poden seguir medrando.
Ademais, os salarios máis altos dos últimos anos
transformaranse inevitabelmente (se as normas existentes son mantidas) en
pensións máis elevadas no futuro, que o réxime de reparto non poderá asumir. A
posibilidade de incrementar a achega do Estado permanentemente ao sistema
parece altamente improbable, dada a montaña de débeda pública española e o
elevado déficit fiscal que é rexistrado hoxe.
O déficit do sistema de pensións medrará
exponencialmente nos próximos anos para chegar a ser de 5,5 millóns de pesetas
(do ano 1994) no ano 2025, isto é, un 37% do gasto en pensións ese ano.
O feito inmutable e que condena a quebra, a
partir dunha perspectiva económica (incapacidade para cubrir os beneficios
prometidos a partir dos seus propios recursos), ao sistema de reparto en España
é a tendencia demográfica. O descenso da taxa de natalidade e o
progresivo envellecemento da poboación, fará que cada vez sexa menor a
proporción de traballadores activos e xubilados. Como, nun sistema de reparto,
os primeiros financian as pensións dos segundos, a carga vaise facer
insostible. Se continúa a aumentar o imposto sobre a contratación dos
traballadores, que iso significan as altas taxas de cotización da Seguridade Social,
o paro causado vai ser aínda maior.
O sistema actual fai que sexa imposible escapar
dese dilema: ou aumento do paro ou menores pensións para os xubilados actuais e
futuros.
Manter o sistema actual significa que España
necesita adquirir renda adicional sobre os actuais (10,25% do PIB en 2012),
e a pregunta é: ¿De onde quitaremos estas rendas adicionais?, ¿Subiremos máis
os Impostos e contribucións sociais? ¿Será que imos atopar novas fontes de
ingresos para manter o noso réxime de reparto da seguridade social? ¿Pozos de petróleo
non descubertos aínda?
Poñendo cancelas no mar.
Obviamente pódense facer axustes no sistema
actual, na liña dos acordos dos chamados "Pactos de Toledo",
que significa sempre maiores cotizacións dos actuais traballadores e pensións
máis baixas para os futuros xubilados, como unha forma de reducir este déficit.
Con todo, outros estudos conclúen que ningunha das modificacións que foron
prantexadas, por si só, pode eliminar o déficit, e moito menos reverter a súa
tendencia. Só se pode temperar a súa tendencia ascendente.
Porque todos os estudos independentes conclúen
que os Pactos de Toledo son só un paliativo á crise do sistema. o non elimina o
enorme déficit que se vai a producir no sistema de pensións do Estado, só o
atenúa por un período. Pero, en poucos anos, terá que haber un segundo Pacto de
Toledo. E despois moitos outros.
Debe quedar claro que este Pacto consiste
principalmente no mantemento do sistema de reparto e reducir aos beneficios
para os futuros xubilados por medio de cambiar a súa fórmula para o cálculo da
pensión e xubilación e incrementarlles a idades de retiro.
As persoas teñen que ser conscentes de que poñer
as pensións en relación a evolución económica, é poñer un parche ao sistema ,
pero non está a facelo viable, e ao tempo, o sistema volvese un estado de
“inseguridade social”, xa que os traballadores non saben cal serán as
retalladas no cálculo da súa pensión que os lexisladores irán decidindo para
atrasar crises sucesivas.
No marco dos chamados “Pactos de Toledo”, e
debido a unha situación excepcional de superavit e para garantir a viabilidade
do sistema de pensións español, pensouse en ¡realizar aportacións! dende os
Orzamentos xerais do Estado para (1) amortizar o déficit que viña arrastrando o
sistema da Seguridade Social e (2) crear un Fondo de Reserva para
garantir a “viabilidade do sistema”.
Este Fondo de Reserva foi creado cos
superavit acadados dende 1999, ata 2011 , cando alcanzou un total acumulado de 66.800
millóns de euros, e que, a pesar das declaracións triunfantes dos políticos
non daría para só un ano de pagamento aos pensionistas.
Desde entón, o Fondo de Reserva comezou a
diminuír debido ao déficit ven soportando España en 2012 e 2013, pero, ademais
, o Fondo está ameazado pola decisión do Goberno de usar este Fondo de Reserva
para mercar débeda pública do goberno español para agochar o déficit do Estado.
De feito, hoxe día 1 de outubro de 2013 lemos nos periódicos que no mes de xuño
de 2013 usáronse 4.500 millóns de euros do Fondo de reserva para pagar as
pensións, e que agora no último trimestre de 2013 usaranse outros 6.148 millóns
de euros polo mesmo motivo. Hoxe dos 66.800 millóns de euros de 2011,
pasamos a 59.385 millóns en 2013.
A composición dos investimentos do Fondo era en
2007 a seguinte: 50% en débeda pública española e 50% en débeda pública de
países europeos, pero , desde entón, vendeu case todos os seus activos en
débeda externa e investiu en débeda do goberno español, cuxo porcentaxe
é hoxe do 97%. Hoxe, a posibilidade dun rescate España parece máis
afastada do que 12 meses, pero non é unha posibilidade pouco probable, e, no
caso dun rescate, significaría que o Fondo de Reserva, de tanta sona, sufriría
unha quita semellante á quita que lle están facendo á débeda pública grega.
Por mor desa decisión política de investir en
débeda pública española, a evolución da rendabilidade do Fondo de Reserva tamén
sufriu unha evolución negativa. A taxa media de rendabilidade é como segue:
2000
|
4,78%
|
2001
|
4,32%
|
2002
|
3,27%
|
2003
|
2,31%
|
2004
|
2,02%
|
2005
|
2,02%
|
2006
|
2,27%
|
2007
|
3,79%
|
2008
|
3,79%
|
2009
|
0,64%
|
2010
|
0,36%
|
2011
|
0,80%
|
2012
|
0,19%
|
Se hoxe
tiveramos que acudir ao Fondo de Reserva, teríamos que “vender” os activos no
mercado internacional. O 97% é
Débeda Pública española ... Quen a mercaría?
Inevitablemente,
si se mantén este sistema, o cobro das pensións futuras será cada vez máis
restrictivo, e todo tenderá a que a pensión sexa máis cativa.
España gasta máis do 35,9% do PIB no seu modelo de
pensións de reparto. En
concreto e cos números dos Orzamentos Xerais do Estado para 2014, o gasto en
pensións será de 127.483 millóns de
Euros. Lembremos que o Fondo de Reserva está limitado hoxe a 59.385 millóns en 2013:
Non daría nin para pagar 6 meses das pensións.
Mirando cara
atrás, vemos que o sistema tende a ser xestionado de xeito pouco responsábel:
entre 2001 e 2011 , cunha inflación acumulada do 30%, a contía das prestacións
aumentaron un 63%, mentres que o número de xubilados creceu só 7%. Mirando cara
diante, a situación non é esperanzadora: os gobernos Zapatero e Rajoy foron
obrigados a recoñecer que o modelo é insostible sen atrasar a idade de
xubilación e sen reducir a contía das pensións.
2 -. É viable e sostible ao longo do tempo o sistema de
Capitalización de Pensións?
O Sistema de
Capitalización de Pensións consiste en aforrar das achegas para continxencias
comúns para cada traballador, poñéndoo ao seu nome nun Fondo individual, e que
será administrado por Xestores de Fondos de recoñecida solvencia e acreditados.
O Capital ou renda que o traballador terá o fin da súa vida útil ten a súa
orixe nas:
• As achegas
obrigatorias realizadas ao longo da súa vida, pola empresa ou polo empregado.
• As achegas
voluntarias feitas ao longo da súa vida.
• Os xuros
xerados sobre o tempo de capitalización dos valores anteriormente, e os xuros
xerados polo mecanismo do xuro composto.
Polo tanto, estamos a falar de Fondos reais e existentes, e non de valores futuros que dependan de ingresos futuros, que, a súa vez, dependan da evolución futura da economía e do emprego.
3 -. ¿Que influencia e impacto ten na sociedade o sistema
de Reparto de pensións?
O sistema de
Reparto empeora a competitividade das nosas empresas, dado que o sobre custe
que sofre o traballo –vía cotizacións- tense que compensar con salarios máis baixos
dos traballadores, para equilibrar o valor de produtos de outros países que non
padecen un custe tal elevado na súa forza de traballo. O sistema de Reparto do
sistema de pensións é un custo inasumibel para os traballadores e para a
economía do Estado. As consecuencias do actual sistema de reparto son:
As Pensións serán progresivamente máis reducidas. A contía media das Pensións necesariamente será menor a
medida que se vai saturando o sistema, que dependen exclusivamente das
cotizacións existente no momento do seu pagamento, e debido a que o medre do
número de contribuíntes é inferior ao medre do número de xubilados , e tamén a
taxa de crecemento dos salarios é o teito dun posible aumento das pensións nun
sistema de reparto maduro.
Prexudica ao emprego. O sistema de reparto é financiado polas achegas
existentes en cada momento e son percibidas como un imposto sobre a
contratación, e esixen moi alta taxa de contribución (continxencias comúns só
28,3 %, e a taxa de contribución total sobre 40%). Distorsiona o mercado de
traballo e dificulta a creación de emprego.
Prexudica o aforro e causa máis dependencia dos malvados
mercados financieiros internacionais. Cunha taxa de impostos tan alto, o aforro non é posible,
e, polo tanto para calquera préstamo que precisen os individuos e as empresas
deben acudir ao mercado financeiro externo, que descoñece máis e é máis
desconfiado do mercado interior.
Aumenta o poder do Estado na economía e na sociedade. O Estado controla a prestación de pensións e centraliza
todas as contribucións e impostos , decide no que se inviste, coa carga de
ineficiencia e egoísmo que comporta , e tamén é un medio fantástico de
controlar a sociedade civil.
Prexudica a produtividade do capital. Ao non haber aforro, e precisando máis capital para
satisfacer as necesidades de financiamento e de funcionamento do Estado, o nivo
de impostos vai aumentar, e de toda a débeda da sociedade será
predominantemente Débeda Pública e non Débeda Privada para financiar obxectivos
de investimento e as necesidades dos cidadáns.
Converte o
sistema de pensións nun sistema
clientelar de caciquismo. As Pensións dependen de decisións legais,
aumentando a incerteza dos actuais e futuros pensionistas dando lugar a
condutas irresponsábeis e facendo das pensións un tema de debate en curso.
4-. Que influencia e impacto ten na sociedade o Sistema
de Capitalización de Pensions?
Aumenta as pensións. As pensións son máis elevadas, xa que dependen de
diñeiro aforrado ao longo da vida de traballo , maís os xuros xerados por esas
cantidades. Ademais, a rendibilidade dunha carteira de investimentos dun
sistema de capitalización privado será certamente maior que a taxa de
crecemento dos salarios nun período de 40 anos.
Aumentar o emprego. Un sistema de capitalización que é financiado polo
aforro obrigatorio dos traballadores, é percibido como propiedade individual
non como un imposto sobre a contratación de traballo. Ademais, o sistema pode
operar cunha taxa de aforro obrigatoria ben por baixo da taxa de contribucións
esixen que o sistema de reparto. Polo tanto, eliminase unha distorsión no
mercado de traballo que dificulta a creación de emprego.
Aumenta o aforro. Ao impoñerse unha taxa mínima de aforro e ao crearse
incentivos para o aforro adicional e voluntario é altamente probable que o
resultado sexa un aumento do aforro nacional, sobre todo se o Estado colabora
reducindo gastos innecesarios como unha contribución ao financiamento da
transición.
Mellorar a produtividade do capital. Ao asignarse este aforro a través de mercados de capitais
competitivos e transparentes sen ningunha obriga de adicalos a financiar o
gasto público ou o Déficit Público, mellora a eficiencia do proceso aforro
-investimento na economía.
Potencia a taxa de crecemento do PIB, debido ao aumento do aforro e do emprego e ao aumento
da produtividade do traballo e do capital.
Reduce o poder do Estado na economía. Ao traspasar ao sector privado o control dos recursos
asociados á provisión de pensións, a reforma implica unha xigantesca
descentralización do poder dende o Estado para a sociedade civil.
Despolitiza o sistema de pensións. Como o nivo da contía das pensións xa non depende de
decisións legais, a cuestión deixa de ser un problema permanente na discusión
política , eliminando as incertezas do actual e futuros pensionistas.
Estimula unha cultura de traballo estimulador do aforro e
disciplina a xestión económica pública. Como os traballadores poden proxectar a súa vida de
xubilación como a prefiran (idade de retiro e contía da pensión de xubilación),
o que estimula o aforro e o esforzo persoal como factores decisivos para acadar
obxectivos persoais para a vellez. Ademais, o vínculo que se crea entre o valor
da conta individual e o bo funcionamento da economía , fai que os traballadores
se impliquen na boa condución dos negocios e da economía.
5 -. ¿É o sistema sistema de reparto de pensións un
sistema xusto?
Non é un sistema xusto. Xustiza é dar a cada un o seu e o retorno da pensión
está baseada na decisión política, e non en base ás achegas efectivas
realizadas polos traballadores. E a decisión dos políticos baséase na
rendabilidade política a través da promoción de decisións irresponsábeis e
populistas, segundo a lóxica perversa do sistema é para prexudicar a gran
maioría dos contribuíntes para favorecer os xubilados que no border line do
sistema: os que non contribuíron abondo , e os privilexiados polo poder
político: Diputados e Senadores que aceden á pensión máximo con so 7 anos,
sacerdotes e relixiosos que o acceden ao sistema sen cumprir a esixencia do
tempo de cotización, os ferroviarios, e os mineiros, que poden xubilarse aos 55
anos, o persoal de voo, toureiros , artistas, persoal Estatutario da seguridade
social , traballadores marítimos, membros da policía vasca...
O pecado
orixinal do sistema reparto é que non hai unha conexión directa entre o esforzo
do aforro, e a pensión que se obtén por ese esforzo.
Este sistema
é un sistema inxusto , profundamente inxusto, no que os políticos poden
capitalizar os cartos alleos, cun único criterio de busca da súa vantaxe
política, e iso pasa por maltratar os que pagan, e beneficiar a certos
colectivos coa falsa escusa de solidariedade.
Pero anque
non houbera grupos privilexiados (e por tanto, todos os demáis prexudicados)
seguiría sendo un sistema inxusto,
dado que é atribuírlle á carga das pensións (da poboación que percibe pensións)
ás xeneracións activas que están realizando cotizacións, e iso, con
independencia de que sexan máis ou non, e cunhas contías fixadas pola
xeneración anterior, e non pola xeneración que está efectivamente pagando as
pensións.
6- ¿E o sistema de Capitalización de pensións un sistema xusto?
A Xustiza,
segundo a antiga definición do dereito romano, é a arte de dar a cada un o seu.
Neste sentido , o réxime de capitalización é absolutamente xusto, no sentido de
que se beneficia a todos os traballadores do mesmo xeito, pois establece unha
conexión directa entre o esforzo de aforro para a xubilación e a pensión que
obtén a partir deste esforzo.
A xustiza non é dar a cada un según a súa necesidade, como pretenden algunhas teorías marxistas , xa que
ignora o feito evidente de que calquera ben ou servizo ten un custo , e debe
ser pagado por alguén nalgún momento. O Sistema de capitalización é
perfectamente compatible cunha rede asistencial que protexa aos cidadáns máis
vulnerables da sociedade, pero esta protección pública debe ser independente do
sistema de capitalización, e a súa fonte de financiamento deben ser os
orzamentos públicos, e na cantidade e na extensión que decidan en cada momento
os cidadáns, xa que non é xusto ou ético asignar a unha futura xeración un
gasto que queremos facer neste momento.
7 - ¿É o Sistema de reparto un Sistema de solidario?
Este é un
dos activos que se lle presupoñen ao Sistema de Reparto. Este sistema pretende
dotar dunha Pensión axeitada (chámase no falaz linguaxe como pensión digna),
independentemente do esforzo aforrados que fixera ao longo da súa vida. Están
establecidas medidas como “Valor mínimo
das pensións”, ou as Pensións Non Contributivas . O problema con estas
medidas sociais é que misturan Prestacións que deberían ser estrictamente
retributivas , con outras que responden a outra lóxica como é a asistencial,
coa consecuencia de que ninguén sabe qué porcentaxe da súa pensión débese ao
seu esforzo, ou qué porcentaxe se debe ao esforzo de todos –Vía Orzamento.
¿Porque é un
sistema tan opaco? Para evitar o risco de que a xente, os cidadáns sexan
conscentes do que pagaron no sistema, e do que reciben a cambio, e mantelos na
crenza de que lle “deben” a súa pensión aos políticos.
8-. ¿É o sistema de capitalización un sistema solidario?
O sistema de
capitalización que non ten que ser solidario. Ten que ser xusto, claro e
transparente. Porén, é perfectamente compatible cun sistema de Prestacións
sociais para os cidadáns máis vulnerables que non foron quén de aforrar. A gran
vantaxe é que quedará perfectamente demarcada qué cantidade corresponde aos
impostos que pagamos todos e qué cantidade corresponde ao propio aforro
persoal, sen que se lle poida mentir aos cidadáns.
Con esta
limitación , o sistema proposto podería basearse en tres Piares:
Piar contributivo Obrigatorio: A afiliación e cotización a este piar é obrigatoria
para os traballadores dependentes (réxime xeral) e os autónomos (réxime
autónomos) cotizando a unha taxa sempre inferior á actualmente vixente do 28,3
%.
Piar Voluntario: O Piar Voluntario ofrece alternativas de aforro
adicional á contribución obrigatoria, onde os traballadores dependentes e
independentes poden aforrar sobre o xa cotizado que lle permitan mellorar
supostos futuros da súa vida como pensionista, como a idade de xubilación ou
aumentar a cantidade da súa pensión.
Piar Solidario: O Piar solidario componse de aquelas Prestacións que puideran establecerse e que coñecemos
como Prestacións non contributivas, así como aqueles Complementos de contía
mínima, e que deberían financiarse exclusivamente a cargo dos Orzamentos das
Comunidades Autónomas.
9 -. Cal é a relación prezo -retorno no sistema de
reparto ?
A pensión
media en 2012 foi de 950 euros,
aínda que as contribucións á Seguridade Social son realizadas en torno a 28,3 % dos salarios dos traballadores.
Para ter
dereito a unha pensión de 950 euros , teríamos que cotizar a unha base de 950
(actualizada) por 35 anos. É dicir, teríamos que ter cotizado: (35 X 12 X 950 )
X 28,30 % = 112,917 euros.
O sistema
afronta un problema de sostibilidade fiscal e non consegue garantir unha
xubilación digna para os nosos maiores.
10 -. Cal é a relación prezo -retorno do sistema de
capitalización ?
No sistema
de Capitalización son feitas contribucións a un Fondo de Aforro que, á súa vez
, increméntase cos xuros xerados polo propio capital aportado. En Chile, que é
o país pioneiro no Sistema de Capitalización obtivo un retorno medio dun 9% tras a inflación, e, nese caso, a
pensión media en España sería 2.500 €
mensuais. Mesmo partindo dun
resultado de 50 % inferior , teríamos unha pensión media de 1.250 € por mes que
sería moito maior que a pensión media de 950 € que obteñen hoxe co Sistema de
reparto.
Un
mileurista cun salario mensual de 1.000 euros estará cotizando á Seguridade
Social a uns 3.396 euros anuais
(exclusivamente por continxencias comúns). Os Mercados bursátiles mundiais
deron entre 1900 e 2010, unha rendabilidade media real (descontada a inflación)
do 5,4%, e sen contar con
posibilidades de investimento máis eficiente. Capitalizando esta pensión anual
durante 38 anos cun xuro medio do 5,4% tería acumulado un patrimonio de 450.000
euros, ou unha pensión mensual de 1.500 euros mensuais.
Para poñer
de manifesto o irracional do sistema de pensións español debemos describilo
anque sexa someramente, pero iso será obxecto dunha seguinte entrega.
Mientras tengamos un sistema de complementos a mínimos y prestaciones no contributivas para quienes trabajan/han trabajado sin cotizar a la Seguridad Social (y, por ende, sin pagar impuestos), la cuenta no sale.
ResponderEliminarComo sabes, con frecuencia vemos en el despacho a trabajadores que tras cotizar largo tiempo llegan a la conclusión de que apenas cobran un poco más que quien nunca cotizó, por no hablar de quien tiene la desgracia de ser declarado en IP Total a los sesenta y pico y ve injustamente reducida su expectativa económica de jubilación.
El problema es que estas medidas (no contributiva, complementos a mínimos) tienen una finalidad cuando surgen con un sistema de seguridad social obligatoria recién nacido, pero hoy día carecen de sentido, aunque solventen situaciones individuales dramáticas.
Si no hay opción de no contributivas, el empresario no podrá contratar en negro sistemáticamente, porque no tendrá candidatos. El trabajador no querrá trabajar sin alta en Seguridad Social si sabe que su jubilación después será NADA.
Sí al sistema de capitalización.
Buen artículo.
Un abrazo.
Muchas gracias Caminante. En una próxima entrega trataré del sistema de cálculo de pensiones en España, y de la gran objección que se hace al Sistema de Capitalización: ¿Cómo hacer la transición? Es decir, ¿qué hacemos con las personas que han cotizado una serie de años al Sistema de reparto, y como se les reconoce el esfuerzo que han hecho?
EliminarMuchas gracias Caminante. En una próxima entrega trataré del sistema de cálculo de pensiones en España, y de la gran objección que se hace al Sistema de Capitalización: ¿Cómo hacer la transición? Es decir, ¿qué hacemos con las personas que han cotizado una serie de años al Sistema de reparto, y como se les reconoce el esfuerzo que han hecho?
Eliminar