Hai moitísimo tempo nunhas prácticas que os entón estudantes de dereito fixemos nos antigos Xulgados de Santiago a propósito de delitos económicos, explicáronnos diversas modalidades da Estafa. A meirande parte das estafas consiste en ofrecerlle á ‘vítima’ un beneficio económico sen tino, si realiza antes un investimento previo. Así funciona o timo do ‘tocomocho’, ou as estafas piramidais. Alguén preguntou con inocencia si a solución non sería ensinarlle aos cidadáns as artimañas dos estafadores para que estiveran previdos. “É inútil” dixo o Xuíz, “a cobiza das futuras vítimas é sempre superior á súa prudencia.”
A estafa piramidal consiste nun esquema de negocios na
que os participantes buscan a máis clientes co obxectivo de que os novos
participantes xeren beneficios aos participantes máis antigos. Estas pirámides
son consideradas estafas ou timos e coñeceuse como timos en pirámide, cédulas da abundancia ou Esquemas Ponzi.
O risco nun esquema piramidal é que funciona en canto
existan novos participantes en cantidade suficiente. Cando a poboación de
posíbeis participantes se satura, os beneficios dos participantes orixinais
disminúen e moitos partícipantes terminan sen beneficio algún tras ter
financiado as ganancias dos primeiros participantes.
Charles Ponzi foi un inmigrante italiano en USA que nos
anos 20 conseguiu enganar a miles de norteamericanos prometendo retornos
trimestrais do 50% investindo en selos, cando a remuneración media das contas
bancarias era do 5%. Aínda que inicialmente mercou selos internacionais,
deseguida comezou a usar o fluxo das cantidades que captaba polos novos
investidores para pagar o principal e os xuros prometidos aos máis vellos.
Acabou na cadea, despois expulsado do país e morreu na pobreza.
O Esquema Ponzi é ilegal en moitos países, como en
España, que na Lei de Ordeación do Comercio minorista fai referencia á venta
piramidal. Hai dúas modalidades do Esquema Ponzi.
Unha é a modalidade de “pirámide aberta”, na que os participante coñecen a estrutura do
negocio, e por tanto non deberían considerarse enganados, pero a súa inxenuidade,
o seu descoñecemento do concepto de saturación de mercado ou a súa cobiza xunto
coa esperanza de estar no cume da pirámide fainos participar.
A modalidade máis grave é a “pirámide pechada”, que é claramente delictuosa. Nela unha persoa ou institución
presentase como un mediador de inversións non claramente explicadas, polas que
capta investimentos coa promesa dun grandísimo retorno, e que en principio si
se produce ese retorno, provocando o ‘interés’ do mercado, pero que, na realidade
úsanse os aportes dos partícipes que entraron despois para devolver os
primeiros aportes, e os xuros prometidos. Evidentemente o ‘investimento’ dos
partícipes tardíos está supeditada á entrada de novos participantes hasta que
se satura ou colapsa dito mercado.
Como exemplos temos a Bernard Madoff,
acusado e condenado en 2008 por unha estafa multimillonaria, que se agochaba
por supostos investimentos extremadamente brillantes (e falsos), cando o
esquema era idéntico: utilizar os cartos dos novos investidores para pagar os
xuros dos máis antigos.
O primeiro exemplo histórico de fraude piramidal
deuse en España, no último terzo do século XIX: Baldomera Larra filla de Mariano José de Larra montou o que hoxe se coñecería como un
‘chiringuito’ financeiro, operando á vista de todos e pagando un 30% mensual,
cos cartos que lle daban os novos impositores. En decembre de 1876 incapaz de
pagar os xuros prometidos desapareceu con todos os cartos que puido, anque dous
anos máis tarde foi detida en Francia e condenada a seis anos de prisión, que
non cumpriu integramente dado que houbo moitas voces, que clamaban pola
clemencia.
Unha variante moi popular en España son as
coñecidas como células da abundancia que eran un Sistema baseado na solidariedade entre
as persoas, que prometían altos rendementos. Cando a argucia se desmontou, os
que cobraran desapareceron deixando a miles de persoas sen os seus cartos.
Outros casos de similares características en España
foron Sofico (1974), Fidecaya (1982), Gescartera (2001) e Finanzas Forex.com (2009), pero a de maior repercusión foi a chamada
"estafa filatélica": de Fórum Filatélico e Afinsa, acusadas de estafa que deixou
sen aforros a máis de 465.000 clientes e que causou un burato patrimonial
superior aos 4.666 millóns de euros. As empresas vendían selos sobrevalorados a
persoas incautas e logo os recompraban por unha cantidade algo superior a nome
de novos investidores.
A Estafa é utilizar engano dabondo para producir
erro en outro, inducíndoo a realizar un acto de disposición en prexuízo propio
ou alleo (Art. 248 CP).
Podese discutir no marco dun proceso penal cando
existe Engano dabondo, e cando este
pode producir erro en outro. Pódese
discutir si os que aceptaban xuros 2 ou 3 veces superiores aos normais do
mercado de Fórum Filatélico, ou de Afinsa (ou das ‘preferentes’ en entidades
bancarias) eran ou non conscientes do irregular
deses produtos, e dos riscos que conlevaban. Todos podemos ser vítimas do falabarato
que co seu carromato vende a berros botellas cun líquido que cheira a augardente
na praza do lugar, dicindo que o cura todo, que sana todo tipo de enfermidades,
e que soluciona problemas de amores. Pero despois de ter mercado varias veces a
varios supostos doctores, botellas que cheiran a augardente pero no curan nada,
¿temos dereito a dicir que nos enganaron e a pedir que o Estado nos protexa nos
nosos dereitos como consumidores?
Case todo se pode discutir, pero o que nunca se pode
poñer en dúbida é que diante un caso de Estafa Piramidal estamos precisamente
ante iso, nunha estafa, e anque os promotores de tal estafa tiveran a inmensísima
inocencia de que o seu comportamento foi de boa fe, no debería haber dúbida de
que o Esquema de Ponzi es inviable, enganoso, e fraudulento, e quen o denuncia
so merece o noso recoñecemento dado que amosa un engano do que non nos decatábamos.
Pois non.
Coñezo un caso que responde fielmente ao Esquema de Ponzi, na que os estafados defenden ao Estafador, e que se enfadan e agreden aos que denuncian que estamos diante dunha Estafa Piramidal, pero a súa descrición será obxecto dunha segunda parte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario