martes, 17 de noviembre de 2009

Responsabilidade social empresarial

Unha tendencia que está penetrando cada vez con máis forza no ámbito da empresa privada é o da responsabilidade social, que ten como obxectivo que as empresas e organizacións asuman un compromiso coa sociedade civil que vaia máis lonxe dos seus obxectivos concretos ou a xeración de beneficios.

A Responsabilidade Social Empresarial (RSE) pode definirse como un compromiso entre o sector empresarial e a sociedade civil para crear unha instancia de cooperación que permita mellorar as condicións de vida tanto dos seus traballadores como do resto da poboación. Tamén se pode definir como aqueles comportamentos empresariais que contribúan ao desenvolvimento humano sostible, a traveso do compromiso e confianza cos seus empregados e familiar, a sociedade en xeral e a comunidade local en pos de mellorar o seu capital social e calidade de vida.

Así, unha empresa socialmente responsable é a que se preocupa de, por exemplo, crear un bo clima laboral interno, manter transparencia cos seus investidores, cumprir con todas as leis laborais, coidar a relación cos seus provedores, conservar limpo o medioambiente e (especialmente no caso das empresas públicas) manter unha boa relación cos cidadáns. A idea é que unha empresa privada non teña como única meta o posicionarse no mercado e xerar ganancias, senón tamén ter unha ética que responda ao benestar de quen traballa nela e da comunidade na que está inserida. Mais que filantropía, é un compromiso voluntario á solución de retos sociais que van mais alá do horizonte da empresa ou organización.

A fonte inspiradora da RSE é o Pacto Mundial impulsado pola ONU, que ten como fin promover a creación dunha ciudadanía corporativa global que concilie intereses comerciais e sociais. Foi presentado en 1999 durante o Foro Mundial de Davós e reúne a mais de 2.000 empresas e organizacións que se adhiren a dez principios de responsabilidade social agrupados en catro áreas: dereitos humanos, condicións laborais, medioambiente e anticorrupción.

Pola súa definición e natureza, non hai normativas aplicable á RSE (a idea é que sexa todo iniciativa propia do empresariado, anque en Inglaterra e Dinamarca existen ministerios adicados á RSE), pero si hai guías, aliñamentos e estándares que serven de referencia. O primeiro é o xa mencionado Pacto Mundial. Existe unha organización internacional chamada Global Reporting Initiative que fixa algunhas liñas ás que varias entidades adhiren voluntariamente.

Tamén existen algunhas normas ISO que as empresas usan para cumprir con certos obxectivos. Estas normas son a ISO 8.000, sobre óptimas condicións de traballo para os empregados, e a ISO 14.000, sobre xestión medioambiental. A falta dun verdadeiro estándar que tome a RSE na súa globalidade, estas son as pautas a seguir.

A norma ISO 26.000


No horizonte está, sen embargo, unha norma especial para a RSE: a norma ISO 26.000, concibida en 2002, actualmente desenvolvéndose en Brasil e que está lista dende 2008. Na súa elaboración están involucrados 43 países membros de ISO (21 de eles son nacións en vías de desenvolvemento). A idea de ISO 26.000 é que dea as pautas para unha certificación global do que é a RSE.

Outra diferencia de ISO 26.000 cos outros estándares é que na maioría dos países adherentes, non se expedirá ningún documento que acredite certificación, pois tratarase dun proceso voluntario. Pero os seus impulsores confían en que esta norma se converta no novo estándar do mundo dos negocios e que, a longo prazo, o mercado esixa que exista unha certificación, ou documentos que acrediten que unha empresa está seguindo esas normas.

Os problemas

Poren, existen obstáculos na creación deste estándar. O primeiro é lograr equiparar e lograr consenso entre mais de 40 países con distinto nivel de desenvolvemento. Por exemplo, Europa e América teñen esixencias moi diferentes en canto a políticas de medioambiente e solidaridade social.

Ademais existen críticos que dín que a empresa privada se sobrecarga de esixencias ao obrigarlle a lograr metas de responsabilidade social e, ao longo, provocaría que os privados carguen con tarefas que deben ser competencia e responsabilidade dos Estados. O seu argumento é que a RSE non pode nin debe ser considerada como un substituto de políticas gobernamentais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario