Hai 74 anos, o 17 de maio de 1935, o entón ministro alemán de ciencia, educación e cultura popular, Bernhard Rust, prohibiu o ensino do esperanto nos Centros de Ensino da Alemania nazi. Como explicación, no decreto mencionábase que a utilización do idioma internacional contribuiría á "debilitación dos valores esenciais do carácter nacional". Deste xeito, a represión do esperanto, que xa comenzara ao principio d achegada ao poder dos nazis en 1933, recibiu un maior impulso oficial.
Gran parte do ensino nas escolas xa cesara antes do decreto, ao igual que cursos na radio. O cese do ensino escolar, que se desenvolvera durante os anos 20 en mais de cen colexios alemáns, e a imposibilidade de realizar un traballo organizado mancaron ao movemento esperantista, o que se notou durante varias décadas.
Entre marzo e decembro de 1933 produciuse a represión do movemento obreiro esperantista, moi forte en Alemania. A Asociación Alemana de Traballadores Esperantistas viu a confiscación policial dos seus bens, a Asociación Socialista Esperantista decidiu disolverse, confiscáronse as posesións da editorial proletaria EKRELO e se prohibiu a actuación da Asociación Mundial Anacionalista (SAT) en Alemania. Moitos dos activistas do movimento obreiro esperantista foron encadeados e algúns faleceron.
La Asociación Alemana de Esperanto foi obrigada por un decreto de Heinrich Himmler, de xuño de 1935, a disolverse antes do 15 de xullo de 1936 para evitar a súa desaparición directa por parte das autoridades oficiais. Deste xeito desapareceu toda actividade esperantista organizada en Alemania.
Hai que lembrar que o odio dos nazis á lingua internacional viña de lonxe e non se escondía: en 1925, en Mein Kampf, Adolf Hitler tiña escrito que "dende o intre en que os xudeus non se converteran en amos dos demais pobos, tiñan que falar, quixeran ou non, a lingua de estes; pero no intre en que estes se convertan nos seus servos, deberá todo o mundo falar unha lingua universal (por exemplo, o esperanto), e deste xeito os xudeus poderían gobernalos máis doadamente".
De feito, numerosos xudeus esperantistas falecieron nos campos de exterminio, entre os que están todos os fillos do iniciador do idioma, o Dr. Zamenhof, o magnífico escritor Israel Lejzerovicz, ou o xoven Petr Ginz.
Desgraciadamente, a persecución contra os esperantistas non acabou aquí. Pouco despois comezou a represión en outro lugar, quizás paradóxalmente En 1938 se prohibíanse as asociacións esperantistas na Unión Soviética, e eran detidos os principais dirixentes da Unión Esperantista Soviética. Varios de eles, co seu secretario xeral Ernst Drezen ao fronte, foron fusilados.
Neste caso a explicación é mais sorprendente, dado que o esperanto tiña florecido de xeito extraordinaria ao comenzo da Revolución Rusa, e incluso en algúns países se lle acusara de ser unha lingua de comunistas. Poren, o réxime estalinista, que andaban a leria das súas Grandes Purgas e que estaba usando o nacionalismo ruso como xeito de cohesión social, non podía permitir a existencia dun movemento organizado basicamente internacionalista e con amplos contactos no exterior. Así que a acusación de ser unha lingua de "cosmopolitas e espías" non tardou en chegar.
A represión foi brutal, e so despois da morte de Stalin, e aínda con moito coidado puido o esperanto volver a organizarse na Unión Soviética e nos países do bloque do leste.
As persecucións do esperanto non se limitaron so a estes dous réximes, anque foi alá onde a brutalidade foi maior. Outros casos no que autoridades impediron o desenvolvemento das actividades esperantistas foi na época do macartismo en Estados Unidos, ou na España da posguerra, e debido a que na composición do movemento esperantista dos anos 30 predominaban os derrotados da Guerra Civil.
Existe un magnífico libro do historiador Ulrich Lins, titulado precisamente "A lingua perigosa" acesible dende o esperanto (traducido recentemente ao lituano, e antes ao alemán, ruso e xaponés, pero non ao castelán), que conta con detalle esta páxina negra da historia. Seguramente cando enemigos tan poderosos foron quen de tentar aniquilar un idioma internacional, é porque sabían que era algo mais que un idioma.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario