martes, 24 de noviembre de 2009

O REINO DE GALIZA POR LÓPEZ CARREIRA



A pasada semana Anselmo López Carreira (autor do libro O Reino Medieval de Galiza que temos usado como unha das referencias para os artigos 'La Coruña de toda la vida'), daba unha charla na Agrupaçom Cultural O Facho que podedes escoitar nesta ligazón. Nela comentaba cómo a historiografía nacionalista española do XIX encargóuse de agochar a existenza do Reino de Galiza durante a Idade Media, e por qué razóns.


Profesor Anselmo López Carreira. Fonte: www.anosaterra.org





A min gustaríame que eventos como este tiveran máis publicidade (de feito foi na Coruña e podería ter asistido). Mais o certo é que esta é a sociedade na que vivimos: da propaganda da ultradereita nacionalista española pagada pola Deputación de Pontevedra nos enteramos todos, e desto non nos enteramos nen os interesados.


Recomendaríavos que, se tedes tempo, escoitedes a súa charla íntegramente. Dura pouco máis dunha hora i é unha verdadeira fonte de sabedoría sobre a nosa historia pasada. Pero como sei que moitos de vós non o ides facer, velaí vos vai un pequeno resumo das ideas principais.




I.-A relevancia histórica do Reino de Galiza foi ocultada pola historiografía españolista. Fálase sen problema do Reino de León, do Reino de Asturias, etc., e sin embargo hai feitos que coñecemos de abondo que plantexan contradiccións inexplicables baixo ese paradigma. Por exemplo:


1) na plena Idade Media todo o mundo recoñece que Galiza acadou unha plenitude cultural de primeira categoría a nivel europeo: o esplendor do estilo románico supón que Galiza era unha potencia económica en Europa (a Catedral de Santiago foi no seu momento o máis grande edificio da Europa occidental); no século XII en Galiza cultivábase a música e a lírica a tal nivel que só a provenzal ou a de Al-Andalus poden rivalizar. O idioma galego está en pleno auxe, en contraposición con línguas que naquel intre atravesan auténtico perigo de supervivencia (o castelán e o inglés -o idioma da realeza inglesa era o francés dos reis normandos- entre outros).


E sin embargo, preténdesenos facer crer que esta Galiza, en pleno auxe económico e cultural e no centro de Europa grazas ás vías de comunicación xacobeas, sen embargo políticamente era un territorio marxinal do Reino de Asturias ou, máis adiante, do Reino de León? Sería un caso único na historia. O inglés, por exemplo, ocupa hoxe o lugar preeminente polo poderío económico de Inglaterra primeiro e os USA hoxe. Antes ocorreu có latin ou o francés, e no futuro será o chinés. Dicía Nebrija que "a língua foi compañeira do imperio". Poderío económico, político e cultural son caras da mesma moeda, pero quérese facer crer que Galiza foi unha excepción.


2) Pero... Galiza foi Reino algunha vez?


Non só foi reino, senón que:
- Oficialmente foi Reino ata hai moi pouco. Galiza denominouse 'Reino' ata 1833, cando se establece a división provincial de España.
- Galiza foi o primeiro Reino de Europa Occidental: o Reino de Galiza nace no ano 410, cando chegan os suevos e por un pacto con Roma créase o Reino Suevo de Gallaecia. No resto de Europa o Imperio Romano seguirá vixente case cen anos máis, e ningún outro reino se formará durante ese tempo. Os visigodos non entran na Península ata un século máis adiante.


Reino Suevo e Reino visigodo, a primeiros do Século VI.
Fonte: astrored.org/enciclopedia/wiki/Hispania_visigoda





- A primeira moeda acuñada en Europa a nome dun rei xermánico foi en Galiza, do Rei Requiario, que se atreveu a emitir moeda a primeiros do século V, có Imperio Romano aínda en pé. Moeda que, por sorte, chegou ata nós, o que é mostra de que tal reino non é ficción. Emitirase moita moeda en Galiza, que circulará durante toda a Idade Media.
- Tamén é a primeira monarquía que se estableza como católica, mentras os visigodos eran cristiáns arrianos. Así, os suevos non se consideran unha etnia diferente dos galaicos, permitindo a súa integración.




II.- Entón, por qué desaparece da historiografía oficial? Un Reino que é unha entidade política independente dende o século V ata finais do século XV, no que é definitivamente absorvida pola Castela dos Reis Católicos, cómo é que non hai traza disto na historiografía nacionalista española?


Galiza durante a Idade Media é unha entidade moito máis grande que a CCAA de hoxe. Gallaecia chegaba dende Santarem ata case o Pais Vasco. Este era un espazo político, non nacional nin cultural. Nin os cántabros, nin o condado de Castela nin ó sur do Douro se consideraban galaicos, mais sí o norte de Portugal e a parte de Asturias e León. Os reis de Galiza se situan en León, que é unha cidade de Galiza onde os romanos estableceran o campamento militar da Gallaecia (igual que Braga, Lugo e Astorga eran capitais daquela provincia romana). Así, varios documentos do século XI falan de "León, civitas Gallaecia". Como curiosidade, os reis galegos se instalaron en León porque as principais cidades do Reino de Galiza (Braga, Lugo, Santiago, Astorga) xa tiñan señor: os respectivos bispos. Así que os reis se teñen que instalar onde non hai nada, onde non hai señoríos, no antigo cuartel militar dos romanos.




A partir do século XII o espazo se vai transformando, os portugueses sepáranse (os portugueses chamarán durante séculos "galegos" ós portugueses ó norte do Douro), e a zona de León vaise desgaleguizando por contacto con Castela. Aínda así restan documentos do século XIII en León que amosan que alí aínda se falaba galego. Por último, Galiza mantérase como o que é ata hoxe, incluído O Bierzo que non deixará de selo ata o XV, cando os Reis Católicos castigan ó Conde de Lemos, dono desas terras, que son entregadas ó señor de Benavente. Esta fragmentación do XII ó XV non significa unha crise de Galiza, senón que precisamente nese momento florece a nosa lírica, ou remátase a Catedral de Santiago.


Por qué desaparece da historiografía oficial, entón?


Pois pola mesma razón que aparecen outras realidades que ata o século XIX eran "virtuais". Ata o século XVIII ningún historiador falou do Reino de Asturias. Non foi ata o século XIV cando os monarcas de Trastámara crean o título de "Principes de Asturias", pero só como un título nobiliario. Pero entón, no século XIX os historiadores do liberalismo español empezan a identificar "se hai principes, logo tivo que haber un Reino de Asturias". Os reis do século IX efectivamente tiñan a súa corte en Oviedo, igual que máis adiante a situarían en León. Pero é que Oviedo e León eran cidades da provincia de Gallaecia, e así o atestigua Orosio no século V e San Isidoro no VII, "Asturias e Cantabria son parte de Gallaecia".


Do mesmo xeito que se creou un reino da nada, o Reino de Galiza desaparece da historiografía. Cómo?


Aínda que a Historia contemporánea tenta ser científica, procurando a partir de documentación fiable, crónicas obxectivas, arqueolóxicas, documentais, etc., formular realidades históricas contrastables, sempre está influida por criterios ideolóxicos e políticos. E a historia contemporánea española estivo fortemente ideoloxizada no XIX como arma nunha batalla política.


III.- Hai unha serie de prexuizos sobre a historia medieval. Tres grandes bloques:


1) A historia medieval en xeral:


Cándo nace a historia medieval con "visos de cientificidade"? No liberalismo do XIX. Antes deso, "a nación era o soporte que xustificaba as familias aristocráticas", e o que lles interesaba ós historiadores era a xenealoxía. A partir da revolución francesa nace a historiografía moderna, pero nace coa intención de xustificar o actual estado das cousas. No caso de España, nace no reinado de Isabel II, cando se publican as grandes 'Historias de España'.


Nesas obras buscaban unha visión darwinista do mundo: a Idade Media é un horror -con señoríos, privilexios, sen xustiza, que se convirte en sinónimo de escuridade, cunha carga enorme de prexuizos-, e os pasos que se van dando son 'o progreso'. Os historiadores actuais teñen desmontado boa parte destes tópicos: é certo que non había un Estado forte, que controle ó cidadán, pero os xuristas tiñan un papel relevante (o costume tiña peso de lei nos lugares); A peste? A peste ocorreu no século XIV, e durou ata o XVIII. A Inquisición? Tivo poder a partir dos Reis Católicos. As persecucións de xudíos? Foron tamén os Católicos quen os botaron. Etcétera.


Así, hoxe pódese asegurar que o campesiño galego tiña unha situación moito mellor na Idade Media que no XIX. Ou o campesiño europeo en xeral moito mellor que a situación que atravesará durante a Revolución Industrial. O tributo da cábala, por exemplo, era do 10% -e do 1% durante as feiras- fronte o IVE do 16% que pagamos hoxe.


2) A historia que se elaborou en España:


A Historia contemporánea española constrúese a partir da época de Isabel II, coa 'Historia de Lafuente', de 1850, a primeira grande obra da historia española.


Historia General de España, de Modesto Lafuente. Fonte: www.iberlibro.com/1880-COMPLETA-HISTORIA-GENERAL



Obra moi completa, pero chea de tópicos que van chegar ata hoxe, como son:


- No XIX nace o Estado Español como o coñecemos hoxe, centralista, eliminados os reinos e cuadriculado en provincias como en Franza, sen carga histórica ningunha. Preténdese demostrar que España é unha única nación, búscase a equiparación Estado = Nación.


- Búscase identificar as orixes do estado nas orixes desa nación. Búscase a orixe da nación canto máis atrás, mellor. Outros historiadores posteriores (Menendez Pidal no XX) e os libros de texto ata hoxe seguen nesta liña: a orixe da nación española está na Idade Media. Todo o que camiñe cara a unificación dos reinos medievais, é bó. O contrario, é malo. "Todos os reis que unificaron reinos, son bós. Os que escindiros, son malos". Por iso os mellores reis son os Católicos. O Estado español, xusficado no XIX, ten que ser un estado unitario e católico.


- Nesta época de Isabel II, con O'Donnell España acaba de iniciar a guerra de Marrocos. Por iso as primeiras historias van tomar tamén o feito relixioso cunha grande importancia, xustificando unha case tendencia innata do español a combater o Islam. E ahi nace o concepto de Reconquista. O concepto de Reconquista dí que a verdadeira España é católica, e Al-Andalus un accidente histórico (igual que Portugal, que é un "accidente histórico que non tiña por qué existir"). Se presenta a entrada do Islam como unha invasión, cando hai correntes historiográficas que presentan este proceso como unha entrada do Islam do mesmo xeito que se expandíu por África e Asia, como un proceso relixioso que entra nunha monarquía visigoda en crise. I esa "invasión" vai ser rexeitada durante 800 anos, nun proceso militar sen parangón na historia: un plan elaborado no que os musulmáns que viven na Península 800 anos son 'extranxeiros', mentras os visigodos xermánicos que estiveron só cento e pico anos son "a esencia de España".




- A historia oficial crea unha secuencia: o Reino visigodo sobrevive en Asturias, cun grupo de visigodos que escapan ás montañas, así que temos que darlle carta de natureza a un Reino de Asturias. De ahi pasamos a un Reino de León, que máis adiante se integra en Castela, e de Castela xa sale España. Pero... qué pinta neste proceso o Reino de Galiza?


O Reino de Galiza é un accidente histórico moito máis grave para a historiografía nacionalista española que Portugal ou Al-Andalus, porque estivo ahi presente todo o tempo, e ademáis en Galiza non hai reconquista. Non hai un retroceso da cristiandade, está comprobado que as fronteiras de Galiza non subiron do Douro. En Galiza non houbo conquista e polo tanto non houbo posterior reconquista e repoboación. Do mesmo xeito que a idea dun pobo visigodo "que se refuxiou nas montañas de Asturias, e a partir duns cantos visigodos foron repoboando as terras reconquistadas, cunha capacidade reproductora destes individuos pasmosa" está completamente desbotada pola historia científica actual.


Non só se elimina o Reino de Galiza durante os anos do Islam. O Reino Suevo é evidente que existíu, e hai crónicas moito máis completas (a crónica de Hidacio, nacido na Limia e bispo de Chaves, Orosio, que elabora a primeira obra universal do seu momento, no século VI os historiadores franceses, as actas dos concilios de Braga, as moedas, restos arquitectónicos, etc.). E sen embargo, quén de nós estudou o Reino Suevo? En todo caso, aparece como un "apéndice" do reino visigodo. Qué se fixo? Esquecelo, deixalo de lado.


Do mesmo xeito, toda a historia medieval de Galiza é deixada de lado. A historia das nacións europeas nace na Idade Media, cando se crean as línguas, as culturas vixentes hoxendía. Por iso se quere fundamentar o nacemento da nación española na Idade Media, e só se pode facer esquecendo, deixando de lado, a presenza durante máis de mil anos do Reino de Galiza. Gran parte da culpa deso ten o paradigma de Sanchez Albornoz "os elementos claves da historia de España son a reconquista e a repoboación". Duas entidades non constatables científicamente, ideolóxicas. E non son así en xeral, pero desde logo en Galiza non é así para nada.


3) A historia específica de Galiza:


A historia que se estuda hoxe só pode ser imposta "cando ti te deixas impoñer". Tiverono moi fácil, a historia de Galiza foi sempre un "tecer e destecer": Cando no XIX empezan a construirse as historia modernas, xente como Vicetto, Murguía, López Ferreiro tocan xa aspectos esenciais hoxendía, como que se fale de Reino de Asturias ou León en lugar de Reino de Galiza. Dicía Vicetto que "falar de Reino de Asturias é unha deformación, é unha sinécdoque, tomar a parte polo todo" porque os Reis estaban en León. Murguía dí textualmente: "baixo a denominación de Reino de León, Galiza desaparece, cando é ela quen constitúe o núcleo do Estado". Son conscientes que o paradigma que están a construir os historiadores españolistas non aplica en Galiza.


Manuel Murguía. Fonte: www.galiciadixital.com

 
A finais de século XIX chega a gran ofensiva da xeración do 98: Menendez Pidal recolle o testemuño dos historiadores do XIX, i establece o camiño polo que hai que ir: España é Castela. E os literatos do 98 o mesmo. Vívese unha crise do rexurdimento coa morte de historiadores e poetas, e non hai continuidade (agás en Catalunya). Hai que agardar ó renacer dos anos 20 - 30 coa Xeración Nós, as Irmandades da Fala, Vicente Risco, etc etc., pero teñen que novamente "traballar dende a nada". Publican outra vez as crónicas de Hidacio, etc.


E chega o 36, e suprímese todo, suprimese o seminario de estudos galegos, e atravesamos o ermo absoluto da historiografia galega durante a dictadura. "E os que a partir dos 70 comezamos a traballar, temos que comezar de cero novamente. E entón cando nos decatamos que todo o que imos descubrindo xa o dixeron hai cen anos Murguía ou Vicetto".


Por último, este ocultamento do Reino de Galiza se fixo có maior descaro:


- No século XIX, o historiador Lafuente repite xa o concepto de Reino de León. En notas a pé de páxina, por honestidade científica, nos di: "en realidade, os documentos da época, ao que nós lle chamamos Reino de León chámanlle Galicia".


- 100 anos despois, Sánchez Albornoz, di nos estudos sobre Galiza, onde só fala de Reino de Asturias e Reino de León, di a pe de páxina que "as fontes no seu tempo, a esto que nos chamamos Reino de Asturias e León, chámanlle Galicia".


- En cambio hai unha traducción dunha fonte dun cronista árabe do século X, que "contínuamente repite León, León, León". No índice toponímico, ves que León se dicía en árabe Lion. E que onde él traduce León o cronista árabe di Jaliquia. E di o traductor: "naqueles textos árabes a esta rexión chámanlle Jaliquia, pero nos o traducimos como Reino de León".




martes, 17 de noviembre de 2009

A Xestión do coñecemento

"O coñecemento asemellase á luz. A súa ingravidez e intanxibilidade lle permiten chegar sen dificultade a todos os confíns". Así comeza o Informe sobre o Desenvolvemento do Banco Mundial 1998-1999. Pouco mais adiante engade: "A falta de coñecemento é o factor que provoca o desplome dos mercados e impide o seu rexurdimento". Cecais por iso, o banco puxo en marcha, en 1996, un proxecto de xestión do coñecemento.


"A información cada vez ten un custe mais baixo, hasta o punto de que se convertiu en mercancía que se pode mercar e vender en calquera momento"
, sostén Laurie Bassi, vicepresidente da American Society for Training & Development. Cando a información xa non supón unha vantaxe competitiva, xurde o coñecemento como unha serie de activos intanxibles cuxa xestión require unha visión moito mais amplia, propia dunha nova era. Unha era do coñecemento que no se basea en coñecer: "Xa non temos coñecemento", escribe o gurú Peter Drucker na A sociedade postcapitalista, "temos coñecementos, disciplinas, que converten un oficio nunha metodoloxía; as experiencias se convirten en sistemas, e as anécdotas se converten en información". Este cambio, que deberá incorporarse á cultura das organizacións, vai a constituír unha nova vantaxe competitiva.

Segundo Edgar H. Schein, autor de Organizational Culture, as empresas necesitan "acumular os aprendizaxes baseados en éxitos (e fracasos) anteriores". Partindo das crenzas, valores e suposicións dos seus fundadores, as organizacións constrúense a si mesmas a través dunha serie de prácticas. Si Alcatel mandou a un comercial de segunda fila a pechar un importante contrato cun cliente oriental so porque comentara que practicaba o Tao (e a empresa procesara tal información), é que as cousas están cambiando.

E é que as novas claves do beneficio empresarial, segundo Jeffrey Pfeffer, autor de A ecuación humana, ciméntanse na aportación das persoas; na seguridade no emprego; contratación selectiva de novo persoal; equipas autodirixidas e descentralización da toma de decisións; retribución por resultados; formación amplia; reducción de distincións e obstáculos (incluíndo a vestimenta), linguaxe, distribución do centro de traballo, diferencias salariais entre categorías e amplia participación dos distintos estamentos da empresa na información financeira e nos resultados.

'A roda da aprendizaxe


Peter Senge, experto en Recursos Humanos, afirma en A quinta disciplina que "as organizacións que sobrevivirán no futuro serán aquelas que descubran cómo aproveitar o compromiso de todos os seus membros (sexa cal sexa o seu nivel) e a súa capacidade para aprender". Aprender, segundo o Diccionario da Real Academia Española da Lingua, significa "adquirir coñecemento ou habilidade". Daniel H. Kim, cofundador do Center for Organizational Learning no Massachusetts Institute of Technology, establece a mesma distinción: por un lado, o saber por qué (know why), como parte conceptual da aprendizaxe, e logo, o saber cómo (know how), como parte da súa aplicación. Kim fala da roda da aprendizaxe como fórmula de fomentar coñecementos e habilidades na empresa: a partir das experiencias no lugar de traballo, reflexionamos sobre elas (hasta aquí o saber cómo) formando conceptos aplicables a outras experiencias; os probamos, e así adquirimos experiencia (o saber por qué). Un sistema que permita compartir os modelos mentais (configurados a partir das novas prácticas innovadoras), almacenar os coñecementos e prácticas individuais (axudando a constituír así a cultura da empresa) e facilitar o acceso lóxico e discriminado dos empregados a estes arquivos, haberá activado a máquina do coñecemento.

As comunidades de práctica

A primeira fase do proceso de implantación dun sistema de xestión do coñecemento na empresa consiste en compartir os modelos mentais, e concretase a través das chamadas comunidades de práctica.

Etienne Wenger, membro do Institute for Research on Learning, resume a súa propia experiencia profesional en Communities of practice: where learning happens: "Para traballar xuntos, os xestores de reclamacións establecen unha web como rede de traballo informal. A través do intercambio de preguntas, de reunións, de explicar casos, de negociar o siñificado dos acontecementos, de inventar e compartir novos xeitos de facer as cousas, de conspirar, de debater e lembrar o pasado, complementan as informacións de uns e outros e, xuntos, constrúen unha comprensión compartida do seu entorno e do seu traballo".

Formar aos empregados é unha labor prioritaria. Pero esta formación, explica Oren Harari, profesor da Universidade de San Francisco, no seu libro Leapfrogging the competition: five giant steps to market leadership, pode propiciar a suspicacia de que “un cínico pregunte: ‘¿Qué pasará si os formamos e despois se van?'; as empresas que xestionan o coñecemento responderán: '¿Qué pasaría si non os formamos e se quedan?’”.

Almacenar o coñecemento.

A segunda fase do proceso -almacenar os coñecementos e prácticas individuais- está relacionada coa expansión das novas tecnoloxías. A esencia dun bo sistema informático de xestión do coñecemento é unha base de datos dos recursos humanos da empresa, totalmente referenciada e con conexión aos demais sistemas da compañía. Esta describe a organización en cada unha das súas dimensións: procesos típicos, estructura, estratexias e obxectivos, sistemas profesionais e perfiles de competencias. A información do coñecemento e as capacidades das persoas almacenanse nun inventario de habilidades que se pode recuperar rápidamente para ser analizado e valorado. Cezanne Software, empresa que diseña programas de xestión do coñecemento, incorpora ao seu sistema un proceso de análise dos activos da empresa (a través de ferramentas de consulta de navegación e de reporting, ou transmisión da información) e unha simulación de iniciativas e intervencións mediante escalas de tempo e escenarios ficticios a partir da situación actual da compañía.

Acceso á comunicación.


A comunicación é clave para facilitar o acceso dos empregados á información, e ven a ser a terceira fase do proceso. En 1998, a folga de 139.000 traballadores do Grupo General Motors durante 54 días representou un empobrecemento do 0,5% do PIB de EE.UU.

Segundo o director de Comunicación Interna de Peugeot, Abelardo Domínguez, "os paros poderían evitarse cunha eficiente comunicación. Peugeot perdeu 1.415.000 horas de traballo por paros en 1989, pero gracias á implantación de novos métodos de comunicación, desde entóns non se perdeu unha sola hora". Poren, o 30% das 213 empresas entrevistadas pola Asociación de Directivos de Comunicación en Madrid carecen dunha estratexia de comunicación en liña coa estratexia empresarial. Outro 28% di que a teñen, pero non formalmente escrita, e non chegan ao 30% os que contan con un departamento específico, ou un responsable de Recursos Humanos destinado únicamente a esta función.

A comunicación alimentase de motivación e transparencia, e John Kotter, profesor da Universidade de Harvard, especifica no seu libro Leading Change, os sete principios dunha comunicación exitosa: ser simple; utilizar metáforas, analoxías e exemplos; usar diferentes foros -"cando unha mensaxe chega a unha persoa a través de reunións de grupo, memos, periódicos e reunións informais cara a cara, é mais probable que o lea e o teña en conta"-; repetir, repetir e repetir; predicar co exemplo; ser consistente co que se propón, e escoitar e ser escoitado.


As barreiras.


Todo parece moi doado. Pero si así fora -reflexiona Pfeffer en A ecuación humana- "outras aeroliñas poderían ter copiado á Southwest; outras tendas de alimentación terían tanto éxito como a Whole Foods Markets...". Non é doado vencer a resistencia dos que se opoñen á implantación dun proxecto de xestión do coñecemento. Jeffrey Pfeffer resume os motivos desa resistencia: a primacía que se outorga á xestión dura, o financieiro (e a mais a corto prazo) sobre o humano; o conservadurismo empresarial (especialmente marcado nos líderes, que suman o medo a cambiar ao medo a ceder responsabilidade) e a esixencia de resultados e informes tanxibles (algo imposible cando se fala do coñecemento).

Todas as barreiras xeran, en opinión do falecido Thomas F. Gilbert, creador da Teoría da tecnoloxía da efectividade, unha incompetencia que se manifesta en sete comportamentos empresariais: reter información (habería que lembrar a frase do ex presidente dos Estados Unidos Thomas Jefferson: "Quen recibe de min unha idea, adquire maior instrucción sen por elo facerme a min mais ignorante; é como quen acende a súa vela na miña: recibe luz sen deixarme a escuras"); non involucrar á xente na elección dos instrumentos de traballo; non incentivar a efectividade; non axudar á xente a mellorar a súa preparación, e ignorar a capacidade dos individuos.

Responsabilidade social empresarial

Unha tendencia que está penetrando cada vez con máis forza no ámbito da empresa privada é o da responsabilidade social, que ten como obxectivo que as empresas e organizacións asuman un compromiso coa sociedade civil que vaia máis lonxe dos seus obxectivos concretos ou a xeración de beneficios.

A Responsabilidade Social Empresarial (RSE) pode definirse como un compromiso entre o sector empresarial e a sociedade civil para crear unha instancia de cooperación que permita mellorar as condicións de vida tanto dos seus traballadores como do resto da poboación. Tamén se pode definir como aqueles comportamentos empresariais que contribúan ao desenvolvimento humano sostible, a traveso do compromiso e confianza cos seus empregados e familiar, a sociedade en xeral e a comunidade local en pos de mellorar o seu capital social e calidade de vida.

Así, unha empresa socialmente responsable é a que se preocupa de, por exemplo, crear un bo clima laboral interno, manter transparencia cos seus investidores, cumprir con todas as leis laborais, coidar a relación cos seus provedores, conservar limpo o medioambiente e (especialmente no caso das empresas públicas) manter unha boa relación cos cidadáns. A idea é que unha empresa privada non teña como única meta o posicionarse no mercado e xerar ganancias, senón tamén ter unha ética que responda ao benestar de quen traballa nela e da comunidade na que está inserida. Mais que filantropía, é un compromiso voluntario á solución de retos sociais que van mais alá do horizonte da empresa ou organización.

A fonte inspiradora da RSE é o Pacto Mundial impulsado pola ONU, que ten como fin promover a creación dunha ciudadanía corporativa global que concilie intereses comerciais e sociais. Foi presentado en 1999 durante o Foro Mundial de Davós e reúne a mais de 2.000 empresas e organizacións que se adhiren a dez principios de responsabilidade social agrupados en catro áreas: dereitos humanos, condicións laborais, medioambiente e anticorrupción.

Pola súa definición e natureza, non hai normativas aplicable á RSE (a idea é que sexa todo iniciativa propia do empresariado, anque en Inglaterra e Dinamarca existen ministerios adicados á RSE), pero si hai guías, aliñamentos e estándares que serven de referencia. O primeiro é o xa mencionado Pacto Mundial. Existe unha organización internacional chamada Global Reporting Initiative que fixa algunhas liñas ás que varias entidades adhiren voluntariamente.

Tamén existen algunhas normas ISO que as empresas usan para cumprir con certos obxectivos. Estas normas son a ISO 8.000, sobre óptimas condicións de traballo para os empregados, e a ISO 14.000, sobre xestión medioambiental. A falta dun verdadeiro estándar que tome a RSE na súa globalidade, estas son as pautas a seguir.

A norma ISO 26.000


No horizonte está, sen embargo, unha norma especial para a RSE: a norma ISO 26.000, concibida en 2002, actualmente desenvolvéndose en Brasil e que está lista dende 2008. Na súa elaboración están involucrados 43 países membros de ISO (21 de eles son nacións en vías de desenvolvemento). A idea de ISO 26.000 é que dea as pautas para unha certificación global do que é a RSE.

Outra diferencia de ISO 26.000 cos outros estándares é que na maioría dos países adherentes, non se expedirá ningún documento que acredite certificación, pois tratarase dun proceso voluntario. Pero os seus impulsores confían en que esta norma se converta no novo estándar do mundo dos negocios e que, a longo prazo, o mercado esixa que exista unha certificación, ou documentos que acrediten que unha empresa está seguindo esas normas.

Os problemas

Poren, existen obstáculos na creación deste estándar. O primeiro é lograr equiparar e lograr consenso entre mais de 40 países con distinto nivel de desenvolvemento. Por exemplo, Europa e América teñen esixencias moi diferentes en canto a políticas de medioambiente e solidaridade social.

Ademais existen críticos que dín que a empresa privada se sobrecarga de esixencias ao obrigarlle a lograr metas de responsabilidade social e, ao longo, provocaría que os privados carguen con tarefas que deben ser competencia e responsabilidade dos Estados. O seu argumento é que a RSE non pode nin debe ser considerada como un substituto de políticas gobernamentais.

A lingua perigosa

Hai 74 anos, o 17 de maio de 1935, o entón ministro alemán de ciencia, educación e cultura popular, Bernhard Rust, prohibiu o ensino do esperanto nos Centros de Ensino da Alemania nazi. Como explicación, no decreto mencionábase que a utilización do idioma internacional contribuiría á "debilitación dos valores esenciais do carácter nacional". Deste xeito, a represión do esperanto, que xa comenzara ao principio d achegada ao poder dos nazis en 1933, recibiu un maior impulso oficial.

Gran parte do ensino nas escolas xa cesara antes do decreto, ao igual que cursos na radio. O cese do ensino escolar, que se desenvolvera durante os anos 20 en mais de cen colexios alemáns, e a imposibilidade de realizar un traballo organizado mancaron ao movemento esperantista, o que se notou durante varias décadas.

Entre marzo e decembro de 1933 produciuse a represión do movemento obreiro esperantista, moi forte en Alemania. A Asociación Alemana de Traballadores Esperantistas viu a confiscación policial dos seus bens, a Asociación Socialista Esperantista decidiu disolverse, confiscáronse as posesións da editorial proletaria EKRELO e se prohibiu a actuación da Asociación Mundial Anacionalista (SAT) en Alemania. Moitos dos activistas do movimento obreiro esperantista foron encadeados e algúns faleceron.

La Asociación Alemana de Esperanto foi obrigada por un decreto de Heinrich Himmler, de xuño de 1935, a disolverse antes do 15 de xullo de 1936 para evitar a súa desaparición directa por parte das autoridades oficiais. Deste xeito desapareceu toda actividade esperantista organizada en Alemania.

Hai que lembrar que o odio dos nazis á lingua internacional viña de lonxe e non se escondía: en 1925, en Mein Kampf, Adolf Hitler tiña escrito que "dende o intre en que os xudeus non se converteran en amos dos demais pobos, tiñan que falar, quixeran ou non, a lingua de estes; pero no intre en que estes se convertan nos seus servos, deberá todo o mundo falar unha lingua universal (por exemplo, o esperanto), e deste xeito os xudeus poderían gobernalos máis doadamente".

De feito, numerosos xudeus esperantistas falecieron nos campos de exterminio, entre os que están todos os fillos do iniciador do idioma, o Dr. Zamenhof, o magnífico escritor Israel Lejzerovicz, ou o xoven Petr Ginz.

Desgraciadamente, a persecución contra os esperantistas non acabou aquí. Pouco despois comezou a represión en outro lugar, quizás paradóxalmente En 1938 se prohibíanse as asociacións esperantistas na Unión Soviética, e eran detidos os principais dirixentes da Unión Esperantista Soviética. Varios de eles, co seu secretario xeral Ernst Drezen ao fronte, foron fusilados.

Neste caso a explicación é mais sorprendente, dado que o esperanto tiña florecido de xeito extraordinaria ao comenzo da Revolución Rusa, e incluso en algúns países se lle acusara de ser unha lingua de comunistas. Poren, o réxime estalinista, que andaban a leria das súas Grandes Purgas e que estaba usando o nacionalismo ruso como xeito de cohesión social, non podía permitir a existencia dun movemento organizado basicamente internacionalista e con amplos contactos no exterior. Así que a acusación de ser unha lingua de "cosmopolitas e espías" non tardou en chegar.

A represión foi brutal, e so despois da morte de Stalin, e aínda con moito coidado puido o esperanto volver a organizarse na Unión Soviética e nos países do bloque do leste.

As persecucións do esperanto non se limitaron so a estes dous réximes, anque foi alá onde a brutalidade foi maior. Outros casos no que autoridades impediron o desenvolvemento das actividades esperantistas foi na época do macartismo en Estados Unidos, ou na España da posguerra, e debido a que na composición do movemento esperantista dos anos 30 predominaban os derrotados da Guerra Civil.

Existe un magnífico libro do historiador Ulrich Lins, titulado precisamente "A lingua perigosa" acesible dende o esperanto (traducido recentemente ao lituano, e antes ao alemán, ruso e xaponés, pero non ao castelán), que conta con detalle esta páxina negra da historia. Seguramente cando enemigos tan poderosos foron quen de tentar aniquilar un idioma internacional, é porque sabían que era algo mais que un idioma.