lunes, 28 de abril de 2014

A CRISE, OS CARACTERES XAPONESES E AS OPORTUNIDADES


O outro día tiven a desgraza de toparme cun amigo hiperoptimista, de eses que pensan que os problemas se solucionan cunha laboura de introspección interior, e cunha actitude positiva a toda costa. Non estiven pronto en buscar unha escusa e fun tomar un café con el.

Aínda estaba remexendo o café cando xa me soltou o que en China ou en Xapón a palabra crise escribíase cos caracteres de perigo e oportunidade.

Este amigo hiperoptimista tamén é un pouco pedante.

- ¿Sabes xaponés? -pregunteille
- Non, pero eso sábeo todo o mundo –contestou cun sorriso forzado.
- Esas verbas xaponesas escríbense como sílabas ou como ideogramas? –volvín a preguntar
-Pero que dis? –O meu examigo usou unha pobre escusa e marchou sen pagar o seu café nin o meu.

A miña pregunta se refire a que tiña entendido que a escritura en xaponés usa dous sistemas: un silábico (kana) e outro ideográfico (kanji) baseado nos caracteres chinos. Tamén se escribe xaponés con caracteres latinos (rômaji).

Os kana son dous silabarios xaponeses chamados o hiragana e o katakana. O hiragana está baseado na caligrafía tradicional e o katakana é unha simplificación de este último para usar nos computadores e nas máquinas de escribir.

Iso de que a palabra CRISE en xaponés se escribe con dous carácteres, un que siñifica perigo e outro que siñifica oportunidade, adoita a mencionarse, sobre todo na chamada LITERATURA DE AUTOAXUDA, na que nos exhortan a ver posibilidades de medrar nas situacións de crise, ao tempo que nos alertan a repensar as cousas novamente para non caer nas trampas e nos perigos que nos están a guichar.

Ese tipo de literatura parte de que somos uns infelices irredentos, e pretenden cambiarnos a tipos felices a base de 'seguir o noso camiño', de 'repensarnos integralmente', e 'adaptarnos ás circunstancias', sexan estas as que sexan.

¡Manda truco cos xaponeses!, claro, como eles teñen unha lingua que xa lles está a lembrar que a crise siñifica tamén oportunidade, non perden o tempo como o perdemos os outros pobos do mundo, en laiarnos diante do evidente perigo que teñen as crises para os máis humildes.

A idea gustoume, pero como lle estou a dar voltas á filosofía do meu traballo, non quixera repetir o dos ideogramas xaponeses sen estar certo do que estaba a falar.

Busquei na rede algún traductor de xaponés e puxen algunhas verbas. A primeira que busquei foi a palabra CRISE, e tiven como resultado o seguinte ideograma:

危機

Vale, obtiven dous ideogramas ou carácteres. O primeiro pareceume a un homiño brincando sobre un feixe de herba, e o outro, pareceume unha cruz, apoiada en tres postes, e un barullo gordo detrás. Supuxen que un deles debe ser perigo e outro oportunidade. E busquei a palabra PERIGO e tiven o seguinte resultado:

危険

O primeiro dos ideogramas coincidía, pero aparecía un segundo ideograma que me desconcertou un tanto. Semellaba unha ‘b’ xunto a unha nena con trenzas levando un portafolio. Para ver si me aclaraba busquei a palabra OPORTUNIDADE co seguinte resultado:
機会

Volvín a obter outros dous ideogramas. O primeiro xa o coñecía, era o da cruz co barullo gordo detrás, pero o outro so me producía desconcerto: Parecía unha tenda de camping, no cume dunha montaña. Decidín traducir do xaponés ao galego usando os traductores en liña que me ofrece a rede. O primeiro que traducín foi ese ideograma que era común á palabra crise e oportunidade:

que me deu como resultado a palabra ‘Máquina’, ‘maquinación’, ‘artefacto’. Ben mirado, o que eu cualificaba como ‘barullo’ podería aludir a engrenaxes, á complicación propia de máquinas avanzadas.

Estiven reflexionando un pouco: ‘Maquina, maquinación ou artefacto’ pódese entender como algo artificial, como algo exterior a nos, dos que non estamos moi seguros de coñecer as súas complicacións.

O segundo ideograma que vertín ao galego foi o do homiño brincando sobre un feixe de herba, que era o seguinte:

e que me ofreceu como traducción o de ‘ter medo de’.

Por tanto, a palabra CRISE en xaponés, poderíase traducir como mecanofobia, ou medo ás máquinas, pero sospeito que CRISE é medo a unha maquinación, a algo exterior a nos, que non comprendemos axeitadamente, e por tanto, non sabemos qué estratexia usar.

Eu xa estaba embalado, e procedín a buscar o significado do seguinte ideograma:

a súa tradución é o de ‘reunión’, o que parece coherente co aspecto de tenda de campaña na cima dun outeiro.

Entón para OPORTUNIDADE temos os ideogramas de ‘reunión’ e ‘máquina, maquinación ou artefacto’. ¿Cómo xuntar eses conceptos? Unha máquina é un conxunto de pezas qué so, montados ou armados (reunidos) dun xeito determinado, funcionan eficientemente. Pero esas dúas ideas (reunión e máquinas) trae á idea un conxunto de máquinas traballando de xeito coordinado. Unha maquinación é tamén unha conspiración, de varias persoas que se reúnen, encamiñados a un resultado.

Por tanto, a palabra oportunidade en xaponés, poderíase traducir como unha máquina complexa traballando eficientemente, ou varias persoas distintas traballando coordinadamente e dirixidos a un fin.

Para ‘perigo’ tiña en xaponés unha palabra formada por dous ideogramas:

危険

O primeiro ideograma xa o vertera ao galego e dera como resultado ‘ter medo de’, e o segundo (ese que parece unha ‘b’ xunto a unha nena con trenzas levando un portafolio) ten como tradución

, empinada, dificultosa ou traballosa

Por tanto, cando nos lemos ‘PERIGO, pensamos en algo que nos ven de afora, e en cambio, cando os orientais ven a palabra ‘perigo’ o que pensan é que é unha situación na que ‘teñen medo dunha situación complicada ou traballosa’. Isto é, como o noso ‘perigo’ sempre é externo, non sabemos qué facer con el, pero eles son conscentes de que o único perigo realmente existente, reside na nosa mente, reside nos nosos medos, e o máis perigoso do mundo é ter medo dunha situación traballosa, como case que todas as da nosa vida.

E así mesmo, nos pensamos que nos estamos en ‘CRISE’, que o país está en CRISE, que a nosa parella está en CRISE... e a CRISE sempre é algo do que temos claro que non é a nosa culpa nin a nosa responsabilidade, senón algo alleo, e que nos impoñen.

En cambio os xaponeses vea a palabra CRISE e pensan nun proceso do que aínda non teñen todos os datos, e que por tanto non comprenden na súa plenitude para combatela.

E respecto á ‘OPORTUNIDADE’, os occidentais tendemos a pensar que é un achádego, algo positivo co que nos atopamos no noso camiño por casualidade, como quén atopa unha moeda, ou un anel.

Para os xaponeses ‘OPORTUNIDADE’, é unha situación de colaborar entre varios nun traballo en particular, cada un cunha función distinta, e todos co mesmo obxectivo.

¡Dios, qué listos son!


viernes, 25 de abril de 2014

XOAN DE NOVOA ou JOAO DA NOVA, Descubridor galego

João da Nova (orixinalmente Xoán de Nóvoa, e tamén coñecido como João Galego) foi un descubridor galego ás ordes da monarquía portuguesa que viviu entre os séculos XV e XVI.

O primeiro cronista oficial de Galiza, o padre Felipe de la Gándara escribía en 1665:

Xoan de Novoa ou Joao de Nova


“...saíu de Galiza un grande heroe, chamado Xoán de Nóvoa, da casa dos condes de Maceda, que pasou ao Reino de Portugal e serviu aos reis D. João II e ao seu sucesor, D. Manuel I, nas navegacións e conquistas do seu tempo en África e na India Occidental, de quen di San Román na Historia da India, que foi nobre cabaleiro do bispado de Ourense”.

Esta referencia foi usada por moitos dos que telegraficamente se aproximaron a el: Fernández Alonso, Vicente Risco, Filgueira Valverde, Francisco Lanza, Rodriguez Elías, Rivas Quintas...

Naceu no castelo de Maceda (Ourense), e sendo rapaz, foi enviado pola súa familia a Portugal co fin de fuxir da axitación irmandiña, e da guerra civil que se deu pola sucesión do rei Enrique de Castela e Galicia, aliñándose moitos nobres galegos a prol da filla do rei a Raíña Xoana (a Excelentísima Señora), casada co herdeiro da coroa portuguesa, contra o bando, que o fin foi o ganador, organizado arredor da irmá do rei, Isabel, casada co herdeiro da coroa de Aragón.
O fracaso da opción pola Raíña Xoana fixo relevantes nobres fuxiran a Portugal (que dende a súa constitución como reino na época de Afonso Henriques (1143) fora moi permeábel cos nosos fidalgos).

A familia de Xoan de Nova viu como o seu castelo familiar era destruído en 1483 e parte da familia se refuxiou en Benavente coa familia Pimentel, e outros a Pontevedra, mentres Xoan ou João quedaba en Portugal.

Alí as súas habilidades valéronlle no reinado de João II (1481-1495) ser membro da súa garda persoal do rei, e o nomeamento polo rei Manuel I de Portugal como Alcaide menor de Lisboa en 1496.

O mundo daquela estaba cambiando: Europa importaba especies, sedas e ouro pola rota tradicional de Oriente Medio e o Mediterráneo. A caída de Constantinopla (dende aquela Istanbul), no 1453 na órbita dos turcos, complicou aquela actividade comercial encarecendo os produtos. Había que atopar unha rota alternativa á India circunnavegando África e ofertar as mercadorías a prezos máis baratos. Nesa teima andaba Henrique o Navegante que se instalara intencionadamente no Algarve: artellara un asteleiro, un observatorio astronómico en Sagres e centralizara o comercio e as descubertas africanas na factoría de Lagos.

Os europeos do século XV pensaban que o Cabo Bojador (Sahara occidental) era o límite: máis alá estaba a zona tórrida e o misterio inzado de tétricas lendas. Na época de Henrique, os éxitos nas descubertas polo Atlántico xa eran manifestos. Conseguiu do Vaticano, con non poucas contraprestacións económicas, a bula Romanus Pontifex (1454), pola que se lle concedía a Portugal o monopolio sobre a costa occidental africana. Cando morre Henrique (1460) xa todo estaba disposto para o ronsel de descubertas portuguesas que ían chegar:

Nese ano as carabelas portuguesas xa chegaran a Serra Leona.
No 1488 Bartolomeu Días dobraría o Cabo das Tormentas (Boa Esperanza) cara o Índico.
No 1498 Vasco da Gama chegaría -circunnavegando o continente negro- a Caleoute (actual Kozhikode), o grande emporio do Malabar indio.
No 1494 o soberano portugués e a raíña de Castela tiveran que pactar, logo da chegada de Colón ás illas do Caribe no 1492, o reparto do mundo coñecido e por coñecer, pois as bulas Aetemi Regis (1481) e Inter Caetera Divina (1493) non satisfacían as ambicións das dúas monarquías periféricas. En Tordesillas, o 7 de Xuño de 1494 asinaron os procuradores dous tratados con transcendentais repercusións. Preservaba para Portugal a exploración e conquista das terras situadas ao Leste dun meridiano distante 370 leguas das illas Cabo Verde. O que hoxe conforma Brasil fora delimitado a prol dos lusos. O Tratado de Tordesillas amosouse beneficioso para ambas partes. Ademais neutralizaba as incursións atlánticas das demais potencias europeas que quedaban fora de xogo.

En 1500 Alvares Cabral descubría oficialmente Brasil que fora tocado previamente polo andaluz Vicente Yáñez Pinzón e que por mor do Tratado de Tordesillas non puido tomar posesión.

Neste contexto aparece a III Expedición á India comandada polo mariño galego. Xoán de Novóa, en diante, João da Nova sabía -ao regreso de Vasco da Gama- que debería facer unha aproximación ás costas brasileiras para encarar con garantías o Cabo das Tormentas, xa que logo os ventos alisios do Atlántico non lle permitían facelo linealmente. A súa expedición foi de financiación mixta: coroa e banqueiros portugueses e trasalpinos, maiormente florentinos que procuraron novas filiais naquela Lisboa que emerxía como un grande emporio europeo no Atlántico. D. Manuel, Tristán da Cunha, Bartolomeu Marchionni ou Bartolomeu Manhioe (florentino) e D. Álvaro, o irmán do duque de Bragança foron os que armaron as catro carabelas (que non naos como indican os cronistas da época e moitos historiadores actuais) baixo mando de Xoan da Nova.

O 9 ou 10 de marzo de 1501, João da Nova partiu como comandante da terceira expedición portuguesa á India, liderando una pequena flota de catro barcos financiada polo florentino Bartolomeo Marchionni e o portugués Álvaro de Braganza. Durante esta expedición, crese que foi o primeiro europeo en ter visto a illa Ascensión (1501), pero no informó de ello.
Estableceron una factoría (posto comercial) en Cananor, na costa suroccidental da India, deixando alá un factor. Os rexistros históricos tamén acredítano como el descubridor da illa de Santa Helena o 21 de maio de 1502, na súa viaxe de regreso desde a India a Portugal, á que lle deu o nome en honor de Helena de Constantinopla.

Illa Juan de Nova
 O mariño galego descubriu outra illa que leva o seu nome (oficialmente un híbrido entre castelán, portugués e inglés). Hoxe pertence ao departamento de ultramar de Francia. Ile Juan de Nova está xeralizado que foi atopada polo navegante galego na viaxe de 1501. Así o recolle o Códice Add. 20902 da Bristish Library e as actuais autoridades administrativas da illa.



O mariño galego explorou nesa incursión o litoral oriental africano e logo, no Malabar indio (actual estado de Kerala), asentou a primeira factoría (lugar para o comercio) no mercado secundario de Cananor. Tivo problemas co Samorim (señor do mar) de Calecute, co que se enfrontou varias veces e das que sempre saíu airoso. Os islámicos establecéranse no Malabar no século XIV. Facían de intermediarios entre o Samorim e os venecianos. Rexeitaran aos intrusos barbados naquelas terras, xa que logo perigaba o monopolio do comercio.

João ou Xoán da Nova aínda atopou un territorio máis relevante, que non transcendeu ao longo dos séculos por mor do que se deu en chamar a política do sixilo e polo menosprezo manifesto de non poucos historiadores. A Illa Taprobana, actual Sri Lanka, até hai pouco Ceilán, foi tocada no 1501 polo mariño galego. En Colombo (a capital do país) atópase un padrón pouco convencional co escudo de Portugal toscamente esculpido e coa data 1501 ao seu carón, o vestixio máis antigo da presenza lusa (e galega) en Asia.

Nesa época Xoan de Nova descubreu e bautizou en 1501 dúas illas xemelgas no arquipélago das Illas Mauricio chamadas illas xemelgas de Agalega. Ate hai pouco se lle atribuía ese nome a Pedro de Masceranhas que visitou as Illas Mauricio en 1512 e pensábase que lles dera eses nomes de Agalega e Santa María en honor das súas dúas naves “A verdadeira Galega” e “Santa María”.

Pódese ler nun extracto de Les Nouvelles Annales de Voyage (tomo 38, páxina 88):

“L’Ile Galega, co artigo A Galega (a galega), leva ese nome por que ela foi descuberta en 1501 por João de Nova, galego ao servizo de Portugal, que comandaba unha flota destinada á India. De regreso a Europa o mesmo navegante descubriu as Illas da Ascensión e Santa Helena.”

A armada de João ou Xoan da Nova chegou completa a Lisboa o 12 de Setembro de 1502. Tomamos como fonte as cartas do negociante italiano Lunardo Nardi: “...despois de dezaoito meses e tres días de ausencia”. A carga, que non era tan avultada como reseñan os cronistas, compúñase de pedras preciosas, tisú, laca, benxuí e de espaciaría: moita canela que fornecera -maiormente- nos mercados de Ceilán, pementa e xenxibre.

Aos dous meses da súa chegada apareceu en Lisboa un planisferio -mal chamado Cantino- no que xa aparecía Ascensión, o litoral oriental africano perfeccionado e Ceilán ben ubicada por primeira vez na cartografía occidental.

João da Nova viu como o rei D. Manuel lle duplicaba o soldo que tiña cando era alcaide de Lisboa polo éxito acadado. No 1505 emprendeu outra viaxe cara a India no buque insignia da mariña portuguesa, a nao Frol de la Mar de 400 toneis de carga. Inicialmente ía formar tándem con Tristán da Cunha no vicerreinado da India. As viaxes duraban case ano e medio entre ida e volta. Tristán da Cunha fora elixido para como vicerrei  e Xoán da Nova para controlar o tráfico marítimo da zona, como capitán xeral (capitão-mor)  en oriente. Unha avitaminose súbita cegou ao amigo do mariño galego e o tándem desfíxose, pasando a prestar servizos co primeiro vicerrei da India portuguesa Francisco de Almeida, téndolle sido concedida polo rei unha carta que o facultaba para ser capitán xeral (capitão-mor) da flota da costa india si fora preciso.
Conquistaron Mombasa (na costa oriental de África, actual Kenia) e chegaron a Cochín (na costa india, actual estado de Kerala) o 1 de novembro, onde João da Nova enfrontouse valentemente á frota do zamorín de Kozhikode.
Xurdeu un conflito con Almeida, que non lle concedeu o título de capitán xeral, sino que favoreceu no seu canto ao seu propio fillo Lourenço de Almeida, volveu de regreso a Portugal.

Reproducción actual do Frol de la Mar
Cando volvía o seu barco Frol de la Mar tivo una fuga no casco no cabo de Boa Esperanza y el enfermou, decidindo esperalos monzóns na illa, desde entón, chamada illa Juan de Nova. Alí, en 1506, atopouse co seu bo amigo Tristão da Cunha, que ao mando dunha flota de 14 barcos ía rumbo á illa de Socotra, e que fixo todo o posible para salvalo a el e ao seu barco, sendo reparado en Mozambique. Xoan da Nova uniuse á flota e seguiu á India, para non volver a Portugal de novo.
Nesta expedición navegou baixo o mando de Afonso de Albuquerque, comandante dunha escuadra de seis barcos, que posteriormente separouse baixo as ordes reais secretas para atacar á illa de Ormuz (1507) (e tendo a misión secreta de remprazar ao vicerrei Almeida como próximo gobernador da India). Porén, João da Nova partiu tamén descontento con Albuquerque, que non accedeu a súa carta. Más tarde, Albuquerque fixo arrestar a João da Nova despois dun conflito no que incluso lle tería golpeado, porque tiña a intención de navegar á India, en contra das ordes de Albuquerque de ir á península arábiga para recoller subministros en preparación para a conquista de Ormuz. Finalmente, João da Nova foi perdoado, porque era necesario e polo coraxe que amosou no ataque contra Mascate, Omán.
João da Nova foi ferido en Ormuz, e morreu en 1509 en Cochin, India.


Afonso de Albuquerque, a pesar do enfrontamento que tivera con il, lle fixo grandes honores funerarios.