A
regulación laboral das pensións en España é moi complicada, e require unha
comprensión completa de moitas normas, e das súas modificacións sucesivas e
continuas ao longo do tempo. Tal complicación esixe aos futuros pensionistas
acudir aos servizos dos avogados, dos sindicatos, para intentar determinar cal
será a contía da súa pensión, que, en todo caso, está sometida ás sucesivas
leis de actualización de pensións que aproba o Goberno todos os anos.
Dende que me dedico profesionalmente ao asesoramento
laboral sempre pensei que o sistema podería ser máis claro e máis sinxelo. De
feito, non hai unha razón para ter deseñado un sistema tan complicado, a non
ser que a intención sexa facelo críptico e pouco comprensíbel. Está deseñado
para que a xente nunca teña claro cales van a ser as súas pensións, e para
atribuír as eventuais suba das pensións aos políticos, e non aos traballadores
e empresas que viñeron facendo aportacións ao longo do tempo de traballo.
De xeito moi resumido podemos dicir o seguinte:
O conxunto
dos salarios pagados aos traballadores anualmente (salarios, complementos e
pagas extras), dividido por 12 conforma a chamada Base de cotización, que
non coincide necesariamente co valor bruto mensual que cobra, que para ser asimilábel
á base de cotización deberían engadirselle as pagas extras, se as houbera.
Sobre esa
Base de cotización, as contribucións á seguridade social da empresa e os
empregados son unhas porcentaxes que responde a unha serie de conceptos:
|
% empresa
|
% traballador
|
% total
|
Conceptos comúns
|
23,60
|
4,70
|
28,30
|
Desemprego
|
6,70
|
1,60
|
8,30
|
Fondo de Garantía Salarial
|
0,20
|
|
0,20
|
Formación Profesional
|
0,60
|
0,10
|
0,70
|
TOTAL
|
31,10
|
6,40
|
37,50
|
A maiores
as empresas deben cotizar polo risco de posíbeis accidentes de traballo unha
cotización adicional que se establece anualmente para cada actividade segundo
uns índices de siniestralidade, e que poden oscilar entre o 1% para actividades de oficina a 7,15% para actividades como extracción
de pedra ornamental.
En función
do anterior, para o Servizo Público de
Emprego Estatal (SPEE) vai o 7,05% de todas as cotizacións de todos os
traballadores indefinidos, o 8,3% de todas as cotizacións dos traballadores de
duración determinada, e o 9,3% dos contratos de duración determinada a tempo
parcial para cubrir as eventuais prestacións por Desemprego. A efectos dos
exemplos que imos usar tomouse a cotización de traballadores non indefinidos do
8,30%.
Para o Fondo de Garantía Salarial (FOGASA) vai
o 0,20% de todas as cotizacións de
todos os traballadores para cubrir as prestacións que ten encarregado tal
organismo.
Para Formación Profesional (FP) destinase o 0,70% de todas as cotizacións de todos
os traballadores. A onde van eses cartos é o suficientemente divertido como
para ser obxecto de outra comunicación.
Para as
chamadas continxencias comúns, isto é, xubilación, invalidez, viudez, orfandade
e favor familiares, destinase o 28,30%
de todas as cotizacións, de todos os traballadores, de todos os salarios que se
abonan en España, mes a mes.
Vamos a
considerar o caso dun traballador cun salario bruto mensual de 1.500 euros.
O esquema da súa nómina podería ser o seguinte:
Salario Base:
|
1.100
|
Complementos salariais:
|
185
|
Pagas Extras prorrateadas:
|
215
|
Total
|
1.500
|
O custe da
empresa son eses 1.500 euros, máis a cotización á Seguridade Social. A Base
reguladora a efectos de cotización sería tamén 1.500 euros, e seguindo as
porcentaxes anteriores, as cantidades serían as seguintes:
Continxencias comúns
|
23,60
|
354,00
|
Desemprego
|
6,70
|
100,50
|
FOGASA
|
0,20
|
3,00
|
Formación Profesional
|
0,60
|
9,00
|
Accidentes de Traballo
|
4,00*
|
60,00
|
Total
|
|
526,50
|
Débese
advertir que a cotización por accidentes de traballo recae exclusivamente na
empresa e é variábel para as distintas actividades e para as distintas
profesións dentro da empresa.
Por tanto,
o custe laboral para a empresa responde á seguinte fórmula: 1.500 + 526,50 = 2.026,50 euros/mes, correspondente a 24.318 euros ano.
Pero o
traballador non leva para a súa casa 1.500 euros; ao seu salario bruto,
aplícanselle as deducións e son
as seguintes:
Continxencias comúns
|
4,70
|
70,50
|
Desemprego
|
1,60
|
24,00
|
Formación Profesional
|
0,10
|
1,50
|
IRPF
|
15,00
|
225,00
|
Total
|
21,47
|
321,00
|
A
porcentaxe de IRPF pode variar en función das circunstancias persoais do
traballador, pero adoptando un tipo medio, o envexado traballador que se supón
ten hoxe un Salario Bruto de 1.500 euros, levaría á súa casa 1.179 euros, isto é, 14.148 euros ano.
Os
traballadores deberían ser conscentes de cal é o seu Custe laboral, dado que é o parámetro fundamental que terá en conta
a empresa para proceder a un eventual despedimento, ou para decidir unha
eventual contratación.
Isto é,
toda empresa calcula perfectamente o Custe laboral, de cada un dos seus
traballadores, e o pon en relación co valor da Produtividade de cada un do seus traballadores, isto é, co retorno
que produce o traballo de cada quén, que unhas veces poderá determinalo de
xeito obxectivo e outras non, e será simplemente obxecto de avaliación
subxectiva.
O traballador
do exemplo debería ser conscente que esa diferenza
(que se chama Cuña Fiscal anque a
súa orixe non é exclusivamente polos impostos) non a percibe a empresa, a
percibe o Estado, e esa cantidade (¡847,50 euros mes, 10.170 euros ano!) non
repercute no traballador, senón no manteñemento do Estado.
Ao
traballador do noso exemplo deberíalle dar igual si lle din que so seu salario
mensual é de 1.179 euros, que se leva para a súa casa, e que a empresa lle
abona a maiores en impostos e cotizacións sociais hasta 2.026,50 euros; que si
se establece que o seu salario mensual sexa de 2.026,50 euros/mes a pagar pola
empresa, e ao tempo asumira o mesmo todas as cotizacións que se estableceran
polo Estado, e so lle quedara para a súa vida 1.179 euros. Debería ser o
mesmo... pero non o é.
A
existencia da chamada cuña fiscal ten unha lóxica perversa, dado que estamos
diante dunha falacia legal na que se
precisa ocultar e enganar aos
traballadores da magnitude do Espolio
estatal.
As empresas
parten da determinación do Custe Laboral de cada traballador. Tal Custe laboral
é o prezo que costa cada un dos traballadores á empresa e está integrado polo
salario do traballador que leva para a súa casa, e todos os impostos e
cotizacións que gravan a súa relación laboral.
Para manter
o engano, é necesario que o traballador non sexa conscente de cal é o seu custe
laboral, e por tanto, de tan grande é a diferenza entre o que se leva para casa
e o que lle custa á empresa, e esa diferenza coñecese como Cuña fiscal.
¿Qué
importancia ten que exista esa Cuña fiscal?
Esa Cuña fiscal é imprescindible para
manter unha MENTIRA, e un ENGANO. O real, o único real para o
traballador é lo que leva para a súa casa. O único real para a empresa é o que
lle custa un determinado traballador. O Poder necesita que o traballador non sexa conscente do Custe Laboral que
lle supón á empresa, dado que podería decatarse da magnitude do espolio que
está a sufrir do Estado. Un traballador que leve á súa casa 1.179 euros ten que saber que o seu Salario Real (o Custe Laboral) é de 2.026,50
euros, e por tanto, que o Estado se queda con 847,50 euros ao mes para adicar (supostamente) a necesidades do
propio traballador.
O
traballador pensa que por todo o seu traballo, e por toda a súa dedicación á
empresa leva para a súa casa pouco máis de 1.000 euros, e a empresa pensa que
ese traballador lle custa mensualmente máis de 2.000 euros. O traballador
pódese sentir mal pagado e sentir carraxe contra a súa empresa, e a empresa pode
sentir que a actitude do traballador non é a máis axeitada para ‘defender’ o
custe que lle causa.
¿E quén ten razón?
Téñena
os dous, dado que non fixan a súa atención no Raposo Roubaperas, no Lobo
Feroz, no Vampiro Chupasangue,
na Sambesuga Voraz. Non lle prestamos atención ao Estado.
O Estado
prefire que pensemos que o noso salario é de 1.179 euros ao mes, e que as
cotizacións pagadas pola empresa é unha taxa aplicábel á empresa que nada ten
que ver cos traballadores. É como dicir “non, non estamos quitándolle esa cantidade a
vostede, honrado traballador, estamos quitándollo á malvada empresa que o
contrata”.
A
diferenza é psicolóxica: Si o traballador cree que so lle pagan 1.179 euros, e
que as cotizacións e os impostos os paga a empresa, non se sentirá tan
espoliado como si é conscente de que a súa retribución total é de 2.026,50
euros, e so se leva 1.179 para a súa casa, e dirixira toda a súa incomodidade e
frustración contra a Empresa, que non deixa de ser outra vítima como él mesmo.
A
Cuña Fiscal é unha das causas do desemprego estrutural crónico de España.
A financiación
da Seguridade Social por cotas de cotizacións aumenta os Custes de traballo
e constitúe un factor de disuasión e desincentivo para a contratación. Nada
desincentiva máis a contratar que a obriga que asume o empregador de pagar
elevadas aportacións á Seguridade Social cada vez que asina un contrato
laboral. As cotizacións da Seguridade Social en España son das máis altas do
mundo. A diferenza entre o que un traballador leva para a súa casa, e o Custe
que ese traballador lle supón para a empresa. Canto maior sexa a cuña fiscal,
máis trabas á contratación existen.
Os traballadores comproban
mes a mes na súa nómina qué porcentaxe do seu salario se lle desconta por
continxencias comúns (4,7% da súa
base reguladora), pero non son conscientes da cantidade que a empresa paga por
tal concepto, e por outros como Formación Profesional, Desemprego, Fondo de
Garantía Salarial e Accidentes de Traballo, e que xa vimos alcanza o 40-44% das
súas cotizacións.
Para
ser honestos, das anteriores cantidades deberíamos expurgar a cantidade
correspondente a IRPF, que corresponde coa contribución que todo cidadán ten
que facerlle ao Estado (¡xa falaremos xa!), e por tanto, deberíamos
concentrarnos nas cotizacións á Seguridade Social exclusivamente.
Teóricamente
todas as cotizacións, excepto a correspondente a IRPF, son finalistas, isto é, teñen como obxecto as finalidades que lles dan
nome. Así, as cotizacións de Desemprego deberían cubrir todas as Prestacións de
Desemprego que se abonan en España, pero iso
non sucede así: Podería ocorrer que houbera anos nos que as cotizacións de
Desemprego foran dabondo (o que causa a ‘xenerosidade’ dos políticos aumentando
as prestacións) e ocorre que os anos nos que as cotizacións de Desemprego son
insuficientes, debemos completalas entre todos, vía Orzamentos Xerais do Estado,
ou sexa, vía impostos ou Débeda Pública. Por tanto, as cotizacións sociais
pretenden ser finalistas para acadar máis lexitimidade social, pero en
realidade non son finalistas, senón un sistema máis de someter á cidadanía a
unha maior presión fiscal.
Pensións
en España
Vamos a
centrar a nosa atención nas pensións e nas cotizacións vinculadas ás mesmas chamadas
de continxencias comúns, o 28,30 % de todas as cotizacións de
todos os traballadores. Coñecemos como continxencias comúns as referidas a
Incapacidade, Xubilación, e Prestacións por causa de morte.
A primeira
tentación é pensar que, a cargo dos traballadores, é so o 4,70%, e a cargo exclusivo das empresas é o 23,60%, pero o anterior é unha falacia: O Custe laboral de cada traballador o ‘paga’ ese mesmo traballador coa
súa Produtividade, e co Retorno que causa á empresa que o contrata.
Segundo as estatísticas
oficiais publicadas na páxina de internet da Seguridade Social, o número de
pensionistas que existen en agosto de 2013 en España, e a distribución entre as
distintas continxencias comúns son as seguintes:
Pensión
|
Incapacidade
|
Xubilación
|
Viudez
|
Orfandade
|
F.Familia
|
Total
|
Pensionistas
|
935.113
|
5.468.008
|
2.338.437
|
308.173
|
37.671
|
9.087.402
|
Porcentaxe
|
10,29%
|
60,17%
|
25,73%
|
3,39%
|
0,41%
|
100%
|
Contía media
|
908,79
|
981,92
|
618,29
|
370,94
|
501,66
|
858,11
|
Como
podemos comprobar a porcentaxe maior corresponde ás Pensións de Xubilación, e tamén
temos que ter en contra que se contabilizan como Pensións de Incapacidade as pensións
de persoas maiores de 65 anos, que en todo caso terían dereito á pensión de xubilación
no caso de que non tiveran percibindo xa a pensión de invalidez.
¿Cómo
se calcula a pensión de xubilación en España?
Para o
cálculo da pensión de xubilación debese partir do concepto de Base reguladora da pensión. Tal base é
a suma dos salarios reais percibidos no período de referencia, e que hasta hai
pouco era de 15 anos, o ano 2013 é de 16 anos, e cada ano irase incrementando
un ano máis hasta o ano 2022 en que xa quedará fixado en 25 anos.
Por tanto, a
Base reguladora é a suma das bases cotizadas durante un determinado período (en
función do ano de xubilación), e dividido polo número de anos tido en conta
multiplicado por 14.
Isto é, si
me xubilo no ano 2013, teranse en conta as cotizacións durante 16 anos (que son
192 meses) e se dividirá por 224. Este cálculo faise co fin de abonar pagas
extras aos pensionistas (¡outro truco ilusionista máis!)
A base reguladora para os 24 meses
anteriores á xubilación son tomadas polo valor real, e todos os elementos
anteriormente son actualizados segundo o IPC a partir do mes núm. 25.
Despois de calcular a base reguladora,
debemos considerar os anos de cotización, dado que en función do seu número se
nos atribúe unha porcentaxe:
·
15 anos é o número mínimo de anos, e se asigna unha
porcentaxe do 50%.
·
Para cada mes adicional de cotización adicional se asigna
un 0,19% que representa un 2,28 % anual.
·
100% da pensión alcanzase en 2012, con 35 anos de cotización, e agora estamos
nun período de transición que remata en 2027, cando serán esixíbeis 37 anos de cotización.
A partir deste esquema básico existen
multitude de posibilidades, como a xubilación anticipada, no que o cálculo
faise de xeito similar, pero aplicando porcentaxes de desconto por cada ano que
lle falte para cumprir a idade normal de xubilación, ou bonificacións por idade
para determinadas actividades, nas que se ‘finxe’ que o traballador ten unha
idade maior da que realmente ten.
Para facer unha simulación das cantidades
aportadas en nome dun traballador ao longo da súa vida laboral, imos supoñer
que os 24 meses anteriores á xubilación tivo unha Base de cotización de 1.000 euros, e que todos os meses que
preceden o mes 24, actualizados segundo o IPC, da tamén a cantidade de 1.000
euros ao mes.
Polo tanto, en 2013, o cálculo da súa
base de cotización será de: (1000 × 192)/224 = 857,14
Supoñamos tamén que cotizou ao sistema
durante 40 anos.
Polo
tanto, o noso amigo tería dereito o 100% da pensión, e tería unha pensión
mensual de 857,14 €, a pagar en 14
pagos anuais.
É mellor que o noso amigo non se poña a
facer cálculos do que cotizou ao longo da súa vida, por que lle podería quedar
unha cara de parvo nos anos que lle queden de xubilado.
Pero nunha entrega anterior, xa vimos
que o sistema está quebrado de feito... é non é quén de afrontar os compromisos
de pensións que se lle presentan no futuro, e ao mesmo tempo, o valor medio das
pensións "en España é moi baixo e, dado o que se cotizou, o retorno debería
e podería ser moito maior. As cotizacións de traballadores adicanse ao pago das
pensións existentes e, polo tanto, non xeran interese.
¿Como funciona un sistema de capitalización individual?
Como sabemos o sistema de
capitalización consiste en aportacións obrigatorias por parte do traballador e
da empresa dunha porcentaxe do salario que son depositadas nun Fondo de Aforro que será xestionado por
unha Entidade recoñecida e autorizada polo Estado. A aportación a cargo da
empresa, e a cargo do traballador é un tema a determinar.
Desde o exposto, as variacións poden
ser múltiples:
A Entidade xestora pode ser elección
para cada traballador, ou pode ser elixida pola empresa mentres o traballador
preste servizos para ela, recuperando a xestión do seu Fondo no momento en que o traballador abandona a empresa.
Os criterios de investimento da
Entidade Xestora pode ser totalmente libre de cada entidade, ou parcialmente
determinada polo Estado. Estes criterios de investimento poden ser de baixo
risco, ou poden ter un perfil máis arriscada, de acordo coa preferencia de cada
cliente (sexa o individuo traballador ou a empresa).
Así, a relación entre o traballo e a
recompensa xa non se modifica por criterios políticos e tamén o aforro de
xubilación beneficiase do mecanismo dos xuros compostos.
Nun país como Chile que adoptou o
sistema de capitalización hai trinta anos, en 2012, a variación do valor dos
fondos de pensións medrou, en media, un 10,2
%. Analizando o período 2002-2012 , as ganancias variaron de 3,87 % dos fondos de tipo conservador e
do 6,74 % dos fondos máis arriscados.
Para España, os cálculos de Albert
Esplugas son reveladoras: capitalizar as cotizacións das pensións de xubilación
permitiría cobrar unha media mensual de €
3.500, tras 30 anos de traballo. O valor subiría a 7.500 €, tras catro décadas de traballo e cotización. Aínda que
este cálculo está baseado nunha bolsa de perfil medio, a rendibilidade pode ser
maior ou menor dependendo do fondo seleccionado.
A
pesar dos desafíos desta revolución, as vantaxes deste sistema son notábeis:
- Os
pensionistas deixarían atrás un sistema que xera só Pensións equivalentes ao 40
% ou 50% do salario medio. O aumento do poder adquisitivo dos pensionistas
fortalecería o resto da economía , en termos de aforro, consumo e investimento.
-
O debate político deixaría de lado o tema da xubilación, terminando así a
posibilidade de usar as pensións como un arma política e reducindo a criterio
do sistema.
-
As empresas e os traballadores beneficiaríanse de cotizacións sociais máis
baixas xa que o sistema funciona con capitalización de entrada entre 10 % e 20%
do salario.
-
Por último, poderíamos falar de España como unha sociedade de propietarios, na
que cada traballador estaría máis interesado en aspectos como o aforro , o
investimento , etc.
Desde o inicio da crise, a Seguridade
Social ve como aumentaron os seus gastos anuais nun 35%. A ‘factura’ das pensións en 2014 supón o 35,9% do PIB, e supón un gasto de 127.483 millóns de Euros. Segundo
o Ministerio de Traballo, España xa ten nove millóns de cidadáns con dereito de
Pensións contributivas.
As proxeccións demográficas confirman
que os datos van empeorar conforme os anos pasan. Só entre 2007 e 2013 , o
número de xubilados aumentou en medio millón de persoas , un aumento de máis do
10%. Durante o mesmo período, a pensión recibida por este grupo aumentou 26,5
%.
Debido á elevada taxa de paro que
soporta España, a afiliación da Seguridade Social caeu significativamente: hoxe
temos 16,3 millóns de cotizantes sostendo as pensións de 9 millóns de xubilados
nunha relación de 1,9, que non se vira dende mediados dos anos 90.
A única solución que se nos ofrece
dende os partidos políticos, PP e PSOE, é buscar medidas que fagan sostible o
actual e fracasado sistema actual, cando é evidente que o modelo de reparto
actual non se poderá soster no tempo. Pero ademais ¿de que se fala cando de di
‘facer o sistema sostible’?
Consiste en reducir as pensións, todas
as pensións, e en atrasar a idade de xubilación, pero aínda así estas receitas
son parches destiñadas a manter un pouco máis un sistema fracasado.
ESTAFAS E MENTIRAS. V . Transición de un sistema de reparto a uno de capitalización
Que un Estado pase dun sistema de
Reparto a un Sistema de Capitalización ten un Custe, e debemos afrontar dúas
‘facturas’.
A primeira factura é quén se fai cargo das pensións existentes neste
momento. No sistema de Reparto as pensións son pagadas en cada momento por
aquelas persoas que están contribuíndo, e si estes contribuíntes adican os suas
cotizacións a formar o seu Fondo de
Capitalización individual ¿Quén paga aos actuais pensionistas? Lembremos
que os actuais pensionistas non capitalizaron as súas aportacións porque estas
foron adicadas a abonar as pensións existentes cando eles estaban cotizando.
Evidentemente
as pensións existentes neste momento e nos próximos 30 anos deben ser abonadas
vía:
·
Orzamentos Xerais do Estado
·
Débeda Pública a 30 anos
·
Unha cotización complementaria,
aplicable no período de transición do 15%, e que diminuiría 0,5 puntos cada ano
durante todo o Período de Transición.
Evidentemente,
esta cotización complementaria non sería suficiente, polo que tería que
emitirse Débeda Pública a longo prazo, e debería combinarse con un severo adelgazamento
de todas as Administracións Públicas.
A segunda factura que debemos afrontar no caso dunha transición dun
sistema a outro é cómo recoñecer a todos os cotizantes o tempo que estiveran
cotizando ao sistema antigüo. Efectivamente, os actuais cotizantes estiveran
contribuíndo ao longo dos anos para abonar as pensións existentes nese período.
A
solución pasa por recoñecerlles dereito á pensión que tiveran xerado conforme ás
regras e normas existentes no antigo sistema, pensión que sería abonada pola
Seguridade Social, no momento en que cumpriran a idade regulamentaria, ou ben,
Un
Bono de Recoñecemento que lles
entregaría o Estado, a abonar no momento da súa xubilación ou invalidez, e que
lles compense polas contribucións realizadas ao sistema de Reparto.
Ten
que quedar claro que se trata dunha Transición dun sistema a outro, non na
transformación do sistema de reparto nun de capitalización, coa creación dun
Fondo para capitalizar o actual pasivo do sistema público de reparto.
¿Debería ser voluntario o cambio de sistema?
En
Chile realizouse de xeito voluntario, e as novas persoas que ingresaban no sistema
podían elixir entre o sistema antigo e o novo sistema de capitalización. En
España non é posible dado que o actual sistema de reparto é moi extenso e moi
deficitario, históricamente deficitario, pero coa debacle demográfica e
económica o será aínda máis, e a opción
por ese sistema significa a vontade de que outros paguen por unhas pensións e
por un sistema insostíbel.
Proponse empezar cunha taxa de
contribución do 28,30%, idéntica á
actual, que diminuiría un 0,5% cada ano durante os próximos 30 anos. Da citada
contribución o 13,3% sería sempre
destinado o Fondo de Capitalización
individual, e a porcentaxe menguante sería a Taxa de Aporte á Transición ao pago das pensións existentes no
intre de inicio do sistema, conforme á seguinte táboa:
Anos
|
Cotización
|
Ao Fondo individual
|
Taxa de aporte transición
|
1º
|
28,3%
|
13,3%
|
15%
|
2º
|
27,8%
|
13,3%
|
14,5%
|
3º
|
27,3%
|
13,3%
|
14%
|
4º
|
26,8%
|
13,3%
|
13,5%
|
5º
|
26,3%
|
13,3%
|
13%
|
6º
|
25,8%
|
13,3%
|
12,5%
|
7º
|
25,3%
|
13,3%
|
12%
|
8º
|
24,8%
|
13,3%
|
11,5%
|
9º
|
24,3%
|
13,3%
|
11%
|
10º
|
23,8%
|
13,3%
|
10,5%
|
11º
|
23,3%
|
13,3%
|
10%
|
12º
|
22,8%
|
13,3%
|
9,5%
|
13º
|
22,3%
|
13,3%
|
9%
|
14º
|
21,8%
|
13,3%
|
8,5%
|
15º
|
21,3%
|
13,3%
|
8%
|
16º
|
20,8%
|
13,3%
|
7,5%
|
17º
|
20,3%
|
13,3%
|
7%
|
18º
|
19,8%
|
13,3%
|
6,5%
|
19º
|
19,3%
|
13,3%
|
6%
|
20º
|
18,8%
|
13,3%
|
5,5%
|
21º
|
18,30%
|
13,3%
|
5%
|
22º
|
17,8%
|
13,3%
|
4,5%
|
23º
|
17,3%
|
13,3%
|
4%
|
24º
|
16,8%
|
13,3%
|
3,5%
|
25º
|
16,3%
|
13,3%
|
3%
|
26º
|
15,8%
|
13,3%
|
2,5%
|
27º
|
15,3%
|
13,3%
|
2%
|
28º
|
14,8%
|
13,3%
|
1,5%
|
29º
|
14,3%
|
13,3%
|
1%
|
30º
|
13,8%
|
13,3%%
|
0,5%
|
Calcúlanse
tres Períodos de 10 anos de duración
cada uno. O Período Inicial, o gasto
fiscal do Estado será superior que manter o actual sistema, no Período Intermedio, a taxa de crecemento
económico elevase nun 1% por ano como consecuencia do proceso iniciado por esta
reforma, e o gasto fiscal do Estado igualase en ambos sistema, e no Período de Consolidación, que debería
ser un escenario de crecemento económico, e nos que o gasto fiscal do Estado diminuiría
cada ano progresivamente.
As
fontes principais de financiamento son unha «Débeda ponte» (a tipos de xuros de mercado) que adquire o Estado
cos novos Fondos de Pensións creados polo sistema de capitalización, e a Taxa de Aporte á Transición, unha taxa
transitoria que reempraza parte das actuais contribucións e que, de feito, crea
un Fondo Común para ir abonando parcialmente as pensións dos traballadores que
xa fixeran cotizacións ao antigo sistema.
No medio e longo prazo a reforma
produciría un significativo superávit fiscal, o que permite eliminar a Taxa de
Aporte á Transición— cun gran impacto positivo sobre o emprego ao reducir este gravame
á contratación de traballadores— e pagar a «Débeda ponte» que ten asumido o Estado.
Segundo
algúns estudios o custo de capitalizar o actual sistema de reparto custaría dúas
veces e media o PIB español, o que reflicte a magnitude da insolvencia de este.
A proposta que se fai non consiste en crear un fondo para capitalizar os
compromisos que debería enfrontar o sistema de reparto, senón en transitar
gradualmente desde o actual sistema a un de capitalización, maximizando o uso
de fontes endóxenas de financiamento da transición.
Un sistema de capitalización é
de contribucións definidas e beneficios resultantes. Por tanto, por definición, non pode quebrar. A pensión axustase automaticamente
á realidade, calquera que sexa. Precisamente unha das grandes fallas estruturais
do sistema de reparto é que promete certos niveis de beneficios, cuxo cumprimento
depende, de xeito determinante, de variables que ningún goberno pode controlar,
como a taxa de fertilidade ou as expectativas de vida da poboación. Cando estas
cambian de xeito negativo para o sostenemento do sistema de reparto, como está a
suceder en todos os países desenvolvidos no que se chama o proceso de
envellecemento da poboación, os gobernos teñen que reducir os beneficios
prometidos, o que equivale a recoñecer a quebra económica, facendo recaer o custo
da insolvencia nos futuros pensionistas.
Ao
final da vida laboral, co capital acumulado na conta de aforro individual danse
dous posíbeis escenarios: Un,
transformar ese capital nunha pensión vitalicia nunha compañía de seguros de
vida. Outro, manter ese capital na
empresa que lle administrou a conta por anos e realizar retiros mensuais
programados (segundo unha fórmula que incorpora a expectativa de vida do
traballador). Nesta segunda opción, si o xubilado morre, o saldo do capital na
conta constitúe herdanza para os seus familiares. En ambos casos, a pensión ten
un mínimo garantido polo Estado.
Si
ao longo da vida laboral o traballador vai ao paro non ten a obriga de facer
apartacións a súa conta de aforro individual durante ese período. Poren, os aforros
seguen percibindo as ganancias que reporta a rendibilidade do Fondo de Pensións
no que están os seus aforros. Si así o desexa, unha vez empregado novamente pode
compensar estes períodos sen aportes a través de contribucións voluntarias por
encima do mínimo que esixe o sistema.
É
este un sistema de maior responsabilidade individual, e por tanto, durante
certos períodos poderían xerar os fondos de pensións rendementos negativos,
pero a historia dos mercados de capitais demostra que, no medio e longo prazo,
cunha carteira diversificada que logre unha axeitada combinación risco-rendibilidade,
pódense obter taxas de rendibilidade positivas en termos reais (isto é, por
encima da inflación) de, polo menos, un 4%
ao ano. A rendibilidade negativa so pode darse en curtos períodos puntuais.
a clave é comprender que si ben os mercados de capitais por definición implican
algún elemento de risco, este pode ser minimizado, mentres que o risco do sistema
de reparto estatal provén tanto de variábeis políticas como de variábeis
demográficas acerca das que o traballador non ten protección algunha.
O
modelo proposto foi instaurado en Chile con pleno éxito, e nese país, financiar
a transición supuxo un desembolso do 4% do PIB, pero en España, dado o xeneroso
e irreal do actual sistema, é máis realista esperar un desembolso do 10% do PIB.
En Chile,
pagar as prestacións complementarias que garanten as pensións mínimas supón un
gasto anual inferior ao 1% do PIB;
en España, neste momento de crise suporá un gasto do 6% do PIB, pero é de esperar que nunha situación económica normal, se
reduza hasta o 2,5%.
En Chile a presión fiscal reduciuse
en dez puntos do PIB grazas ao cambio de sistema, e en España, a instauración do
sistema de capitalización, pode supoñer nun prazo de 15 anos unha redución de ao
menos 15 puntos.
A Débeda
pública chilena es lixeiramente superior ao 10% do PIB, un dos niveis máis baixos da OCDE. En España en nos
Orzamentos Xerais de 2014 prevese unha Débeda Pública do 100% do PIB, o que converte esta e outras reformas en absolutamente
urxentes e vitais.