lunes, 1 de agosto de 2011

A TRABALLOSA E ABURRIDA REVOLUCIÓN (POSIBLE) I


Este mancado Estado social de dereito é aburrido: a protección do Estado na sanidade, na educación, na seguridade pública, fai que o ámbito da aventura sexa cativo. Non vivimos no século XVII ou XVIII onde o estado tiña a vocación de absoluto e universal, pero lle faltaban medios e mecanismos para levalos a cabo. Agora vivimos nun estado a quen lle sobran os medios e mecanismos de control, que están exercitando dun xeito moito máis amplo a como nunca se exercitou o poder, para podar a nosa liberdade, pero coa escusa de que todos eses controles son polo noso ben.

Non pode haber liberdade sen a posibilidade real e tanxible do fracaso e do erro, e non hai mellor xeito de agulletarnos que someternos a exames continuos sobre as nosas necesidades e as nosas motivacións.

¿Por qué fumas? ¡Faiche mal!, se segues a fumar a pesar dos estudos científicos que se amosan que o tabaco é prexudicial, é que non te queres, non es unha persoa equilibrada, e por tanto, debes ter menos dereitos que o resto das persoas: un menor acceso á sanidade, ou un peor trato nalgún conflicto que teñas en materia de familia coa túa muller ou a túa parella...

¿Por que estás obeso? ¿non sabes que a obesidade é a principal causa de morte nos países desenvolvidos?, estamos para axudarte... sabemos que non o podes evitar, e que tés dependencia coa comida. O feito de que te cataloguemos como adicto a unha dependencia (á comida) fai que todos sospeitemos que tes un desenvolvemento da túa persoalidade deficiente ou inmadura.

Non nos deixan equivocarnos: debemos conducir a modo, para evitar accidentes; creouse un conxunto grande de funcionarios que controlan a etiquetaxe do que consumimos, e que se dedican a proxectar a nosa vida, para indicarnos como vivila. Pretenden que adiquemos un tempo taxado as nosas labouras do fogar, e calculado de xeito equitativo coa nosa parella, que resolvamos os nosos problemas de disfunción eréctil acudindo aos médicos competentes, dado que “todos temos dereito a unha vida sexual sana”.

E seguimos soñando coa revolución: con esa aceleración do tempo no que os humanos sexan actores e dirixentes do evoluir da realidade. Soñamos con agarrar o mastro dunha bandeira, e ir correndo todos, rúas abaixo, ate onde reside a inxustiza, e alí, esnaquizala, e comezar a vivir unha nova época de felicidade e liberdade. Soñamos coa verba precisa, coa acción necesaria para remexer conciencias que poida conseguir que todos actuemos ao unísono. Soñamos con protagonizar o cadro de Delacroix “A liberdade guiándo ao pobo”, e correr detrás de esa moza co peito ao aire...

Ese é o sono dos chamados ‘indignados’, responden á nosa necesidade de cambiar, de rachar coa inxustiza, de correr e desfogarse con ganas...

Pero cando espertamos, xa non sabemos qué bandeira temos que asir, e non sabemos cara a onde correr, dado que o desasosego e a inxustiza non reside en ningún lugar determinado, senón que, como a choiva, empapa todo, e nos empapa a nós.

E entón, cando aínda molestos por que nos derramaron os soños, tendemos a facer trampas, e collemos atallos para non pensar, e buscamos culpábeis coa urxencia dos colgados.

¿A culpa é dos Bancos?, Os bancos son aquelas empresas nas que lles ingresas un euro, che convencen de que eles están a gardar o teu euro, e eles o prestan de xeito sucesivo, multiplicando cada euro que lles entra no peto por 16. Podemos, derrubar os Bancos, pero volveríamos inmediatamente ao século XIII, volveríamos a unha situación de pobreza, e feudalismo. Os bancos viven do mito e do conto de que os cartos son un ben físico, ‘contante e sonante’ (que podemos contar e que soa na bolsa ou no peto), e so eles saben que son contantes, que continuamente contamos, pero non sonsonantes’, é decir, non teñen substancia física alén da súa magra representación nas moedas e nos billetes que usamos para pagar o café ou o aluguer. Quen queira saber o que son os cartos, que estudie Física cuantica. Os cartos son a súa velocidade de circulación, e nos cremos que son moedas. Si derrubaramos os Bancos, volveríamos a morrer como se morría no feudalismo...
Mellor deixar aos Bancos en paz...

¿A culpa é das grandes multinacionais? Nos falan de empresas como IKEA, ou como ADIDAS que nas súas fábricas en China o no sudeste asiático explotan aos traballadores, pagándolles unha miseria cando aquí venden os seus productos por un valor 30 veces superior. Eso é certo, pero tamén é que eses traballadores ‘explotados’ son los privilexiados neses países, e eses traballadores treman cada vez que dende occidente os queremos salvar, dado que a salvación que nos lles propoñemos, supón que eles sexan máis amolados.

¿A culpa é de das empresas? Todos debemos loitar por conseguir un ambiente de traballo axeitado e respetuoso en cada unha das empresas. Moitas empresas, debido a motivacións internas (convencemento dos directivos) ou externas (presión social) están adoptando nestes últimos tempos medidas coñecidas como Responsabilidade social empresarial, que tenta compaxinar o seu obxectivo final –optimización de beneficios-, con outros fines como de respeto e axuda aos seus traballadores, a implicación da empresa na sociedade na que está inserida, e a súa sostibilidade na chamada pegada ecolóxica. Moitas empresas adoptan eses tipos de medidas, socialmente relevantes e responsábeis, e experimentan un retorno en forma de máis cota de mercado ou maiores beneficios económicos, debido á opción de moitos consumidores a prol das empresas máis responsables.

De todos os xeitos, sen empresas non existen obreiros, nin existe traballo, e a falta de traballo, o desemprego, implica unha situación de desvalorización e de dolor de moitos dos nosos semellantes.

¿A culpa é do goberno? Pois sí, pero o goberno está deseñado para optimizar a súa permanencia do poder, e nos últimos decenios, o mecanismo de poder teoricamente sería dar respostas ao que creen eles que pedimos, e a facerse portavoz das nosas demandas. Pero, claro, tal mecanismo supón que o Poder se adique a escoitar á xente, e pronto atoparon un atallo: crear supostas necesidades, que supostos portavoces da xente lle demanda ao poder, para que iste poida complacelos, dado que é mellor que a xente nos pida o que xa temos no almacen antes que non pidan cousas imprevisibles.

Por tanto, o desasosego tamén é culpa nosa, a quén nos convenceron que vivimos nun sistema no que sempre debemos ir a máis, e pedir máis, e máis. Máis autoestradas, máis urbanizacións, máis espectáculos de balde, máis cobertura social, máis educación, máis xustiza, máis administración... e ademais nos convenceron de que calquera cousa que pidamos, e que o poder nos dea, é un regalo, que non deberemos pagar.

Unha revolución é posible. Unha revolución absolutamente radical. Non vai precisar nin violencia nin derramamento de sangue, pero esixirá a máis completa lucidez, e a máis extrema valentía, e vai en consistir en empezar a ser responsable, e ser consciente de todo o que custa o que sempre consideramos que era de balde.

Vai necesitar lucidez para determinar qué cousas nos podemos permitir, e debemos pagar e a qué cousas debemos renunciar.

Vai necesitar lucidez para obrigar aos políticos a ser máis humildes, moito máis humildes, e rebaixar o tamaño do sector público, mantendo aquelas funcións nas que o sector público é máis xusto e máis eficiente, pero suprimindo aquelas funcións nas que ese exame non da ese resultado.

E vai esixir valentía para conseguir o poder, e para a continuación, devolverllo á xente, pero tendo en conta que a única vía para devolver un poder, é  extinguilo; e vaise esixir valentía e coraxe para explicar esa postura e non actuar por actuar, e, so permitirse actuar despois dun exame meditado da situación.

Esa revolución é posible, e conseguiría unha sociedade máis xusta, máis equilibrada, pero esixe que todos pensemos máis, que nos decatemos que a realidade é infinitamente máis complexa do que nos ensinan os lemas e que non collamos atallos por perguiza. A revolución posible empeza pola nosa propia humildade.

jueves, 28 de julio de 2011

A GALEGA QUE SALVOU A 500 XUDEOS

Lola, a «Schlinder» de Ribadavia, rexentaba a cantina do ferrocarril e organizou entre 1941 e 1945 unha rede de fuga de xudeus para pasalos a Portugal. A súa heroicidade ten sido recoñecida en Israel. Nin o seu fillo soupo da súa vida clandestina.

PACO REGO

Un home de estatura elevada, barbudo e lixoso, tapado cun abrigo de esmoleiro, está agachado nunha beira do único banco de madeira do anden. Leva todo o día ollando de esguello para os vagóns que van Miño abaixo. Cae a noite de abril sobre a estación de ferrocarril de Ribadavia. A voz sae dende o quiosco, famoso polas rosquillas, doces de améndoa e licor café, que rexentan as irmás Touza: «Olla para ese home, leva todo o día aí sentado sen coller un tren...». Ano 1941. Europa desangrase na II Guerra Mundial. Os xudeus que poden fuxen hasta o mesmo fin do mundo para escapar das chamas do Holocausto. Lola, unha das irmás da cantina, achégase ao forasteiro e lle fala en español. Él responde en linguas que ela non comprende.
¿Compaixón, instinto? Lola nunca explicou por que deu acubillo na súa casa a aquel mendicante. O caso foi que o fixo. E hoxe un árbore chantado en setembro de 2008 nun outeiriño de Xerusalem, -onde brotan pinos en lembranza dos chamados Xustos entre as Nacions— conta a heroica e silenciada historia que convirteu a Lola Touza Domínguez, a quiosqueira de Ribadavia, en salvadora de centos de xudeus perseguidos. E a nosa Schindler.


Con aquel home, Lola e as súas dúas irmás comezaron a tecer unha rede de fuxida —pola que chegaron a escapar máis de medio millar de xudeus— que arrancaba nos Pirineus e remataba na outra beira do río Miño, en Portugal. Xuramentáronse cun barqueiro, dous taxistas e un emigrante retornado que no pobo chamaban O Evanxelistas. Un silenzo que dura máis de 60 anos.
O nome de aquel xudeu-alemán fraco dos ollos azuis, chegado de Lyon, de onde escapara do campo de concentración cun asturián as que as balas nazis mataran trala fuxida, foi un dos moitos que Lola e a súa equipa levou á tumba. Porque todos os heroes anónimos da trama galega de fuxida de xudeus están mortos. Si por eles fora, no camposanto de Ribadavia, partido por un muro de pedra vella que o separa do cemiterio dos infieis, aínda durmiría aquel segredo.
Non foron elas, nin os seus sobriños, nin os seus netos quen desenterraron o xuramento de silenzo que as Touza fixeron en vida. O segredo veu da outra beira do Atlántico. Un vello xudeu neoiorquino quixo, alá por 1964 (dous anos antes de que Lola falecera aos 72 anos) saber que fora de aquela muller que o levou unha noite sen lúa á outra beira da fronteira. Á liberdade. Chamábase Isaac Retzmann e, como tantos outros salvados pola cantineira ribadaviense, puido alcanzar América en 1943.

Retzmann, próspero comerciante alemán de pais xudeus, coñecera a un emigrante galego en Nova Iorque, un tal Amancio Vázquez, e, sabendo que éste volvía a Galiza de vacacións, lle pediu encarecidamente que preguntara polas irmás Touza. Tiña 70 anos e unha delicada saúde que lle facía presaxiar unha morte anticipada. O encargo terminou chegando a un libreiro de Vigo, Antón Patiño Regueira, e con il empezou a desvelarse esta historia oculta. Antón deixou escrito antes de morrer, en 2005, o esbozo da verdade de estes heroes de Ribadavia).

De Lola Touza, a máis fermosa das irmás —«Tiña unha faciana moi doce», lembra o seu neto Xulio—, sabíase que a súa imaxe ilustrara unha estampa que circulou polo fronte de guerra del 36 para animar áss tropas. Que os nenos de Ribadavia aproveitaban os recreos do colexio para ir ao seu quiosco a probar deliciosos doces caseiros. Que era unha nai solteira máis, das moitas que había na época. O que ninguén sospeitaba era que a cantineira valía moito mais polo que  calaba.

Abraham Bendayem, Isaac Retzmann, un tal Ariel... En Xerusalén seguen reunindo testemuñas e nomes para elaborar a longa lista de quen lle deben la vida. Os cálculos máis conservadores falan de caseque 1400 xudeus salvados —exactamente 384, o que matemáticamente equivalería a dúas persoas por semana durante os catro anos, 1941 a 1945, que se mantivo activa a rede de escapada—. Estimacións máis realistas sosteñen que o número podería superar o medio millar.
Sesenta anos despois, choven os parabéns no fogar dos Touza. Adosada a un muro da que foi casa das heroínas en Ribadavia (calle Xuiz Viñas, 2), luce dende o 7 de setembro de 2008 unha placa de bronce: «Ás tres irmáns, Lola, Amparo e Xulia Touza, loitadoras pola liberdade». O propio presidente da Asemblea Universal Sefardí, Isaac Siboni, nunha carta fechada o 7 de agosto de agosto, deixaba constancia escrita do sentimento de toda a comunidade xudea: «A nosa testemuña de admiración e gratitude para Lola, Amparo e Xulia, quen aínda a risco das súas vidas salvaron aos seus semellantes, aos nosos irmáns dunha morte certa». Catro días despois, o recoñecemento levaba  a sinatura de Ron Pundak, ao fronte de The Peres Center for Peace, a fundación para a paz que auspicia o presidente de Israel, Simón Peres. Dí así:«Lembrar nestes días ás irmás Touza é un exemplo para o futuro de amor e de valor, principios escasos neste tempos de odio».

Hasta a data, so tres españois —o diplomático Eduardo Propper de Callejón, destinado en Francia, e os funcionarios da embaixada española en Berlin José Ruiz de Santaella e a súa dona Carmen Schrader— ostentan o título de Xustos entre as Nacións, o equivalente á causa de beatificación católica, que concede a Fundación Yad Vashem a quen, como Lola, salvaron aos seus compatriotas do exterminio. A santificación xudía da galega está en marcha.
Tiveron que pasar tres xeracións para que un Touza, Xulio, 59 anos hoxe, o neto, poida reconstruír a historia da súa avoa. Mentres cruzamos a rúa Orense (paradoxos do destino) que conduce ao seu estudio de Madrid, as lembranzas afloran nidios na súa cabeza. « Agora explico moitas das cousas que ela facía, que falaba en alto...». O prestixioso arquitecto revive as tardes de domingo en casa de Lola, un antigo caserón con arcos de pedra, os bailes de fin de semana na planta de arriba, aquela bolsiña de tela cargada de moedas que ela gardaba celosamente nun caixón do vello aparador... «Eran duros de prata alfonsinos. Non quería que ninguén os tocara. Valían máis que a peseta, xa en curso, e eu, que era un neno, pensaba que a miña avoa os coleccionaba. Pero non. Os gardaba como lembranza doutros tempos. Con moedas como esas pagara algúns favores e o resto lle dera aos xudeus escapados. Ninguén na familia o soupo nunca. Nin sequera o seu único fillo, o meu pai... Morreu sen sabelo».

Cousas da vida. Aqueles pasodobles, tangos e chachachás non so daban ás Touza unhos cartiños extra cos que poder capear as penurias domésticas nunha España mísera de posguerra, onde xudeus e masóns encarnaban todos os males. Pero non era máis que unha coartada. De aquelas tardes de bailes e bacarrá, Lola facía caixa para a súa causa clandestina. «Ninguén pasaba fame á súa beira», lembra o músico de A Lira (banda do pobo) Ramón Estévez Arango, protagonista ocasional de aquela gran evasión. «Vendía lo que fixera falta, un abrigo, un anel, calquera cousa con tal de axudar a un so xudeu. Era de natureza moi desprendida». Xenerosa.

Y de pronto nos ven á memoria o angustiado rostro de Oskar, o heroe da inesquecible película A lista de Schindler, con ollos chorosos e xesto desesperado, mentres que ao seu rededor un grupo de homes e mulleres enternecidos esperan a que o empresario benefactor os elixa para a súa fábrica, salvándoos así da morte nun campo nazi. «O coche. ¿Por qué me quedei co coche? Valía 10 persoas. Dez persoas máis… Esta pluma. Dúas persoas. É de ouro… Dúas persoas máis… Il (referíase a un oficial da SS) teríame dado dúas persoas máis por ela, ao menos unha. Unha persoa máis. Por esto… ¡Puiden ter salvado a unha persoa máis...!». «Lola era como Schindler», remacha Ramón, o veciño músico. Lola Schindler Touza. O cerebro da escapada. «Non entendía de partidos nin de credos religiosos». E dito isto, o viúvo senta os seus 86 anos nun banco da cociña da súa casa, no corazón do barrio xudeu de Ribadavia (outro aceno do destino), e con parsimonia espera a que as campás da igrexa de Santiago enmudezan.

Lola, para o músico Ramón, é unha doce historia de adolescencia. Tiña 17 anos cando tropezou de bruces con esa realidade que ninguén no pobo parecía ver. Era unha mañá de setembro de 1941 e axudaba ao seu pai, Francisco Estévez, na descarga dun vagón de ladrillos. Lola achegouse a Paco, como ela lle chamaba, e con discreción lle preguntou «¿Cándo vades de pesca? Necesito que me fagas un favor. Teño aquí a unha persoa que quere pasar a Portugal, pero non quere facelo en tren nin por carretera».

Á muller sopráronlle que dous axentes da Xestapo –chegados de Vigo, dende cuxo porto transportaban o wolframio extraído das minas galegas para nutrir a maquinaria de guerra de Hitler—, andaban a asexando polos arredores do pobo á caza dun xudeu-alemán fugado de Francia. «O meu pai, por aprecio a Lola, non o dubidou», rememora Ramón. E esa mesma madrugada, ás catro en punto, acudiron á casa da muller armados coas súas canas de pescar.

ESPIDO E A AUGA
«A il démoslle outra caña, e anque chapurreaba o español, lle dixemos que non falara. Nos fomos dereitos á beira do Miño e botamos a andar toda a noite. Ninguén sospeitaría, pois moitos pescantíns adoitaban saír a esa hora ás troitas e as anguilas para matar á fame». Por lo aquel, Paco quedouse atrás mentres o seu fillo e o estranxeiro apuraban o paso. Horas máis tarde, percorridos xa case 40 quilómetros por un carreiro empedrado, chegaron a Frieira, a aldea galega que linda con Portugal. «Como eu era un rapaz, o alemán preguntoume si non me importaba que se quitara a roupa. Lle dixen que non. A dobrou e atouna á cabeza co cinto do pantalón. «Lembrareite toda a vida, amigo», díxome baixo ao ouvido antes de botarse á auga, ao tempo que me regalaba un peso de prata alfonsino. Vin como alcanzaba a beira portuguesa, e dende entón nunca máis soupen dil. No brazo levaba tatuado o 451… díxome que se chamaba Abraham Bendayem».
Abraham era aquel home da estación de ferrocarril, o dos tristes ollos azuis, barbudo e lixoso, co que Lola abriu a rota clandestina —din que a máis importante da Península— pola que centos de xudeus gañaron a salvación. Lonxe da súa terra prometida. Os máis, chegaron as costas dos Estados Unidos, Brasil, Arxentina e Venezuela. Outros escaparon a África, sobre todo a Marrocos e Arxelia. Grazas ao boca a boca e á eficaz organización da comunidade xudea, o nome de Lola se estendeu por Europa.

Nin o férreo segredo, nin as noites pechas garantían que a fuga chegara a bo termo. Por iso Lola coidábase moito das compañías. Unha palabra a destempo, un aceno ou unha ollada indiscreta podían levala á lista de traidores ou ao desterro perpetuo nunha cárcere. A nai, o seu nome de guerra na rede de fuga, arrodeouse de lugartenentes fideis hasta a morte. Dous taxistas (José Rocha Freijido e Javier Míguez Fernández, O Cadaveira), Ricardo Pérez Parada, alcumado O Evanxelista, que aprendera inglés e polaco sendo emigrante en Nova York, e que facía de tradutor) e o barqueiro Ramón Estévez. Segundo a rota que elixira Lola —tiña ideado tres: por carreiros, estradas de terceira e cruzando o Miño— actuaban estes heroes anónimos.

Todo comezaba coa chegada dun comboio sinalado á estación de Ribadavia. Lola esperaba coa súa cesta chea de rosquillas, caramelos e doce de améndoa nas mans. As veces os ofrecía por las xanelas dende o andén. Outras veces subía ao tren e recorría os vagóns coas súas mercadorías. Era entón cando se atopaba sempre con alguén que lle anunciaba a chegada inminente (día, hora e vagón) dunha nova tanda de xudeus.

Os días de chegada, Lola era a primeira en abandonar o quiosco. A mensaxe de que uns xudeus arribarían nas próximas horas corría rápido aos ouvidos do Cadaveira. E no silenzo da noite elixida, consumábase a figa de aqueles desesperados a bordo do seu taxi, un Dodge negro americano. «Quén me o ía a decir, Deus meu... Meu pai...». María do Carmen non o cree. Pregunta á xente do pobo, todos se estrañan. «Il foi lexionario. ¿Qué lle parece? Estivo de chofer de Millán Astray. E con aquel aspecto de home duro que tiña... ¡Qué orgullosa estou dil».

—¿Nunca lle fixo un comentario?
—Xamáis. O único que nos dicía en casa era que non quería comer peixes do Miño.
—¿Por qué?
—Dicía que estaba contaminado. Logo soupemos que na guerra os de Franco tiraban a cantidade de xente desde unha ponte que cruzaba o río. Aos que se agarraban aos ferros lles cortaban as mans. Moitos morreron afogados ou desangrados. Por iso o meu pai nunca quixo comer peixes.

Cecais non fose Lola a única que estaba na diana da Xestapo. Segundo vai turrando da historia o seu neto Xulio, ao parecer, o servizo secreto británico contaba en Vigo cun espía que seguía de cerca os pasos dos alemáns. Chamábase Eduardo Martínez e era médico. «É moi probable que coñecera á miña avoa», baralla o arquitecto. As súas informacións foron recoñecidas polo Goberno británico coa Medalla ao Valor, en 1945. «Estes días lle pedín ao MI5 que busque os nomes da miña avóa e das miñas tías nos seus arquivos. Dixéronme que pronto desclasificarán algúns papeis da guerra. Quizáis aí estea a lista que andamos a buscar».
A lista de Lola. Nome en clave: A nai.

miércoles, 27 de julio de 2011

CURSO DE ESPERANTO PARA GALEGOS - 1ª LECCIÓN

En la ĉambro estas tablo. En la ĉambro estas ankaŭ seĝo.
En la ĉambro estas tablo kaj seĝo.
Sur la tablo estas libro, papero, plumo kaj floro. Sur la seĝo estas kato. La kato dormas. En la ĝardeno estas birdo.
La birdo kantas. Tablo estas meblo. Seĝo ankaŭ estas meblo.
Kato ne estas meblo.
Ĉu en la ĉambro estas elefanto? Ne, en la ĉambro ne estas elefanto.
En la ĉambro estas tablo,...
Ĉu la kato kantas?
Ĉu la birdo dormas? Kio estas sur la tablo?
Ĉu la libro estas sur la seĝo?

Petro diras: Mi estas Petro. Mi estas sola.
Vi estas Karlo. Mi ne estas sola; mi estas kun vi.
Li estas Alberto. Mi estas kun Karlo. Li, Alberto, ankaŭ estas en la ĉambro.

Ĝi estas besto.

Eleganta sinjorino iras kun infano. Ŝi estas eleganta.
Dika sinjoro iras kun infanino. Li estas dika.
Kiu estas dika? Li, la sinjoro.
Kiu iras kun infano? Kiu iras kun infanino? Ĉu la eleganta sinjorino iras kun la dika sinjoro?
Alberto estas juna, forta fraŭlo.
Ĉu vi iras kun bela fraŭlino?Ĉu Alberto estas juna kaj forta? Jes, li estas juna kaj forta.
Ĉu Maria estas bela fraŭlino? Jes, ŝi estas bela.
Ĉu vi estas la instruisto? Ne, sinjoro, mi ne estas la instruisto, mi estas lernanto.
Ĉu vi estas sinjoro Pérez? Ne, mi ne estas sinjoro Pérez.
Kiu vi estas? - Mi estas. .
Kiu mi estas? . Vi estas...
La libro ne estas sur la seĝo, ĝi estas sur la tablo.
La nigra kato ne kantas, ĝi dormas.
Ĉu la birdo kantas en la ĉambro? Ne, la birdo ne kantas en la ĉambro, ĝi kantas en la ĝardeno.
Jes, mi komprenas.
Vocabulario
NOTA: No vocabulario que sigue a cada lección, como o que se atopa ao final, so se da, da traducción dos adxectivos, o equivalente masculino (bona - bo). Os verbos irán en infinitivo. Ao buscar kantas atoparase  kanti. Nos vocabularios das leccións as verbas están agrupadas según a categoría gramatical da raíz. Así mesmo, o escrito en esperanto irá en negrita e a traducción ao galego, non.
Besto
animal
Dormi
durmir
Birdo
ave, páxaro
Esti
Ser, estar
Ĉambro
Habitación, cuarto
Iri
ir
Floro
fror
Kanti
cantar
Fraŭlo
(un) solteiro
Kompreni
comprender
Infano
neno
La
o, a, os, as
Instruisto
mestre, instructor
Mi
eu
Kato
gato
Vi
vostede
Ĝardeno
Xardín
Li
el
Lernanto
Alumno, escolino
Ŝi
ela
Meblo
moble
Ĝi
Elo(él, ela) Pronome neutro
Papero
papel
Kaj
E
Plumo
pluma
Kio
qué, que cousa, cal
Seĝo
Silla, cadeira
Kiu
quén, cal, en cal, en qué, a qué
Tablo
mesa
En
En
bela
belo
kun
con, na compañía de
blanka
branco
sur
sobre
dika
Gordo, groso
ankaŭ
tamén
eleganta
elegante
Forta
forte
juna
xoven, novo
jes
si
nigra
negro
ne
non


LA INSTRUISTO PAROLAS

FEMENINO E MASCULINO. En galego dicimos (a) cadeira, (o) banco, atribuíndo sexo a cousas inanimadas. En Esperanto a lóxica e a simplificación restablécense: o sexo so se indica no nome cando esto evidentemente o exprese - ser humano e animais. Os demais nomes serán neutros: (la) seĝo, (la) benko, ou reemplazados polo pronome neutro ĝi. Tamén o adxectivo é neutro: bona infano, bona infanino.
O xénero gramatical non existe en Esperanto.

ARTIGO INDETERMINADO non existe en Esperanto: sur la tablo estas libro - sobre a mesa hai un libro. Ĝi é pronome neutro. Reemplaza ao nome das cousas: la libro ne estas nigra, ĝi (la libro) estas blanka. E tamén como en inglés, empregase cando nos referimos en xeral a  nenos pequenos ou animais - la birdo ne parolas, ĝi (la birdo) kantas.

ESTAS traduce a ser, estar, haber: O libro é bonito - la libro estas bela; o libro está sobre a mesa - la libro estas sur la tablo; sobre a mesa hai un libro - sur la tablo estas libro.

IN. O sufixo -in forma os femeninos: sinjoro - señor; sinjorino - señora; kato - gato; katino - gata. Observe que o sufixo vai colocado entre a raíz e a terminación gramatical: kat-in-o. Recordemos os femeninos galegos galo - galiña; heroe - heroíña.

Terminación das verbas
SUBSTANTIVOS -o ADXETIVOS  -a, ADVERBIOS  -e
(Idea)
Substantivo
Adxectivo
Adverbio
(pai)

Patro
pai
Patra
paternal
Patre
paternalmente
(fillo)
Filo
fillo
Fila
filial
File
filialmente
(irmán)
Frato
irmán
Frata
fraterno
Frate
fraternalmente
(león)
Leono
león
Leona
leonino
Leone
leoninamente
(cristal)
Kristalo
cristal
Kristala
cristaliño
Kristale
cristaliñamente
(ano)
Jaro
ano
Jara
anual
Jare
anualmente
(mes)
Monato
mes
Monata
mensual
Monate
mensualmente
(semana)
Semajno
semana
Semajna
semanal
Semajne
semanalmente
(modernidade)
Moderno
modernidade
Moderna
moderna
Moderne
modernamente
(luz)
Lumo
luz
Luma
luminoso
Lume
luminosamente
(zapato)
Ŝuo
zapato
Ŝua
zapateiro
Ŝue
zapateiramente
(ollo)
Okulo
ollo
Okula
ocular
Okule
ocularmente
(problema)
Problemo
problema
Problema
problemático
Probleme
Problemáticamente
(día)
Tago
día
Taga
diario
Tage
diariamente
(mañán)
Mateno
mañá
Matena
matinal
Matene
matinalmente
(tarde)
Vespero
tarde
Vespera
vespertina
Vespere
vespertinamente
(noite)
Nokto
noite
Nokta
nouturno
Nokte
nouturnamente












Lundo

luns
Lunda


Lunde


Problema: sabendo que Dimanĉo significa Domingo, dimanĉa dominical, e dimanĉe dominicalmente, ¿cómo son as verbas que faltan nas seguintes series?

¿Seríades quén de escribir a táboa equivalente en galego?
¿non?
¿Acaso sabedes xa máis esperanto que galego?



Mardo

martes
Marda


Marde


Merkredo

mércores
Merkreda


Merkrede


Ĵaŭdo

xoves
Ĵaŭda


Ĵaŭde


Vendredo

venres
Vendreda


Vendrede


Sabato

sabado
Sabata


Sabate


Februaro

febreiro
Februara


Februare


Klaso

clase
Klasa


Klase


Leciono
lección
Leciona


Lecione