jueves, 15 de octubre de 2015

VOLKSWAGEN: AS MENTIRAS DOS ESTADOS E O MEDIO AMBIENTE

¡Qué canallas estos da Volswagen!... ¡mira que trucar o software informático dos vehículos para que informaran de que os seus motores emitían ao medio ambiente menos DIÓXIDO DE NITRÓXENO!

O ESTADO, que se preocupa por todos nos, establece unhas normas para protexernos, e protexer o medio ambiente, e establece que os vehículos DIESEL non poden superar determinados límites nas emisións producidas polos motores de combustión.

Eu teño un vehículo diésel. Hai dez anos que o merquei. Daquela, tiven que superar reticencias dado que cando era neno, os vehículos con motores diésel eran pesados, lentos e ían rodeados dun fume negro. Por tanto, so os víamos en tractores agrícolas, ou en camións.

A causa de que foran así, é que aqueles motores non eran tan eficientes como os actuais e tan so queimaban unha parte do seu combustible e o resto da combustión expulsábase polos tubos de escape.

O que expulsaban era, maioritaramente, DIÓXIDO DE CARBONO e MONÓXIDO DE CARBONO. O dióxido de carbono é negro e fedochento, pero o monóxido de carbono, é invisible, pero é o responsable de que todos os invernos morran persoas en fogares con pobreza enerxética por mala combustión de braseiros e estufas de carbón.

A evolución dos motores diésel foi moi grande nas últimas décadas. Agora eses motores non producen MONÓXIDO DE CARBONO e non producen ese fume negro tan aparatoso, e a cambio, ofrecen unhas prestacións similares ou superiores aos vehículos de gasolina.
O MONÓXIDO DE CARBONO nos vellos motores diésel, ao combinarse do DIÓXIDO DE NITRÓXENO, que tamén se produce nos vehículos diesel, transformabase en simple NITRÓXENO, un gas inofensivo para nos e para o medio ambiente.
O MONÓXIDO DE CARBONO é malo e prexudicial; o DIÓXIDO DE NITRÓXENO, tamén é malo e prexudicial, pero ao combinarse entre eles, anulábanse.
Os novos motores non emiten MONÓXIDO DE CARBONO, e por tanto nos queda un so problema, e un enemigo que é o DIÓXIDO DE NITRÓXENO.
Volver á situación anterior non é posible: Non podemos deseñar motores que si produzan monóxido de carbono, (que é un veneno) por que tamén producirian Dioxido de carbono, que é fedoñento, suxo, e pouco estético, e co fin de reducir o Dioxido de nitróxeno, que tamén é outro veneno.

A 'trampa' de Volkswagen consistiu en fabricar motores potentes que producían pouco DIÓXIDO DE CARBONO pero moito DIÓXIDO DE NITRÓXENO, mentras o disimulaban, facendo creer que os seus vehículos producían pouco DIÓXIDO DE NITRÓXENO.
O software facía que cando se detectaba que o vehículo estaba nunha banda de rodamento, o motor funcionaba de xeito diferente a como se comportaba na carretera.
As normas creadas polo ESTADO regulan os máis de cen compoñentes presentes nos gases emitidos polos vehículos. Trátase de chegar a un equilibrio entre consumo de carburante, rendemento do motor, prezo e protección medioambiental. O funcionamento dos vehículos derívase dos seus programas informáticos contidos que funcionan optimizando os parámetros de emisión permanentemente. 
Ese software evita un mal funcionamento dos vehículos. O sistema anticontaminación poder quedar desactivado provisionalmente (sendo perfectamente legal) e por tal causa chámaselle “defeat devices”,  que pode ser traducido como "sistemas de neutralización”.

Si o software poder facer que os vehículos  Volkswagen cumpran as as normas medioambientais dos USA, cando están na banda de rodamento dun taller, ¿por que non manteñen esos parámetros cando circulan por estrada?
A razón é que si Volkswagen cumpre as normas medioambientais dos USA, os seus motores consumirían moito máis carburante.
¿Eh?
As emisións de DIÓXIDO DE NITRÓXENO son características dos motores diésel máis eficientes: os que emiten menos DIÓXIDO DE CARBONO, motores máis eficientes e que percorren máis kilómetros por litro de carburante, emiten tamén máis DIÓXIDO DE NITRÓXENO. 
Para ter motores máis eficientes, hai que aumentar a taxa de combustión do carburante nos cilindros, aumentando o coeficiente de combustión, a temperatura e deixando entrar máis aire nos cilindros.
Así, o vehículo produce menos fume negro, hidrocarburos mal queimados, ten unha mellor relación potencia e consumo co menor gasto de combustible, consume menos... pero produce tamén máis DIÓXIDO DE NITRÓXENO.
Volkswagen era a única marca que comercializaba vehículos diesel de catro cilindros nos Estados Unidos. Todas as demáis marcas que comercializaban vehículos diésel nos USA comercializan vehículos moito máis potentes. Os vehículos que non cumprían a normativa nos USA están dentro da legalidade en Europa.
As normas estadounidenses deseñaronse para que os automóbeis pequenos poideran cumprir os seus estándares, dado que non se fixaron para protexer ao medio ambiente, senon para protexer ás súas márcas e impedir o ascenso meteórico do grupo alemán Volkswagen especializado en diésel.

A consecuencia é que o conductor estadounidense está obrigado a mercar un modelo diésel potente e de gran consumo, xa que son os únicos que respetan las normas, dado que so a partires dun determiñado consumo de carburante é rendible para o conductor dispor dun sistema  catalizador antidióxido de nitróxeno, e así respetar as normas medioambientais.

O resultado é que para cumprir as normas medioambientais dos USA, débese optar por motores moito máis potentes e antiecolóxicos, dado que a razón de tales normas non é a protección do medio ambiente, senón a protección de determinadas marcas 'amigas' en detrimento de outras as que se queren prexudicar.

E agora todos os ecoloxístas protestan pola 'trampa' de Volswagen, e todos nos posicionamos a favor da grandísima mentira dos Estados.

Por que xa se sabe... O PODER É O TEU AMIGO, E QUERE O TEU BEN...



lunes, 2 de febrero de 2015

UN CÓDIGO PENAL LIBERTICIDA


O Pleno do Congreso ven de aprobar o proxecto do novo Código Penal, cos votos exclusivamente do Partido Popular. A partir de agora, tal texto remitirase ao Senado, onde se puideran facer emendas, e despois da súa tramitación será devolto ao Congreso para a súa aprobación definitiva.

A soidade do partido Popular é máis aparente que real: O novo proxecto non supón ningunha ruptura real co texto que estaba en vigor, e que fora auspiciada polo PSOE no ano 2010.

Os medios de comunicación recollen a polémica sobre determinados puntos do proxecto que resultan máis novedosos, e entre eles a ‘Prisión permanente revisable’, o Delito de Financiación ilegal de partidos e Delitos económicos por corrupción, a supresión no ámbito penal das Faltas, que quedan incorporadas a Delitos menores, ou a Sancións administrativas.

Tamén se modifica a Lei do Indulto, se modifica a idade do Consentimento Sexual, se engaden novos delitos como o da Zoofilia, o delito de matrimonio forzado, o acoso, a divulgación non autorizada de imaxes ou gravacións íntimas obtidas co consentimento da persoa afectada ou a manipulación dos dispositivos de control que serven para vixiar o cumprimento das penas, e faise unha homologación con Directivas e Recomendacións europeas sobre pornografía infantil, explotación sexual de menores, trata de seres humanos ou inmigración ilegal.

Agrávanse as penas previstas para furtos e roubos no caso de multireincidentes, e no caso de butróns, roubos por ‘alunizaxe’, e roubo de cable de cobre e suministro eléctrico.

Na liña liberticida de outros países como Venezuela, Ecuador, China ou Corea do Norte, o proxecto do Código Penal criminaliza Internet e os seus usuarios, perseguindo o hacktivismo, e ilegalizando hasta o software destinado á seguridade informática, e o uso de software que quede ao marxe do control do Estado.

O delincuente informático descrito no novo código xa non é o hacker, nin o cracker, senon calquera de nos que poidamos ser lectores de determinadas páxinas web. Así calquera de nos poderá ser acusado de ciberterrorismo (ou ciberpederastia) no caso de que consulte habitualmente webs ou foros de adestramento terrorista, ou o simple acceso a material de pornografía infantil, anque a intención sexa simplemente coñecelas para denuncialas.

A reforma do Código Penal complétase cunha reforma da Lei de Axuizamento Criminal que permitirá a interceptación de  comunicacións sen orden xudicial previa, así como el uso de programas espía e a habilitación a axentes encubertos para compartir arquivos ilícitos.

A criminalización das webs de enlaces e da modificación de consolas de videoxogos -actividades declaradas legais reiteradamente pola xustiza española- descobre o proxecto represor do Goberno: hasta 6 anos de prisión por algo que hasta agora non era nin siquera delito.

Unha crítica serena do novo Código Penal esixe que nos prantexemos cal é a función e a fundamentación da PENA que se lle impón a quén transgreda as normas establecidas no Código Penal.

A ciencia xurídica occidental ten determinado que a Sanción Penal ten varias funcións:

1ª. A VINZANGA. A primeira función da PENA é a vinganza. Unha vinganza pública e taxada, que impida a vinganza privada por parte dos ofendidos polo delito. Non reacciones, que xa reacciona o Estado por ti. Esta é unha limitación que se lle impón ás vítimas do delito, amparándose en consideracións públicas de manter a Paz Social.

2ª. O RESARCIMENTO DAS VÍTIMAS. A persoa que foi vítima dun delito, ten dereito a que se repoña na situación anterior alterada polo delito, anque tal pretensión é directamente imposible en moitas ocasións, como en caso de danos persoais, ou morte, ou o resarcimento do dano moral, na que tal reparación tería que ser avaliado en cartos, e nun recoñecemento por parte dos agresores do inxusto do seu proceder. Este é un dereito de todas as vítimas, en tanto que cidadáns, e que non se deben ver perturbados nos seus dereitos (persoais e patrimoniais) de xeito inxusto.

3ª. A SEGURIDADE PÚBLICA. Outra das funcións da PENA é apartar da sociedade a aquelas persoas que poden supoñer un perigo para os cidadáns, polo menos durante un tempo prolongado. Esta función protexe á sociedade no seu conxunto.

4ª. A REINSERCIÓN SOCIAL DOS PENADOS. A PENA tamén debería servir para reeducar e reinsertar na sociedade aos penados. Tal é a única motivación que se recolle na Constitución Española no seu artigo 25.2 cando establece que “As penas privativas de liberdade e as medidas de seguridade estarán orientadas cara a reeducación e reinserción social ...”
Esta función da pena configúrase como un dereito dos agresores, e consecuentemente, unha obriga social de ‘reeducar’ e ‘reinsertar’.

Para a Sociedade, esa obriga de ‘reeducar’ e ‘reinsertar’ é unha obriga de medios, isto é, a sociedade ten que posibilitar que os penados teñan acceso á educación, á información e a un tratamento individualizado da súa situación tendente a superar os condicionamentos que o levaron a delinquir. Non é unha obriga de resultado, isto é, a sociedade non ten responsabilidade si a reeducación ou a efectiva reinserción non se produce. O penado ten dereito, pero ese dereito é il quen ten que exercitalo, e si non quere ou non pode reinsertarse, a sociedade non pode suplir esa vontade personalísima.

Dende unha posición de respeto ao individuo e a súa liberdade individual:

·         Entendo que non existe ningunha escusa para agochar a nosa responsabilidade individual polas nosas accións, que poidan prexudicar a outros, agás casos de eivas mentais.
·         Entendo que unha das funcións principal da PENA debe ser a restitución dos dereitos das vítimas e o resarcimento das vítimas. Ninguén ten dereito a prexudicar e violar os dereitos fundamentais dunha persoa, e calquer tipo de Xustiza que mereza tal nome, debe pasar por poñer no centro os dereitos das vítimas, e o seu coidado.
·         Entendo que a reinserción social dos penados é un dereito dos penados, supeditada á restitución e resarcimento da vítimas, que debe posibilitar a Sociedade, pero, como todo dereito, esixe un comportamento activo por parte do penado que quere ser reinsertado, sen que se poida suplir por parte de ninguén, a voluntariedade de reinsertarse.
·         Entendo que a Xustiza debería despenalizar as condutas sen vítimas que non afecten a un dereito individual de outra persoa. Penalizar a zoofilia (independentemente do noxo e  xuízo moral que nos mereza) é unha mostra de intervencionismo absurdo, e de malgasto de caudales públicos. O concepto de ‘vicio’ pertence máis ao ámbito relixioso que o xurídico.
·         Entendo que o Delito de financiamento ilegal de Partidos é unha operación de maquillaxe político, dado que estamos a falar de normas aprobadas precisamente polos partidos maioritarios.
·         Entendo que é extremadamente perigoso o incremento do Poder á Administración para sancionar o que antes eran Faltas, e que agora serán sancionadas directamente pola Administración, incluso cando non se vexan afectados intereses xerais.

·         Entendo tamén extremadamente liberticida a persecución aos falsos delitos de Internet. Baixo a escusa de loita contra o terrorismo internacional ou nacional, ou contra determinados comportamentos sexuais rexeitábeis se lle da un poder de intervención á Administración, absolutamente opaco, que nos converte a todos os cidadáns en sospeitosos.

martes, 11 de noviembre de 2014

PENSAMENTO MÁXICO E PENSAMENTO LÓXICO


Neste fin de semana tiven a ocasión de ver no cine a última película da saga de Harry Potter, e tamén a segunda entrega do 'O Hobbit'.

A versión cinematográfica de 'O Señor dos Aneis' parecérame insuperable: Cando lera a novela por primeira vez pensara que nunca se podería volcar nunha película toda a riqueza de persoaxes, tramas, e ideas da obra de Tolkien, pero equivocárame.

Eu son moi partidario de ese tipo de obras por que sei que son ficción. Si eu pensara que corresponde á realidade, eu tería un grave problema.

Un tema recorrente das obras (das boas obras) de ficción é o Mito do Paradiso Perdido. Existíu un tempo e un lugar onde todo era bo, todo era claro, e todos podían ser felices, pero debido a unha eiva, a un pecado, a unha sombra de envexa, todo se derramou, e dende entón non deixamos de empeorar e de podrecer.

Antes, existían xigantes, e agora so humanos que cada vez somos peores.

Os patriarcas da Biblia, anque mortais, vivían séculos, e nos morremos ao cabo de poucas décadas.

No Silmarilion de Tolkien, os primeiros nacidos foron os Elfos, inmunes á enfermidade, ou ao envellecemento, e despois naceron os Homes, chamados polo Elfos, os 'enfermizos', os Ananos, os Hobbits, que vivían centos de anos, e pouco a pouco, chegamos aos homes actuais, que vivimos poucas décadas, e vamos aos Ambulatorios da Seguridade Social para curar as nosas enfermidades.

Pois ese é o Pensamento Máxico: Os relatorios dun tempo mítico que foi moito mellor que éste, e como perdemos ise Paradiso, e como agora vivimos neste 'val de bágoas', submetidos á enfermidade e a Axencia Tributaria.

O Pensamento Máxico ten tamén outros mitos: Houbo un tempo no que nos (póñase o podo ou cultura que se queira) vivíamos en harmonía coa Natureza, éramos felices e sustentabeis, e a nosa vida tiña sentido hasta que chegaron (aquí pode ser os romanos, os españois, as máquinas, a civilización) e se escarallou todo, e dende entón estamos pelexados coa Natureza, xa non somos felices nin sustentabeis, e vivimos nun Universo absurdo.

Algúns botan de menos a vida dos castrexos, outros a vida baixo o Reino Suevo de Galiza, outros, no tempo da Idade Media, antes da mecanización. Outros están aqueixados do Pensamento Máxico do Desastre Climático, e cren que durante toda a vida da humanidade o clima foi idéntico hasta que chegou o Ser Humano e o escarallou todo. Os aqueixados polo Pensamento Máxico miran o presente con noxo, e desconfianza. 

O Pensamento Lóxico comproba os datos existentes, e chega á conclusión de que nunca se viviu tan ben como na actualidade. Que nunca os humanos foron tan asertivos como na actualidade, e nunca tiveron, por regla xeral, unha actitude de tanta xenerosidade como na actualidade.

Saben que nada está garantido. Pero saben que o Ser Humano tense que enfrontar cos problemas e desafíos coa poderosa arma do seu intelecto.

Os aqueixados polo Pensamento Lóxico saben que a Evolución marca unha líña e unha tendencia dende as primeiras amebas, no sentido dunha maior complexidade, e dunha visión máis omnicomprensiva da realidade e da Humanidade.

Saben, sabemos, que a Historia marca unha evolución cada vez máis positiva da Humanidade, e que se manifesta en todos os indicadores económicos (nivel de riqueza/pobreza,mínimo de calorías ao dispor de cada persoa, aceso á servicios sanitarios, e de saneamento) e incluso nos indicadores éticos da Humanidade, na que pasamos de considerar xustificable calquera barbaridade proposta por un Goberno, a un nivel de esixencia correspondente a unha Ética universal, consistente en considerar inaceptable que partes da poboación sigan a estar suxeitas ao azote da Guerra, da Fame e das enfermidades.

Por iso os partidarios do Pensamento Lóxico somos tamén partidarios da Liberdade, dado que consideramos que a maior riqueza que ten a Humanidade é a mente e o cerebro de cada unha das persoas, e confiamos que na búsqueda da súa propia comenencia persoal, cheguen a atopar a solución para que todos nos podamos beneficiar.

E esa busca a facemos ollando para o Futuro, dado que sabemos que o Pasado sempre foi pior.

jueves, 11 de septiembre de 2014

MIS DUDAS SOBRE CATALUÑA

Tengo que reconocer que sobre el proceso político que está viviendo Cataluña tengo más dudas que certezas, y quisiera exponerlas por si, entre todos, podemos clarificarnos un poco:

Lo primero es sobre el derecho de autodeterminación de los pueblos, al que ahora se llama, derecho a decidir.


¿Quién es el sujeto político concernido?

Desde un punto de vista jurídico-formal, sólo puede ser España. En una democracia es imprescindible cuidar las formas –la Constitución en este caso-, pero las ‘formas’ no pueden violar o contradecir la voluntad de la mayoría de la ciudadanía.

Por tanto, desde un punto de vista jurídico-democrático, el sujeto político ha de ser Cataluña, por un lado, y por otro, también ha de ser España, dado que es necesario conocer la voluntad de quién se quiere ir, pero no podemos dar por sentado que España tiene que ser sólo la destinataria de esa voluntad, sino que puede manifestar su propia voluntad de que, en esas condiciones, desea que se vaya o que se quede.
Sin duda, España es sujeto de derecho internacional, y es sujeto de Pactos, Convenios y Tratados Internacionales.


¿Y Cataluña?,
Cataluña también puede ser sujeto de derecho internacional en tanto en cuanto es sujeto de derecho español, y en ese sentido, es admisible que firme Convenios de colaboración en un ámbito territorial que exceda la propia Cataluña, y la propia España. Y de hecho ya lo ha hecho.

Pero este sujeto de derecho internacional al que se le niega la posibilidad de autodeterminación ¿qué es?, es decir,

¿Qué consideramos Cataluña?

Una primera respuesta es que Cataluña coincide con la Comunidad autónoma española de Cataluña, conformada por las cuatro provincias españolas de Barcelona, Tarragona, Lleida y Girona, exclusivamente. Y tal vez, esta sea la respuesta que menos problemas jurídicos ofrece.

No obstante, tenemos otras respuestas: Desde un punto de vista cultural, Cataluña es todo el territorio de lengua y cultura catalana, que englobaría, además de la actual Comunidad Autónoma, la llamada Franja de Aragón (Franja de Poniente o Levante según se refiera a ella desde Aragón o Cataluña), la Comunidad Valenciana, o la parte de ella que habla catalán, las Islas Baleares, Conflent, la Cerdaña francesa, o Cataluña- Norte, e incluso la ciudad de Alguer en la isla italiana de Cerdeña.´

Se correspondería aproximadamente con este territorio:



Dado que esta respuesta maximalista traería consigo irresolubles problemas de ámbito internacional, podríamos limitarnos como uno de los sujetos políticos los territorios de lengua y cultura catalana dentro de España, es decir, un referéndum en Cataluña, Baleares y Valencia.

Conocemos la existencia de varias sensibilidades, y de dispares opiniones políticas, todas las cuales hay que respetar desde un punto de vista de sensibilidad democrática. En principio, una obviedad, todos los ciudadanos de Cataluña tienen la nacionalidad española y la vecindad catalana. Dichos ciudadanos se identifican emocionalmente con Cataluña y con España, de forma inclusiva, o de forma exclusiva, y entre los que se sienten primordialmente catalanes o primordialmente españoles, existen varias sensibilidades:
Las distintas posturas son, resumidamente, las siguientes:

A)   Personas que se identifican primordialmente como catalanes de forma exclusiva sintiendo una contradicción interna con su condición jurídica actual de españoles, sintiendo como propia la expresión cultural en catalán y considerando ajena la expresión cultural en castellano.

B)   Personas que se identifican como primordialmente como catalanes de forma no exclusiva, no percibiendo contradicción con su condición jurídica de españoles, sintiendo como propia la expresión cultural en catalán y sintiéndose cómodos con la expresión cultural en castellano.

C)   Personas que se identifican primordialmente como españoles, y sienten su condición de catalanes con comodidad y agrado, participando de la vida cultural, y de la lengua catalana, sintiendo como propia la expresión cultural en castellano y sintiéndose cómodos con la expresión cultural en catalán.

D)   Personas que se identifican primordialmente como españoles, y no sienten su condición de catalanes con agrado, sin participar de la vida cultural y lingüística en catalán.

Los del grupo A) optan mayoritariamente por la independencia, aunque podrían acceder a seguir integrados en España si se les reconociera el derecho de autodeterminación, y dispusieran de un marco jurídico más favorable, que se ha manifestado en la petición de un Pacto Fiscal para Cataluña, y una profundización de la autonomía y defensa y potenciación de la lengua y cultura catalana

Los del grupo B) se han mostrado históricamente insatisfechos con el grado de Autonomía que alcanzó Cataluña, y su principal opción política pasaría por el reconocimiento del derecho de autodeterminación, una profundización de la autonomía, un Pacto Fiscal para Cataluña, y una mayor potenciación de la lengua y cultura catalanas. Ante la imposibilidad de conseguir dichos objetivos, muchos de ellos han optado por una postura política independentista.

Los del grupo C) son personas que históricamente se han sentido satisfechos con el grado de Autonomía alcanzado, y no desean que varíe el ordenamiento jurídico actual, aunque después de la propaganda tan intensa realizada estos años, algunos estén por un Pacto Fiscal con el Estado, y por una potenciación de la autonomía como vía de recuperación económica, y otros incluso por la independencia.

Los del grupo D) son personas que ven el Estado de las Autonomías como un exceso y un derroche, y serían partidarios de su anulación, y de que el Estado Central reasuma muchas competencias de las Autonomías. Entendemos que dicha postura es una postura minoritaria, pero que puede tener recorrido para crecer si la actual crisis económica no cede.

Otro motivo de perplejidad y una fuente de dudas es:

¿Qué tipo de pregunta se puede hacer? ¿Qué le se va a preguntar a los ciudadanos?
Se ha dejado filtrar una pregunta por parte del Gobierno catalán cuya redacción sería semejante a lo siguiente:

¿Quiere usted que Cataluña sea independiente dentro de la Unión Europea?
Esta es un ejemplo de pregunta-trampa: Sólo se puede decidir sobre lo que previamente está dentro de tu patrimonio jurídico.

Si compras un coche puedes decidir de qué color lo quieres: evidentemente está dentro de tu patrimonio jurídico elegir el color siempre y cuando pagues el precio de compra.



Podemos estar de acuerdo en que Cataluña pueda optar por la independencia o no, lo que se entiende por ‘autodeterminarse’. Lo que no es posible es que imponga su presencia a una serie de países que ya están unidos por medio de un Tratado Internacional, y del que Cataluña no es parte, y por tanto, la pertenencia a la Unión Europea es un problema posterior a la eventual independencia de Cataluña.
En segundo lugar, la expresión “que Cataluña sea independiente” es equívoca: Ningún país, ninguna sociedad es independiente, ni siquiera el caso más extremo que nos da el panorama internacional que es el de Corea del Norte. Cuando se habla con total falta de rigor de “Cataluña independiente” se está aludiendo a que Cataluña pueda organizarse como un Estado sujeto de derecho internacional tal y como lo entendemos en el hemisferio occidental en los últimos 50 años.

Por tanto, la pregunta debería ser:

¿Quiere usted que Cataluña se constituya como un Estado soberano?

A esa pregunta, entiendo que sólo debería contestar Cataluña.

Todos los días vemos parejas que se forman, que formalizan su unión a través del matrimonio, y que rompen ese vínculo a través del divorcio. También vemos personas que constituyen Comunidades de Bienes, sociedades civiles, y sociedades mercantiles, que, posteriormente, de común acuerdo, o a través de procedimientos a cara de perro, se rompen.

Es decir, vemos voluntades individuales para constituir matrimonios o sociedades, y vemos voluntades individuales para romperlos.
Paremos un momento.

La voluntad de constituir un matrimonio o una sociedad civil no tiene su reflejo especular en la voluntad posterior de romper ese vínculo: Para formar una pareja hacen falta DOS voluntades, para romper esa pareja basta que UNA de las partes quiera romperlo.

Para constituir una sociedad civil basta la voluntad concurrente de dos o más personas, según nos dice el artículo 1.665 del Código Civil.

Pero, para romper esa sociedad civil basta la voluntad o renuncia de uno de los socios en caso de Sociedades de duración indefinida, según nos dice el artículo 1705 del Código Civil.

Además, en el caso de comunidades de bienes, nos dice en el artículo 400 que ningún copropietario estará obligado a permanecer en la copropiedad, y cada uno de ellos podrá pedir en cualquier tiempo que se divida la cosa común.

Por tanto, para unirse es necesario el consentimiento y voluntad de todas las partes, pero para dividirse es necesario sólo la voluntad de quién se separa.

Pensemos en que formar parte de una comunidad de bienes, o de una sociedad civil fuese obligatorio para sus integrantes, sin posibilidad de que se rompiera. produce un resultado injusto y absurdo. La misma situación que se producía cuando no se admitía el divorcio en esa especial sociedad civil llamada matrimonio.

Siendo necesario la continua voluntariedad para formar parte de una sociedad política, nos encontramos que no tenemos en el ordenamiento jurídico previsiones para regular ese 'divorcio', separación o secesión.

No basta con la competencia formal de una administración para que pueda formular la pregunta. Ante todo debemos establecer previamente:

El reconocimiento expreso del Derecho de Autodeterminación, que se podría reconocer para las nacionalidades existentes dentro de España, y pasa por una reforma de la actual Constitución.

Una vez reconocido tal derecho, se debería determinar cómo y en qué condiciones se puede ejercitar ese derecho y cuales serían sus consecuencias:

La pregunta debe ser clara, concisa y terminante.

Una primera objeción es que en caso de que la respuesta fuera SI, determinaría una situación  para siempre, pero en el caso de que la respuesta fuera NO, sus partidarios se reservan el derecho a volver a formular el referendum más adelante.

¿Cuando?

Dado que estamos tratando con un proceso muy traumático, en caso de resultado negativo, lo lógico es establecer un periodo de espera antes de una nueva consulta.

En el caso de resultado positivo, tendríamos que determinar con qué porcentaje se procede a la Secesión, y si tal porcentaje se determina sobre todo el censo electoral o sobre los participantes en el referéndum.

En caso de referéndum, imaginemos un resultado del 52% a favor de una opción y de un 48% a favor de la otra.

¿Deberíamos pedir un resultado de la mayoría del censo o sólo una mayoría de los que efectivamente van a votar?

¿Es lógico optar por un proceso tan traumático como el rompimiento de un Estado con una mayoría simple de los votantes, o se debería exigir una mayoría del cuerpo electoral?

¿Es lógico que una opción  irreversible y y la otra no sea irreversible?

Y si la opción por mantener el statu quo es mayoritaria… ¿Cuándo podría plantearse nuevamente la consulta? ¿2 años? ¿5 años? ¿10 años? ¿25 años?

Mi propuesta sería que la Independencia se debe reconocer con ¾ partes a favor de las personas que efectivamente han ido a votar, o con la mayoría simple del cuerpo electorial, y establecer la posibilidad de nuevas consultas dilatadas en el tiempo según el porcentaje a favor de la independencia.

Con menos del 25% a favor de la independencia, se podría volver a plantear dicha consulta en 20 años.

Con menos del 50% a favor de la independencia (y más del 25%) , se podría volver a plantear dicha consulta en 10 años.

Con menos del 75% a favor de la independencia (y más del 50%) se podría volver a plantear la consulta en 5 años.

Pero la pregunta que se haría a los ciudadanos, podría no ser exclusivamente esa, podría hacerse la siguiente pregunta:


A ¿Quiere usted que Cataluña siga formando parte de España?    SI       NO

B En el caso de que Cataluña siga formando parte de España, ¿Por cuál de estas opciones se inclina usted?

B1. Por seguir manteniendo el mismo régimen jurídico que existe en la actualidad.                                                                 SI NO

B2. Por modificar su Estatuto de Autonomía en el sentido de establecer un Pacto Fiscal similar al País Vasco y a Navarra.        SI NO


         En este caso, a la segunda pregunta debería contestar toda España, dado que el engarce de Cataluña con el resto de España puede afectar al régimen de derechos y obligaciones del resto de los ciudadanos del Estado.

         Evidentemente como gallego, la extensión del Pacto Fiscal a Cataluña determinaría que el engarce de Galicia dentro del Estado se debería realizar también a través de un Pacto Fiscal, con el fin de que cada Autonomía asuma los costes de los servicios que puede financiar en cada momento.

         La inmensa mayoría de los ciudadanos de Cataluña están integrados dentro de los grupos que hemos designado como Grupo B y Grupo C, que son los que podrían vivir en una Cataluña dentro de España, o en una Cataluña independiente, y tal decisión dependería de las condiciones y a la inmensa mayoría, una pregunta tan taxativa como si desea ser independiente de España o no es una pregunta que produce una fractura social, y que crea más problemas de los que resolvería, fuera cual fuera el resultado.

         Y todo lo anterior, con cariño para Cataluña, y con todas las dudas que siento desde mi cercanía afectiva a muchos catalanes de mi familia, y desde mi absoluto desconcierto.

martes, 17 de junio de 2014

XOAN GULLIBRE. Capítulo 2. Alborotadores


Xoán camiñou durante varias horas na incerta dirección a un pequeno outeiro mais alá da praia e do outro lado do denso follaxe. De súpeto, oíu os berros dunha muller. Detívose e ergueu a súa cabeza para intentar situar a orixe do son. Nalgures, aínda máis arriba, oíu outro berro agudo de auxilio. Abríndose paso entre unha masa de ramas e vides, avantou no seu camiño cara os sons. Pronto saíu da bouza e chegou a un carreiro áspero.

Xoán rodeou correndo unha curva pronunciada do camiño e apareceu á beira dun home corpulento que o botou a un lado como a un mosquito. “¡Fora do meu camiño, anano!” -bramou o home. Aturdido, Xoán mirou para arriba e viu a dous homes arrastrando carreiro abaixo a unha muller que patalexaba e berraba. 

Cando Xoán recobrou a respiración, o trío desaparecera. Coa seguridade de que non podería liberar á muller por si so, Xoán correu carreiro abaixo en busca de axuda. O feito de que os habitantes falaran o seu idioma era alentador.

Abriuse un claro e viu a un grupo de persoas reunidas en torno a un gran arbore, pegándolle con paus. Xoán correu e colleu o brazo dun home que miraba  traballar ao resto.

-¡Por favor señor, axúdeme! –dixo Xoán abafado-. Dous homes capturaron a unha muller e ¡ela necesita a nosa axuda!

-Non te alporices –dixo asperamente o supervisor-. Esa muller está sendo simplemente arrestada. Esquécete e vaite, temos  traballo que facer.

-¿Arrestada? -preguntou Xoán, recuperando a súa respiración. Non parecía unha criminal. Pero si era unha criminal, pensou Xoán, ¿por qué berraba por axuda con tanta desesperación?-. Descúlpeme, señor, pero ¿cal foi o seu crime?

-¿Eh? -O home comezou a amosar a súa irritación-. Ben, si queres sabelo, puxo baixo ameaza os empregos de todos os que traballamos aquí.

-¿Ela ameazou os empregos da xente? ¿Cómo podería facer iso? -preguntou insistentemente Xoán.

Baixando a súa mirada cara ao seu iñorante interrogador, o supervisor fíxolle sinais a Xoán para que o acompañara cara un árbore onde había traballadores ocupados batendo no tronco. Con orgullo, dixo: “Como poderás ver, somos taladores. Derribamos árbores batendo neles con estes paus para obter a súa madeira. A veces un cento de persoas, traballando día e noite, pode tirar abaixo un árbore de bo tamaño en menos de un mes”. O home apremou os seus beizos, coidadosamente limpou unha mancha de terra na manga da súa xaqueta de corte elegante e exclamou: “Esa muller veu a traballar esta mañá cun filoso anaco de metal incrustado na punta do seu pau. Ofendeu ao resto ao cortar o árbore en menos dunha hora. ¡Ela sola! ¡Imaxínate! Tiñamos que deter semellante ameaza ao noso tradicional emprego”.

Os ollos de Xoán abríronse aínda máis, espantado de oír o castigo que se lle impuxera a esa muller debido a súa creatividade. Alá na súa casa, todos utilizaban machadas e serras para cortar árbores. Así é como obtivo a madeira para o seu propio bote.

-¡Pero o seu invento! -exclamou Xoán- permite que as persoas de todos os tamaños e forzas poidan derrubar árbores. ¿Iso non faría que obter madeira e facer cousas fora mais rápido e barato?

-¿A qué te refires? -manifestou o home irritado-. ¿Cómo podería alentarse unha idea semellante? Este nobre traballo non o pode realizar calquer ninguén que veña cunha idea brillante.

-Pero señor -dixo Xoán intentando non ofendelo- estes bos taladores teñen mans talentosas e cerebros. Poderían utilizar o tempo aforrado en derribar árbores para facer outras cosas. Poderían construír mesas, armarios, botes, ¡ou incluso casas!

-Escóitame -indicou o home con unha mirada ameazante-, o propósito deste  traballo é ter emprego a tempo completo e seguro, non novos produtos. -O ton da súa voz púxose feo-. Pareces algunha caste de alborotador.

-Non, non señor. Non quero causar ningún alboroto, señor. Estou seguro de que vostede ten razón. Ben, téñome que ir.


Con iso, Xoán deusmedia volta e regresou na dirección na que viñera, apurándose carreiro abaixo, sentíndose incómodo co seu primeiro encontro coa xente deste lugar.

martes, 10 de junio de 2014

XOAN GULIBRE. Capítulo 1. Unha gran tormenta

Xoán Gulibre
Trad. Senén Bande

Capítulo 1

Unha gran tormenta

Nunha soleada vila marítima, moito antes de que se enchera de estrelas de cine en automóbiles descubertos, vivía un mozo chamado Xoán Gulibre. Era vulgar para todos excepto para os seus pais que o crían intelixente, sincero, e notablemente atlético... dende a punta da súa despeiteada cabeleira marrón arena hasta a planta dos seus enormes pes. Traballaban duro nun pequeno negocio de cera na rúa principal dunha vila que albergaba a unha atarefada flota de pescantíns. A vila tiña un certo número de xente moi traballadora, algúns bos, algúns malos, e na súa meirande parte simplemente persoas medianas.


Cando non estaba atarefado ou facendo mandados para o negocio familiar, Xoán adoitaba navegar no seu robusto veleiro fora do estreito canal do pequeno porto en busca de aventuras. Como moitos mozos que pasan os seus primeiros anos en el mesmo lugar, Xoán cría que la vida era un pouco aburrida e pensaba que a xente que o rodeaba carecía de imaxinación. Nos seus curtos viaxes máis alá do canal portuario, devecía por ver un barco extrano ou un pez xigante. Quizá cruzaría cun barco pirata e sería obrigado a navegar os sete mares como parte da tripulación. Ou, quizais, un baleeiro en busca da oleosa presa permitiríalle estar a bordo durante a caza. Porén, a maioría das súas travesías finalizaban cando a fame moxetaba na súa barriga ou cando a súa gorxa resecábase de sede e a idea da cea era o único na súa cabeza.


Nun de eses perfectos días primaverais co aire encrespado como unha sabana secada ao sol, a mar pareceulle tan propicio ao mozo Xoán que non pensou noutra cousa que non fora meter o seu almorzo e equipo de pesca no seu pequeno bote para facer un cruceiro pola costa. Co lombo ao vento, Xoán nunca se decatou das escuras nubes tormentosas que se acumulaban no horizonte.


Había moi pouco que Xoán comezara a navegar máis alá da bocana do porto, pero cada vez sentía mais confianza. Cando o vento comezou a ter forza, non se preocupou hasta que foi demasiado tarde. De súpeto, estaba loitando freneticamente coas velas mentres sobre el desatábase unha violenta tormenta. O seu bote abaneábase aturdidamente entre as olas como un corcho nunha tina. Cada esforzo que facía para domear a súa embarcación resultaba inútil fronte aos tremendos ventos. Ao fin, lanzouse ao fondo del barco, aferrándose as beiras e desexando non volcar. O día e a noite fundíronse nun terrorífico remuíño.


Cando finalmente pasou a tormenta, o bote era un desastre, o mastro estaba roto, as velas desfiachadas e dirixíase dereito cara estribor. A mar calmara pero aínda continuaba unha espesa néboa que impedía a súa destreza e diminuía a visión. Logo de flotar durante días acabou a auga e so podía humedecer os seus beizos na condensación que pingaba das tiras das velas. Ao erguerse a néboa Xoán divisou a delgado contorna dunha illa. A medida que se achegou, puido distinguir picos pouco familiares que xurdían das praias areosas e riscos empinados cubertos dunha vasta vexetación. As olas o levaron cara un arrecife pouco profundo.


Abandonando a súa embarcación, Xoán nadou avidamente cara a costa. Pronto atopou e devorou guayabas rosas, plátanos maduros e outras froitas deliciosas que crecían no húmido clima selvático mais alá da estreita praia de arena. Tan cedo como recobrou algo de forzas, Xoán sentiuse desolado pero tranquilo por estar con vida e, de feito, entusiasmouse pola súa inesperada mergulladura nunha aventura. Inmediatamente comezou a camiñar bordeando a praia para descubrir mais acerca desta estraña nova terra.


Algo se moveu na bouza. So puido albiscar o movemento pero semellaba o dun gato salvaxe. Era tan bo signo de vida como calquera outro, así que decidiu seguir o seu rastro.


-Pregúntome - dixo Xoán- ¿qué caste de xente vive aquí? Ben, onde sexa que estea, ¡isto non é aburrido!